jueves, 27 de diciembre de 2012

Mellores momentos do 2012...

Pois comezamos a resumi-lo 2012 cos mellores Momentos do Rif-Rock. Por cuestións obvias deixamos atrás algún acontecemento after-hour coma o salto olímpico sobre a barra de un ilustre membro dos Muerte por Cowbell, ou a vez que o pelotón da Liège-Bastogne-Liège cruzou o local dunha porta á outra en medio dun dulivio de agosto... Así que teredes que escoller entre estos dez momentos tremendos cal foi o mellor do ano:

The Cra$h Converters (5 de abril)
Agardamos ata a Semana Santa para ofrecervos o primeiro concerto da tempada. Os encargados foron The Cra$h Converters, e escollo este 'Gloria' de Patti Smith por que me lembra a aquel primeiro concerto do Rif no século pasado...



Muerte por Cowbell (5 de abril, bonus)
A mesma noite, os irreberentes Muerte por Cowbell fixéronse co control dos instrumentos antes de remata-la velada para interpreta-lo 'Cosmic Debris' de Zappa sen ningún tipo de preparación e para ameazarnos unha vez máis coa proximidade do seu concerto... (posiblemente a finais de xaneiro ou febreiro).



David Falcón (5 de maio)
Un mes despois David Falcón volveu ó Rif-Rock para presentarnos a súa nova demo, que ademáis tivemos a ocasión de editar para regalar a tódo-los asistentes. Para nós todo un pracer.



Breakin' Bones (19 de maio)
Levábamos un par de anos agardando a oportunidade para traer ós vigueses Breakin' Bones do noso amigo Iván, e por fín en maio foi posible. Concertazo da mellor banda de psychobilly da terra. Isto non se ve na nosa vila tódo-los días!! Impresionantes!!



The Walnut (14 de xullo)
A programación especial do noso 13º Aniversario comezaba en serio co concerto do dúo The Walnut, Jaime e Rubén remataron o seu show no máis alto tirando de éxitos da tv...



The Voorhees (27 de xullo)
A segunda entrega do noso 13º Aniversario foi para o power trio The Voorhees formado por Isidro, Piti e o mestre Karlos Abal, tres ilustres do local para pechar a programación especial do aniversario.



H(punto) para o 'Lonely Boy Project' (finais de xullo)
Isto non era exactamente un evento publico, pero coma si fora. Nalgún momento de finais de xullo, parte dos U-los Marinochas decidiron participar no Lonely Boy Project que promoveron The Black Keys. E ahí estivo H.Punto montando o seu show para asombro dos viandantes. Este foi o magnífico resultado.



4ª Festa do Bigote (5 de agosto)
Despois da dura semana das festas do Albariño, unha vez máis chegou o gran domingo da Festa do Bigote na súa 4ª edición. E como nas anteriores ocasións foi unha festaza por todo o alto. Este ano o insigne presidente do xurado OscarTK non puido asistir, delegando o seu papel na insuperable Marinocha!!!



David R.Valeiras (24 de agosto)
A finais de agosto tivemos o pracer de ofrecervos o directo do ourensano David R.Valeiras, en colaboración cos coristas zombies de Comomepos Produccións. Un éxito total!!!



La 4ª Pared (13 de outubro)
En outubro tivemos o último concerto do 2012. Gus ofreceunos un show como solista de La 4ªPared. Toda un alarde técnico para presentarnos os temas dos seus dous últimos traballos.



Esta é a nosa selección dos dez mellores momentos. Seguro que a algún se lle ocurrirán máis suxerencias, así que facédeas!!! Para votar só tedes que deixar un comentario nesta entrada ou através do facebook.
Pois iso, a escoller!!


No hay comentarios: