jueves, 23 de mayo de 2013

8 xuño: RADIOACTIVE TOY en concerto

Xa temos data para o próximo concerto no Rif-Rock!!

Nos últimos meses xa vos temos falado de RADIOACTIVE TOY, banda da que forma parte o noso amigo David Falcón, cando vos presentábamos os seus primeiros temas, e agora, por fin chega o momento de que comecen a presentalos en directo.

Radioactive Toy formáronse no 2012, e son David Falcón (guitarras e voz), Alberto Lamas (baixo) e Jesús Caramés (batería). Podedes seguilos no seu blog: http://radtoy.wordpress.com/ e tamén no facebook.
Eles mesmos se presentan así: 
Radioactive Toy é un proxecto de autodescubrimento. É unha forma de expresar o que nos alegra, entristece, motiva ou frustra. É un intento de crear unha nova forma de facer música. É a busca da nosa propia identidade musical nun mundo cortado sempre polo mesmo patrón.

Mentres están pendientes de pechar máis datas, no Rif-Rock poderedes velos o Sábado 8 de Xuño, dende as 23:30h.


*a parte máis bonita do poster é do mítico deseño de Mishka Westell para Spiritualized, o resto do estropicio xa é cousa nosa...



No hay comentarios: