viernes, 31 de mayo de 2013

esta noite "Outlet" de Juan Carballo no Continental

Dende comezos de maio xa botou a andar o outro espectáculo do noso amigo Juan Carballo, despois do éxito de "A Máquina do Tempo", chega con novo libro "Outlet, versos en stock", e coma sempre cun novo show, desta vez acompañado polo guitarrista Nacho Pérez. 

Esta mesma noite podedes velo en directo en Cambados, no Continental (venres 31 de maio dende as 22:30h). Para toda a info seguídeo no seu facebook.



jueves, 30 de mayo de 2013

Sáb.15 xuño: Michi CACATONE!!

Seguimos adiantando programación do próximo mes, e para o día seguinte, Sábado 15 de xuño, un protagonista de luxo na nosa cabina. 
Volve ó Rif-Rock un dos nosos gurús do underground e referente cultural donde os haxa, o asombroso Michi CACATONE que nos ofrecerá unha refrescante sesión de 100% Pure Cacatone Surf Sounds!! desafiando á climatoloxía para meternos no vrán de cabeza, queiramos ou non!! 
Non vo-lo perdades!!!


14 xuño... Black Grooves!!

Xa temos data para a cita mensual de xuño coas Black Grooves!! 
será o venres 14 de xuño: Fuck'U Whiteys!!!


miércoles, 29 de mayo de 2013

Rutas dos Viños de Galicia, o sábado en Cambados

Este sábado en no Salón J.Peña de Cambados, Eladio y Los Seres Queridos en directo, nas Xornadas das Rutas do Viños de Galicia. Dende as 20:00h.


"Pancho Villa toma Zacatecas" de Taibo II & EKO

Se onte recuperábamos un comic de hai un par de anos, hoxe vos recomendamos unha novidade recén saída, que seguro será unha das sensacións da tempada: Pancho Villa toma Zacatecas, do asturiano Paco Ignacio Taibo II (periodista, novelista e creador e director da Semana Negra de Xixón ata o ano pasado) e o ilustrador mexicano EKO (Héctor de la Garza Batorzki). Un groso volumen no que predomina o visual fronte o texto, en riguroso branco e negro, e cunha edición de auténtico luxo. Podedes botarlle un ollo a este adiando de 25 páxinas aquí.

Taibo II & EKO "Pancho Villa toma Zacatecas"
(Sexto Piso Ed., 2013)



Así o presentan en Sexto Piso Editorial:

La toma de Zacatecas fue uno de los hitos decisivos de la Revolución Mexicana. En junio de 1914, la División del Norte, comandada por el general Francisco Villa, logró hacerse con esta ciudad venciendo a las fuerzas del entonces presidente Victoriano Huerta, lo que despejó el camino hacia la Ciudad de México a las huestes revolucionarias. Después de esta dura batalla, los federales no se pudieron recuperar. «Les rompimos el espinazo», dirá el coronel Montejo, narrador de esta gesta.

Con guión de Paco Ignacio Taibo II –autor de las mundialmente conocidas biografías del Che Guevara y Pancho Villa, y creador del género neopoliciaco en México–, y crudamente recreado por los grabados y dibujos de Eko –inspirados en el expresionismo alemán, la gráfica socialista de New Masses, el populismo mexicano del Taller de la Gráfica Popular y los dibujos de calaveritas–, esta novela gráfica relata no sólo uno de los momentos más álgidos de la Revolución sino que retrata en acción a uno de los héroes más queridos del México contemporáneo.

E aquí tedes ós autores nunha presentación da novela gráfica:



martes, 28 de mayo de 2013

"El azul es un color cálido" de Julie Maroh

Despois desta fin de semana decisiva no festival de Cannes, toca recuperar un comic que xa deu moito que falar hai un par de anos. A Palma de Ouro desta edición 2013 foi para "La Vie d'Adèle" de Abdellatif Kechiche, que é a adaptación do comic Le bleu est une couleur chaude de Julie Maroh.

El Azul es un Color Cálido relata o despertar sexual dunha rapaza, o primeiro amor, e o descubrimento da homosexualidade a través do seu diario. Este sorprendente debut de Julie Maroh sempre foi destacadado pola súa forza narrativa, a consistencia do guión, e outros aspectos formais como a estructuración da cor (o peso do azul, por suposto).

Julie Maroh é unha xoven francesa que nada máis remata-lo instituto publicou "El Azul es un Color Cálido", o seu debut no mundo do comic, e dende entón non deixou de recibir premios. Veu a luz na súa edición orixinal no 2010, e entre outros moitos premios recibiu o premio á mellor obra no Festival Internacional de Banda Deseñada de Angoulême do 2011. Ese mesmo ano publicouse en castelán por Dib>Buks. Se antes non escoitaras falar deste comic, seguro que co éxito da película vo-lo atoparedes en moitas máis estanterías...

Julie Maroh "El Azul es un Color Cálido"
(2010/ edición española: Dib>Buks, 2011)




lunes, 27 de mayo de 2013

o Xuven a LEB!!!

por si alguén aínda non se enterou, xa somos de LEB!!!

*foto de Gonzalo Salgado para Diario de Arousa



sábado, 25 de mayo de 2013

"Huey - Black Panthers" de Agnès Varda

Igual que na última entrega da serie mensual de sesións Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! desta vez tampouco vos imos deixar unha recompilación para descargar. O mes pasado preferimos ofrecervos o filme Blackenstein, que protagonizaba o cartel polo que algúns tanto nos preguntaron durante o fin de semana, e do mesmo xeito hoxe vos explicamos o panfleto dos Black Panthers solicitando a liberdade de Huey Newton que empregamos para o cartel desta sesión. E para elo recuperamos unha entrada de hai un par de anos no que compartíamos este fantástico filme documental de Agnès Varda: "Huey".

Este é un dos mellores documentais sobre os Black Panthers, polo seu realismo e a súa inmediatez. Tivo que ser unha francesa, a directora Agnès Varda (considerada pioneira do cine feminista e incluso avoa da Nouvelle Vague) quen se comprometera co movemento ante a falla de interés de outros profesionais en USA, ou polo seu temor ás posibles represalias. 

Non é o primeiro documental sobre os Black Panthers, pero sí o máis célebre pola súa veracidade e inmediatez cos feitos: comeza xusto trala detención de Huey Newton, un dos fundadores do Black Panthers Party polo suposto asasinato dun policía, que era unha falsa acusación, o filme documenta toda a campaña de protestas reclamando a súa liberación e os enfrontamentos coa policia... Free Huey! 

Tedes o video completo e sen cortes en Ubu Web, donde por suposto tamén o podedes descargar directamente. 

"Huey - Black Panthers"
1968: Agnès Varda (Fra USA/Black Panthers)
documental.










jueves, 23 de mayo de 2013

8 xuño: RADIOACTIVE TOY en concerto

Xa temos data para o próximo concerto no Rif-Rock!!

Nos últimos meses xa vos temos falado de RADIOACTIVE TOY, banda da que forma parte o noso amigo David Falcón, cando vos presentábamos os seus primeiros temas, e agora, por fin chega o momento de que comecen a presentalos en directo.

Radioactive Toy formáronse no 2012, e son David Falcón (guitarras e voz), Alberto Lamas (baixo) e Jesús Caramés (batería). Podedes seguilos no seu blog: http://radtoy.wordpress.com/ e tamén no facebook.
Eles mesmos se presentan así: 
Radioactive Toy é un proxecto de autodescubrimento. É unha forma de expresar o que nos alegra, entristece, motiva ou frustra. É un intento de crear unha nova forma de facer música. É a busca da nosa propia identidade musical nun mundo cortado sempre polo mesmo patrón.

Mentres están pendientes de pechar máis datas, no Rif-Rock poderedes velos o Sábado 8 de Xuño, dende as 23:30h.


*a parte máis bonita do poster é do mítico deseño de Mishka Westell para Spiritualized, o resto do estropicio xa é cousa nosa...



Festival de Jazz, esta fin de semana

Este fin de semana chega unha nova edición do Festival de Jazz do Salnés, en Cambados. Terá dúas entregas, venres e sábado no Auditorio da Xuventude, donde poderemos desfrutar do jazz feito aquí, no que por suposto teñen moito que ver Paco Charlín e Virxilio da Silva.

Venres 24 de maio, 21:30h. 
Free Mind Radio Jazz Station
(Max Gómez & Paco Charlín Quartet)

Sábado 25 de maio 21:30h.
Virxilio da Silva Quinteto.


E unha vez presentado, imos cunhas cantas consideracións, a quen proceda, que non sabemos quen é, pero igual lee isto:
Empecemos polo nome de festival, tanto Festival do Salnés nin tanta bobada co Salnés, se non se lles ocurre un nome ó dereito que teña máis gancho, que se chame Festival de Jazz de Cambados e punto, xa está ben de que todo o de Cambados se chame 'do Salnés' e o do resto do Salnés leve o nome de cada concello, un pouco de amor propio!!.
Outra cousa aparte é o coidado que lle dan. Esta historia é coma un Guadiana que vai e ven segundo coincida, un ano sí, outro non, e cada ano nunha estación distinta do ano. A día de hoxe estou seguro que nin se sabe cantas edicións se teñen celebrado. 
E por favor, para darlle un pouco de promoción, como mínimo fagan un cartel  ou flyers como dios manda, que se imprima e se reparta pola vila e arredores, ou calqueira tipo de deseño, sobre todo para poder compartilo na web, e xa postos a pedir, unha nota de prensa na que alomenos nos digan os participantes en cada sesión, por que os xornais tampouco o contan.
Pero todo isto igual é moito pedir, non?

*actualizado Venres 24:
Pois ó final tivemos que agardar ó propio día de inicio de festival para enterarnos dos compoñentes das formacións. 
Tanto en La Voz de Galicia (ver nova) como no Diario de Arousa (ver nova) informan do asunto, supoñemos que tras chamar a Paco Charlín para pedirlle a información.

Pero nin así acertan coas formacións, seguen poñendo as anunciadas previamente cando quen toca esta noite é unha nova encarnación do Jazz Frequency Group liderado por Paco Charlín (contrabaixo), Max Gómez na batería, o vibrafonista Ton Risco, o trompetista Javier Pereiro e o saxofonista portugués Joao Mortagua, interpretando temas propios de Max Gómez, Paco Charlín e Mortagua, xunto con standards de Ornette Coleman.

E mañán sábado, será o turno de Virxilio da Silva presentando o seu novo disco "Odysseia", acompañado polo Fernando Sánchez (saxo tenor), Jesús Pazos (bateria), e Álex Salgueiro co órgano Hammond...

Ademáis finalmente todo vai rotulado como 7 Festival Internacional de Jazz de Cambados, que xa é algo, pero hai que coidar o producto e vendelo correctamente, non ofrecer tres informacións (por chamarlle de algún modo) distintas na mesma semana...


miércoles, 22 de mayo de 2013

Xuven: Expo 35 anos, e fase de ascenso a LEB

Esta fin de semana será moi especial para Club Xuventude Baloncesto de Cambados, para tódo-los que formamos parte del durante moitos anos da nosa vida, e para tódo-los afeccionados. 

Entre o venres 24 e o domingo 26 disputará coma local a fase de ascenso á LEB Plata fronte Novaschool de Málaga, El Olivar de Zaragoza e o Meridiano Santa Cruz de Tenerife. 
Esperemos que nesta segunda ocasión se consiga o ascenso se os cartos o permiten. Pero dende logo non tedes desculpa para faltar ó pavillón do Pombal. 

Toda a info de horarios, e prezos de abonos no facebook do Xuven.

Pero ademáis, como sabedes este ano cúmprense 35 anos dende a súa fundación en 1978, e con tal motivo uns cantos amigos levan bastante tempo traballando para organizar unha exposición conmemorativa, con toda a historia do clube, fotos, camisetas, trofeas, plantillas e moitas máis curisidades. 
A inauguración será mañán mesmo, Xoves 23 de maio, as 20:00h. en Exposalnés, donde poderedes visatala ata finais de xuño.

Forza Xuven!!


Arriba unha foto que me encanta, dos primeiros tempos do Xuven, creo que eu nin nacera. 
Debaixo unha pequena aportación a modo de revival, unha de hai 20 anos: o equipo do Xuven campión da Copa Federación en categoría cadete, tempada 93-94, entre os que podedes atopar a ilustres RifRocKerZ, membros de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre... un equipazo!!


martes, 21 de mayo de 2013

descarga GZ Canibal

Aquí esta unha selección da sesión do venres pasado: GZ Canibal!!

Psych.Musntapha "GZ Canibal"
(sesión Rif-Rock 17maio2013)
faite con GZCanibal aquí!!.



Ray Manzarek

Ray Manzarek
(1939-2013)




"Outlet" de Juan Carballo no Ultramarinos

Dende comezos de maio xa botou a andar o outro espectáculo do noso amigo Juan Carballo, despois do éxito de "A Máquina do Tempo", chega con novo libro "Outlet, versos en stock", e coma sempre cun novo show, desta vez acompañado polo guitarrista Nacho Pérez. 
Esta semana podedes velo en Santiago, no Ultramarinos, será mañán mesmo (mércores 22 de maio dende as 22:30h).
E tamén vos recomendamos máis datas da súa xira: o 31 deste mes no Continental de Cambados. Para toda a info seguídeo no seu facebook.


jueves, 16 de mayo de 2013

sesión GZ Canibal!!

Mañán polo Día das Letras Galegas, adicaremos toda a noite a unha sesión  do universo GZ Canibal!!. E como esta noite xa abrimos, pois por facer algo que teña que ver co papel, e non só coa música, sacamos do caixón da Embaixada Prusiana restos do noso catálogo do fanzine Despregable. 
Seguro que vos falta algún na vosa colección!!! Podederedes facervos con dous números por só 1€!!


Xº premio Ramón Cabanillas, esta tarde


miércoles, 15 de mayo de 2013

descarga tRash Tra$h trAsH #5

Aquí tedes unha hora de basura mesturada da sesión do sábado...

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #5"
(sesión Rif-Rock 11 maio 2013)
faite con trash#5 aquí.



martes, 14 de mayo de 2013

The Fall "Re-Mit"

E onte ó fin chegou o novo álbum da nosa banda favorita. Mark E. Smith e os seus The Fall publican "Re-Mit", que ven sendo o seu trixésimo álbum de estudio!! "Re-Mit" ademáis é histórico por que é a primeira vez na súa carreira que graba catro álbumes seguidos coa mesma formación. Non vos vou decir que este álbum ten isto ou aquelo, xa sabedes de qué vai The Fall, ou vos gustan ou non. Coma sempre, puro nervio e puro ritmo... isto é post-punk, o resto non.

THE FALL "Re-Mit"
(Cherry Red Records, 2013)




The Cynics: Spain Tour Mayo 2013

The Cynics case nunca fallan á súa cita anual na península. Dende hoxe tres datas seguidas en Galicia, desta vez Ferrol, A Coruña e Ourense. Si podedes ir   a algún non vo-los perdades!!


domingo, 12 de mayo de 2013

Expo 'Rock & Roll Animal' de Santiago Paredes

Este venres 10 de Maio inaugurouse a exposición "Rock & Roll Animal" do ilustrador Santiago Paredes, na nova galería Combustión Espontánea de Santiago de Compostela, e recopila ilustracións, portadas e carteis relacionados coa música. Recomendada. Tedes ata o 10 de xuño.


jueves, 9 de mayo de 2013

Rafael Álvarez "The Wire, toda la verdad"

Poucas veces un libro así se publica tan rápidamente en castelán. E para os que somos grandes seguidores da serie The Wire e demáis creacións de David Simon estamos de noraboa. O autor é Rafael Álvarez, con máis de vinte anos traballando no diario Baltimore Sun cubrindo os sucesos locais, e posteriormente escritor, guionista e productor, e por suposto traballou na serie. 
Aquí nos presenta unha guia total da serie, dende a súa xestación, todo sobre as súas cinco tempadas, e infinidade de material extra, a introducción do propio David Simon de 40 páxinas, a carta orixinal coaque definitivamente convenceron á HBO para que aceptaran a serie, entrevistas de todo tipo, tanto sobre a rodaxe da serie e cuestións técnicas, como sobre tódo-los temas sociais que trata, e os persoaxes reais das rúas de Baltimore nos que se inspira... e todo dun xeito ben riguroso ó longo das 600 páxinas do volume.

Rafael Álvarez (+David Simon) "The Wire, toda la verdad"
(Principal de los Libros, 2013)


Así o presentan na web de Principal de los Libros:

El libro definitivo sobre la mejor serie de televisión de la historia.
Esta guía cuenta con cientos de fotografías en blanco y negro y color, y con una serie de ensayos y entrevistas de periodistas, directores, guionistas y novelistas, entre los que se cuentan George Pelecanos, Laura Lippman y Nick Hornby. Aparecen también entrevistas con los actores y con personajes como Little Melvin Williams, el legendario capo de la droga de Baltimore en el que se basó el personaje de Avon Barksdale. Por supuesto, se incluye una lista de capítulos con sus tramas y de personajes, pero además cada temporada se abre con un texto explicativo que hará las delicias de los seguidores de la serie. Por si fuera poco, el volumen se abre con una introducción de cuarenta páginas del propio David Simon que es un pequeño ensayo por derecho propio, seguida de la carta que envió a HBO cuando la cadena dudaba sobre si aceptar o no el proyecto. Desde el silbido de Omar hasta el sofá naranja de D’Angelo, pasando por los personajes reales que inspiraron a Stringer Bell o Prop Joe, nada queda fuera de The Wire: Toda la verdad.



miércoles, 8 de mayo de 2013

David Bowie 'The Next Day'

Novo videoclip do álbum sorpresa de David Bowie. Trátase do tema que da título ó álbum 'The Next Day', e coma no anterior 'Stars' impacta dende o comezo. 'The Next Day' está protagonizado por Marion Cotillard, Gary Oldman, e por suposto David Bowie, e foi dirixido por Floria Sigismundi (ex-The Runnaways). 
Ás poucas horas de ser subido a youtube, o video foi cancelado polo seu contido explícito, o certo é que a súa política de integristas do pudor xa empeza a ser demasiado ridícula. Aquí o tedes subido en Vevo, e xulgade vós mesmos...



16 maio: 10º premio Ramón Cabanillas

O próximo xoves se procederá á entrega do 10º Premio Ramón Cabanillas outorgado polas librarías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados. Como xa vos anunciamos o mes pasado, o galardoado deste ano é Xesús Alonso Montero (recentemente nomeado presidente da RAG). 
Aquí tedes o cartel con toda a info:


martes, 7 de mayo de 2013

NorthWest Pickers "NorthWest Sounds"

Novidade recén saída: NorthWest Pickers, son un dúo formado por Luis Tinaquero, e o noso amigo Néstor Pardo a quen coñecedes por The Allnight Workers, ou por The Loveless Cousins, ou tamén por algún bolo no Rif-Rock convertidos en Los Pies Mojados (xunto cos irmáns López/Lorre). 

Son 6 temas de adianto do que será o seu primeiro álbum, que polo momento leva por título "Northwest Sounds". Xa podedes seguilos no seu facebook, e así se presentan no seu bandcamp, donde xa os podedes escoitar: 

Néstor Pardo (The Allnight Workers, Dixie Lovers..) y Luis Tinaquero ( Miky Nervio and the Bluesmakers, Revival Stompers) formaron este dúo en 2012, con el fin de buscar un sonido más acustico y natural, han conseguido demostrar una vez más que no son capaces de quedarse quietos y con este adelanto de lo que será su primer disco nos han dejado a más de uno con la boca abierta!.

NORTHWEST PICKERS "NorthWest Sounds"
(NorthWestPickers, 2013)


Ven 24: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!


lunes, 6 de mayo de 2013

The Fall 'Sir William Wray'


Mark E. Smith está de volta. O mes pasado para fetexa-lo Record Store Day publicou este 7'' titulado 'Sir William Wray', que dende hoxe xa está dispoñible en soporte dixital nos portais habituais. Pero o mellor é que se trata do adianto do novo álbum de The Fall, "Re-Mit" (Cherry Red Recs) que sae o próximo luns!!!



Grampoder "Golf Whiskey"

Neste blog xa vos temos falado do rock portátil dos Grampoder, o dúo formado por Martín Wu e Le Roi (The Homens). Esta semana púxose á venda o seu álbum de debut "Golf Whiskey" para Discos da Máquina, e mañan mesmo  (martes 7) o presentan en directo na Casa das Crechas de Compostela.
Xa o tedes completo no seu bandcamp.

GRAMPODER "Golf Whiskey"
(Discos da Máquina, 2013)


domingo, 5 de mayo de 2013

faltan 3 meses para a Festa do Bigote!!

Ahí vai o primeiro aviso: faltan 3 meses para a FESTA DO BIGOTE, xa sabedes, coma sempre será o domingo do Albariño (4 de agosto), 5ª edición!!


viernes, 3 de mayo de 2013

Pintao de Rock, de Artefacto Salnés

A sala de exposicións do Pazo de Torrado de Cambados acollerá este mes  unha nova proposta de Artefacto Salnés. A entrega deste 2013 leva por título Pintao de Rock, e se inaugurará esta mesma tarde (venres 3 maio, ás 20:00h).



[nova tomada de Vivir en Cambados]

Artefacto Salnés 2013 chega a Torrado para explora-las relacións entre aspectos propios da cultura do rock and roll, a literatura e as artes plásticas e visuais. Esta experiencia artística, coordinada polo departamento de Debuxo do IES Ramón Cabanillas, cumpre a súa 3ª edición e reúne a mais de 100 artistas, entre convidados e alumnos do centro, con proxectos que comprenden pintura, escultura, ilustración, intalacións, fotografía, performance e videoarte.

Entre os participantes desta edición atopamos aos escritores Augusto Chaves, Daniel Salgado, Isi Vaamonde, Manuel Mata, Manuel Seixas e Ramón Caride. Como artistas plásticos e visuais destacamos a Anxo Pastor, Carolina Barreiro, Emerita Mendez, Enrique Conde, Federico Jiménez, Fernando Arenaz, Guillermo Charlín, Héctor Quintela González, Iria Ribadomar, José Luiz Oubiña, Carlos Maño, Jose Vaamonde, Juan Moreno Badia, Lino Silva, Lois Magariños, Manolo Chazo, Miguel Mosquera, Miguel Pérez Ramudo, Tomás Álvarez, Uxío López, Xaquín Chaves, Xaquín Rosales, Xulio Gayoso e Xurxo Romero...entre outros.


jueves, 2 de mayo de 2013

Iggy and The Stooges "Ready to Die"

E outros que volven, Iggy Pop e os seus Stogges, sen Ron Asheton claro... pero co retorno de James Williamson no seu lugar. Este "Ready to Die" de seguro que supera as espectativas da mairoría. Logo de aquel "The Weirdness" cheo de brasa sen motivo e de exceso de decibelios, esta nova entrega parece moito mellor pensada, rock primixenio, Stooges100%, salvando as distancias, coma se volveran donde o deixaron tra-lo "Raw Power". Tampouco pensedes que vai a ser unha obra mestra do calibre dos seus primeiros traballos, pero dende logo este sí que é un sucesor máis que digno.

IGGY AND THE STOOGES "Ready to Die"
(Fat Possum, 2013)




Wire "Change Becomes Us"

Estamos en tempada de lanzamentos, e chégannos ducias de álbumes cada semana, pero este é moi especial. Novo traballo dunha das nosas bandas favoritas. Wire lanzan novo traballo pero o contido é outra cousa. Nas liñas interiores explican que os temas deste "Change Becomes Us" foron compostas entre o 1979 e 1980, xusto co lanzamento do álbum "154" que é o álbum que pecha a súa triloxía inicial (tras "Pink Flag" e "Chairs Missing") no que é unha das secuencias de álbumes máis rompedoras da historia. 
Moitos desos temas aparecen no álbum directo "Document and Eyewitness" (Rough Trade/Mute, 1980), 9 dos 13 que nos presentan agora, pero todos foran descartados para futuras gravacións. Agora foron terminados, reconstruídos e actualizados, Wire versiónanse a si mesmos, e ademáis o completan con catro novos temas. O título xa o di todo...

WIRE "Change Becomes Us"
(Pink Flag, 2013)