jueves, 27 de junio de 2013

Bass Drum of Death "Bass Drum of Death"

A volta de Bass Drum of Death!!! con título homónimo como exercicio de autoafirmación. O que comezara como proxecto one-man-band de John Barrett ampliado a dúo, sufreu cambio no posto de bateria, cambio de discográfica... (agora sae só Barrett fumando na portada) asuntos importantes dende o seu debut en largo (o seu "GB City" foi para este blog o mellor álbum do 2011), pero ahí sigue cumprindo coas expectativas, alomenos as nosas. 

"Bass Drum of Death" parécenos un discazo do mesmo calibre, ou seguro que aínda máis cando vaiamos acumulando escoitas, rápido, furioso e divertido, son once cañonazos sen pausa, de inspiración sixtie, de garage psych, toques surf, saturado de fuzz, e con bastante cacharrería, o mesmo que o anterior, con boas melodías e coas pausas xustas para non esgotar a fórmula. Xa tiñamos ganas de facernos con el dende que en abril publicaran o single de adianto 'Shattered me', e aínda que escoitedes unha e outra vez 'No Demons', 'Fine Lies' ou 'Way Out' por moitos medios, vos quedarán marabillas atrás coma a estremecedora 'Faces on the wind' ou o cañonazo inicial de 'I wanna be forgotten' con todo o que hai polo medio... Acaba de sair esta semana pero nós xa o temos coma un dos imprescincibles do ano.

BASS DRUM OF DEATH "Bass Drum of Death"
(Innovative Leisure, 2013)



No hay comentarios: