miércoles, 31 de julio de 2013

The Deviants "Ptooff!"

Mick Farren deixounos esta fin de semana ós 70 anos. Periodista, escritor e revolucionario artístico imprescindible para comprender todo o que veu despois. Farto de ver como a industria fagocitaba tódo-los movimentos culturais, decidiu crear The Deviants como azote contracultural a todo o establishment da época. Pero a súa revolución non foi só conceptual, senón tamén sonora, deso que despois se chamou proto-punk.

O seu debut foi "Ptooff!", moito máis que un disco. Foi o primeiro do seu estilo, unha peza de arte en forma de álbum, un manifesto sonoro de 35 minutos. Un puñetazo na cara do movimento hippie, a primeira gran obra da contracultura, disparando a toda orde establecida na onda de The Fugs, pero coa experimentación psychodelica convertida en punk. Continúan os postulados dos Mothers of the Invention de Zappa pero adiantando a actitude dos Stooges. Garage-psych-avanggarde, algo case inclasificable na súa época. Ademáis foi unha edición moi cara de tirada corta que sen embargo arrasou entre o underground londinense. "Ptooff!" son 8 temas de furia que non deixan títere con cabeza, cun par de pausas reflexivas, calmadas e melódicas aínda que con pasaxes pretendidamente desquiciantes. Pero ahí están 'I'm Coming Home', 'Garbage' ou 'Deviation Street' que mudaron para sempre a forma de transmiti-lo mensaxe, iso que máis tarde se convertiu en actitude. Un imprescindible.

THE DEVIANTS "Ptooff!"
(Underground Impresarios/Decca, 1967)


faite con Ptooff en DrinkingMuddyWater.



Mick Farren

Mick Farren (The Deviants)
1943-2013




martes, 30 de julio de 2013

LXI Festa do Albariño

E case sin darnos conta xa estamos na semana grande, a mellor festa do mundo!! do 31 de xullo ata o domingo 4 de agosto que nós remataremos coa nosa Festa do Bigote (5ª edición oficial). Pero coma sempre, nós abriremos un día antes, así que dende esta mesma noite de martes xa tedes Rif-Rock para comezar ben a semana!! 

6 días seguidos de RifRocKerZ.
De martes a domingo dende as 23:00h. 
Que comece o Albariño de barbudos!!! 



lunes, 29 de julio de 2013

5ª FESTA DO BIGOTE: as bases do concurso

Bigotudos!!! frikis!! aspirantes a Super R!!! RifRocKerZ todos!!! 
e os que non teñades nada que facer o seguinte luns... 

Xa só queda unha semana. Este 4 de agosto, Domingo do Albariño, o RIF-ROCK e Cambados(tk) convócanvos a unha nova celebración da solemne
5ª FESTA DO BIGOTE 

Que comece o Albariño de barbudos!!!


E aquí están as bases do concurso para a 5ª Festa do Bigote:

A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (4 de agosto, ou sexa que para os tikismiquis, como é despois da medianoite pois na madrugada do dia 5). 

Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non, o que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade, a organización non se fai responsable dos accesorios que outros asistentes lle poñan na cara.

Este ano teremos novamente tres categorías a concurso: 
o Mostacho Absoluto, o Bigote Falso e mellor disfraz.

Categoría do MOSTACHO ABSOLUTO (campión dos mostachos): 
- todo pelo natural na cara do suxeito participante.
- valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
- lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
- inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, de calquer tipo.
- coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
- roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK). 

Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.

** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...

***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou no noso facebook.

viernes, 26 de julio de 2013

este sábado: Kurco SoundSystem!!




Sonic Youth "GOO"


Pilder "Pilder EP"

A semana pasada un enviáronnos unha maravilla da que non sabiamos nada. Trátase dunha banda na que participa o noso amigo J.C. Ferro, agora afincado en Madrid. Todo un mestre ó contrabaixo, habitualmente adicado ó jazz, e agora atopámolo formando parte de PILDER, unha banda orientada ó power pop que veñen de publicar o seu primeiro ep homónimo, que xa podedes atopar no seu bandcamp en descarga directa. 
Son catro temas gravados e mesturados por Carlos Marrero en BoxinBox Music en Madrid, e todo masterizado nos estudios Sage Audio (Nashville, TN, USA). 
Encántanos recibir novas coma esta!!




miércoles, 24 de julio de 2013

'Almax Puro Style' adianto de Unicornibot


Xa temos un adianto do novo álbum dos pontevedreses Unicornibot. O seu terceiro álbum "Mambotron" (Matapadre, 2013) sairá en setembro, foi gravado nos Estudios Brazil de Madrid por Javier Ortiz, e masterizado por JJ Golden en Golden Mastering (California). 





descarga demo de David Falcón (novo enlace)

O mes pasado volvíamos recomendarvos a descarga da maqueta de David Falcón que lle editados dende o Rif-Rock en maio do 2012, e como algúns nos escribiron que tiñan problemas co enlace de mediafire (supoñemos que será por non ten conta, porque funciona correctamente), volvimos a subilo desta vez ó mega
Así que agora tedes os dous enlaces dispoñibles para que usedes o que mellor vos pareza.






martes, 23 de julio de 2013

Novos traballos de Paco Charlin

Aquí tedes os últimos seis traballos publicados por Paco Charlín. Todos editados con licencia do 2011 e 2012 pero que foron gravados en diferentes sesións nos últimos anos. Todos eles publicados polo seu propio selo Free Code Jazz Records, agás o último "Nari" de Juanma Barroso, de Big Music Records. 
Lanzados pouco a pouco dende finais do ano pasado, xa os tedes todos dispoñibles!! un tipo que nunca para...



Paco Charlín "Traffic Development
(Free Code Jazz Records, 2012)

Gravado dende en xullo do 2010 xunto con Logan Richardson ó saxo alto, Sam Harris no piano e Tommy Crane na batería. 
Impresionante o tema 'Traffic Development' e moito hard-bop.





Paco Charlín "Afrikaria
(Free Code Jazz Records, 2012)

Nesta ocasión atopamos a Paco Charlín no contrabaixo, Juanma Barroso na batería e Frank Lacy como espectacular multiinstrumentista. 
Un álbum de hard-bop gravado xa en xuño do 2007, de aberta inspiración africana, sobre todo na base rítmica. Tremendas as cinco partes da 'Afrikarian suite' e o 'Blues II Revolution'.




Paco Charlín "Flood
(Free Code Jazz Records, 2013)

"Flood" é o máis recente de todos eles.
Darren Barrett na trompeta, Walter Smith III saxo tenor, Orrin Evans no piano, Paco Charlín ó contrabaixo e Reggie Quinerly á batería. 

Este aínda non o temos nas nosas máns pero é o que esta presentando na actualidade en directo.


Paco Charlín "The Night Queen
(Free Code Jazz Records, 2012)

Para o post-bop de "The Night Queen" contou cun novo quinteto en xullo do 2011, acompañando a Paco Charlín: Philip Dizack (trompeta), Logan Richardson (saxo alto), Taylor Eigsti (piano) e Rodney Green (bateria)





Paco Charlín "Kiuye
(Free Code Jazz Records, 2011)

Gravado en directo no 2009 polo cuarteto formado por Charlín, Vicente Macián (saxo tenor), Mike Moreno (guitarra) e E.J. Strickland na batería.





Juanma Barroso "Nari
(Big Music Records, 2012)

Primeiro álbum do baterista Juanma Barroso como lider da súa propia formación, un sexteto no que interveñen Paco Charlín, Jorge Vistel ou Logan Richardson. 
Be-Bop, hard e latin jazz (cu-bop!)






Seguide as súas edicións en pacocharlin.com


lunes, 22 de julio de 2013

este sábado: Kurco SoundSystem!

Un par de días de descanso e o mércores xa estaremos de volta, lembrade de mércores a sábado co horario habitual!! e para rematar a semana volve á nosa cabina Kurco SoundSystem!!


domingo, 21 de julio de 2013

5ª Festa do Bigote, faltan 15 días!!

Xa solo faltan 15 días para a 5ª FESTA DO BIGOTE, lembrade o Domingo do Albariño (4 de agosto) despois da medianoite... Nos próximos días vos recordaremos as bases do concurso, pero mentres tanto, tedes dúas semanas para que vaiades programando afeitados e pensando disfraces ou postizos.


viernes, 19 de julio de 2013

Sáb.20: sesión de Marinocha!!

E mañán Sábado 20 de xullo, volve Marinocha á cabina do Rif-Rock para gasear a tódo-los asistentes, non vo-lo perdades, über alles!!


Festival Compost & Psicodelicias

Recomendación para esta fin de semana no caso de que vaiades a estar por Compostela. O Compost & Psicodelicias (festival de músicas retroavanzadas) con 9 bandas que ó longo de toda a xornada se repartirán entre o Embora e o Ateneo. Se non lle tedes medo á calor, é todo un planazo!!



jueves, 18 de julio de 2013

The Muddy Beers, o concerto

E aquí tedes con un par de semanas de retraso, o concerto de THE MUDDY BEERS co que abríamos o noso programa do 14º Aniversario. O novo proxecto de Jorge, Martin e Choche (ex-New Rippers, ex-Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Decolorores, Los Macús, The AllNight Workers...) que contaron nesta ocasión coa colaboración de Breogán como espectacular 3ª guitarra.

Nesta nova proposta cun formato máis acústico nos ofreceron temas de tódo-los paus posibles reconvertidos ó seu particular estilo, dende vellas pezas country de Waylon Jennings ou Merle Haggard,  clásicos do rock dos 50's, rhythm'n'blues dos Animals, glam dos T.Rex de Marc Bolan e moitos covers incríbles dalgunhas das nosas bandas favoritas como Dogs D'Amour, Radio Birdman ou The Soundtrack of Our Lives, e o final con The Waterboys! e presentándonos os seus primeiros temas propios... e todo a máis de 50ºC en plena ola tropical e co local convertido nun forno!!

Para nós foi todo un orgullo que escolleran o Rif-Rock para facer a súa presentación en directo deste novo proxecto que nace para durar, e coa promesa de voltar nos próximos meses. Que grandes son, gracias amigos!! Apuntádeos ben porque igual se converten no voso grupo favorito en pouco tempo!!

Xa tedes tódo-los videos subidos nas entradas anteriores (parte1, parte2, parte3 e parte4) e aquí todo seguido THE MUDDY BEERS (Rif-Rock 6 xullo 2013) nunha lista de reproducción.



The Muddy Beers (concerto, pt1)


The Muddy Beers (concerto, pt2)


The Muddy Beers (concerto, pt3)


The Muddy Beers (concerto, pt4)


miércoles, 17 de julio de 2013

Los Diablitos, o concerto.

Comezamos co repaso do noso 14º Aniversario, e o faremos polo final, co concerto do sábado pasado.

Xa vos avisamos que o enxendro deste ano da banda da casa ía ser moi especial e que deberiades vir vestidos para a ocasión. Isidro, Karlos e Piti convertíronse en LOS DIABLITOS, coa incorporación de Bruno Barreiro aos teclados que debutaba no Rif-Rock, e dirixiron o seu concerto ó máis xenuíno ye-yé español dos 60's. Los Bravos, Los Brincos, Bruno Lomas, Los Sirex, Los Finders e ata Marisol, incluíndo La Bámbola de Patty Bravo que puxo os pelos de punta a case todos.

Non sabedes o afortunados que somos de que toda esta xente, (e algún máis claro...) formen parte do Rif-Rock, eles teñen moita culpa de que siga sendo un lugar especial. Moitas gracias artistas!! Así se remata un aniversario como se merece!!

Xa tedes tódo-los vídeos subidos nas anteriores entradas (parte1, parte2 e parte3) e tamén aquí todo seguido LOS DIABLITOS (Rif-Rock 13 xullo 2013) nunha lista de reproducción.



Los Diablitos (concerto pt.1)


Los Diablitos (concerto pt.2)


Los Diablitos (concerto pt.3)


martes, 16 de julio de 2013

Outono Códax Festival 2013

Xa temos o cartel completo do Outono Códax Festival (co patrocinio principal de Martin Códax) que organizan un ano máis a xente de A Reixa na Sala Capitol de Compostela, e no que o Rif-Rock leva colaborando dende o seu inicio. As datas serán o 28 de setembro, e o 19 e 26 de outubro. 
Nas próximas semanas xa estarán dispoñibles as entradas e os abonos.

Sáb.27: Kurco SoundSystem

E de paso xa vos adiantamos a sesión do seguinte sábado (o 27 de xullo) con Kurco Sound System na cabina do Rif-Rock, Goo Goo Goo!!!


lunes, 15 de julio de 2013

Sáb.20: Marinocha Über Alles!!

Este Sábado (20 de xullo) volve Marinocha á cabina do Rif-Rock para gasear a tódo-los asistentes, non vo-lo perdades, über alles!!


Los Diablitos no remate do aniversario!!

Non vos podedes imaxinar a sorte que temos de que esta xente sexa parte do Rif-Rock!! Cada ano reinventándose para ofrecernos varias datas con música en directo. Isidro, Karlos e Piti sempre dispostos a facer que o Rif-Rock sexa o que é ó longo de todos estos anos, e nesta ocasión con Bruno Barreiro nos teclados. Os catro convertidos en Los Diablitos para ofrecernos un recital do ye-yé español máis xenuíno. 
Unha gran festa, si señor!! así se pon final a un aniversario... gracias cracks!!!



viernes, 12 de julio de 2013

14º Aniversario: LOS DIABLITOS en concerto!

Esta semana seguimos co programa do noso 14º Aniversario!! 
Despois do bestial concerto da semana pasada a cargo de The Muddy Beers, remataremos mañán con LOS DIABLITOS, agora convertidos en cuarteto. 
Non vo-los perdades!!

Sábado 13 de Xullo 2013
LOS DIABLITOS
en concerto dende as 23:30h.

Los Diablitos son a mutación que cada ano sufre a banda da casa. O noso power trío de RifRocKerZ con Incomodo, o mestre Karlos Abal e Piti dirixen o seu enxendro deste ano ó ye-yé dos 60's... coa recente incorporación de Bruno Barreiro ós teclados, así que o Sábado 13 de xullo mellor que veñades vestidos para a ocasión e preparados para o baile!! 


miércoles, 10 de julio de 2013

dende esta semana, Rif-Rock de mércores a sábado!!

Xa estades avisados de que esta semana comezamos co horario/calendario de verán, co Rif-Rock abrindo de mércores a sábado, 4 días de RifRocKerZ á semana dende as 23:00h. Polo momento, aínda non decidimos nada sobre os domingos, pero xa vos informaremos...
Así que esta mesma noite abre o Rif-Rock, aínda que un pouco máis tarde, cando remate o show de Carlos Blanco no Continental, que hai tempo para todo!!



martes, 9 de julio de 2013

"Robo" o recopilatorio da Fundación Robo

A Fundación Robo naceu durante o 15M, como unha iniciativa que xuntara música popular, pensamento crítico e acción (igual que a súa facción literaria: Asalto). Creceu lentamente incorporando a máis e máis artistas e bandas, e finalmente tras varios retrasos veu a luz o seu primeiro macro-volume, un dobre cd + dvd (con tres videos e o documental "Populismo Musical" que repasa o primeiro ano de vida da Fundación Robo), editado gracias ó crowdfunding de centos de achegas, e no que participan un total de 32 bandas e artistas entre os que podedes atopar de todo. 
Agora xa podedes escoitalo todo e descargalo de balde no seu bandcamp, pero se aínda non sabedes moi ben de que vai todo isto botádelle un olló á súa web (http://www.fundacionrobo.org/) e ás súas instruccións para facer crac!.
Con esta crisis, la misma de cada veinte años, muchas personas han hecho crac por dentro. Es hora de poner en común la frustración y convertirla en energía política. Tener a mano unas rimas contundentes puede resultarnos útil. Existen formas y formas de hacer crac. Mejor juntos en la calle que seguir solos en casa insultando a la pantalla del Telediario.

"Populismo musical" da Fundación Robo

Aquí tedes os videos que se inclúen no dvd editado pola Fundación Robo
O primeiro, que vos deixamos aquí, é o documental "Populismo Musical" que resume á súa maneira o primeiro ano de vida do colectivo. Pero ademáis tamén podedes atopar os clips Esta tierra es nuestra, Ciudad Frontera e Londres.

Gastroteca SCQ

Hoxe vos facemos unha recomendación: a Gastroteca SCQ, unha iniciativa duns bos amigos, que acaba de botar a andar esta mesma semana, e que por suposto vos recomendamos visitar.

A Gastroteca SCQ é uno novo espazo en Santiago de Compostela, nun lugar privilexiado (r/ Preguntoiro, 34) no que atoparedes todo tipo de productos galegos: viños, espirituosos, productos frescos, envasados, conservas... de todo!! e moitas máis actividades como catas, presentacións de productos, cursos... seguídeos na súa páxina de facebook, pero sobre todo pasádevos a coñecela en persoa.


lunes, 8 de julio de 2013

XUR (a.k.a. Dj Rufo)

E despois do tremendo concerto a cargo dos Muddy Beers, chegou o turno das sesións... o protagonista Xur (aka Dj Rufo) que lle largou unha sesión de case dúas horas coma se non tiveran pasado case dez anos dende a última vez. gracias amigo!!


The Muddy Beers a 50ºc!!

Impresionante a lección de rock'n'roll que nos deixaron The Muddy Beers o sábado!! e a 50ºc co Rif-Rock convertido nunha sauna. insuperables!! 
Así se celebra un aniversario, gracias cracks!! 


viernes, 5 de julio de 2013

14º Aniversario: THE MUDDY BEERS en concerto!!

En realidade xa empezaremos a celebrar esta mesma noite os 14 anos do Rif-Rock, pero será mañán Sábado dende as 23:30h, cando chegue o primeiro dos pratos fortes do noso programa de Aniversario: THE MUDDY BEERS en concerto!! Por se acaso volvemos a deixarvos aquí o programa completo:

14º Aniversario do RIF-ROCK!!
Sábados 6 e 13 de xullo: dous concertos que non vos deberiades perder!

Sábado 6 de Xullo 2013:
THE MUDDY BEERS
en concerto dende as 23:30h.

O nome The Muddy Beers igual de primeiras non vos di nada, pero si vos digo que levades un par de anos preguntando por eles, igual xa pode ser non?. 
The Muddy Beers é o novo proxecto de membros dos desaparecidos Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, e tamén The Allnight Workers, New Rippers e outras fricalladas efímeras como Los Pies Mojados, Los Macús ou Decolororos... Así igual xa vos parece que poden convertirse na vosa banda favorita non??? 
Sábado 6 de xullo, concerto en primicia de The Muddy Beers no Rif-Rock, a súa presentación ó mundo!! 


Sábado 13 de Xullo 2013:
LOS DIABLITOS
en concerto dende as 23:30h.

Los Diablitos son a mutación que cada ano sufre a banda da casa. O noso power trío de RifRocKerZ con Incomodo, o mestre Karlos Abal e Piti dirixen o seu enxendro deste ano ó ye-yé dos 60's... así que o Sábado 13 de xullo mellor que veñades vestidos para a ocasión e preparados para o baile!! 


E que pasa coas sesións? este ano o faremos máis espontáneo, tódo-los habituais da nosa cabina se irán turnando neses días cando lles veña en gana para poñer todo o que lles pete, sen programa nin nada.

Así que ahí o tedes. Para nós ten unha pintaza estupenda, e por suposto é un pracer poder contar con xente coma esta!.
Dous días para celebrar como se merece un ano máis de Rif-Rock, e xa van 14!!!
Vai ser tremendo. Non vo-lo perdades!!



jueves, 4 de julio de 2013

horario de verán, a próxima semana

Lembrade que este fin de semana comezamos co programa do noso 14ºAniversario, e a próxima semana xa comezaremos co horario/calendario de verán, co Rif-Rock abrindo de mércores a sábado, 4 días de RifRocKerZ á semana dende as 23:00h. Polo momento, aínda non decidimos nada sobre os domingos, pero xa vos informaremos...


Wilco "Solid Sound Festival 2013"

Quenes nos coñecedes, xa sabedes que hai anos que perdimos o entusiamo por Wilco, tan deslumbrantes no directo que da reparo repetir, e tan mediocres nos seus últimos traballos de estudio que aburren... pero seguen a ter algo polo que sempre nos pica na curiosidade de seguilos. 
O mes pasado (o 21 de xuño) ofreceron no no Museo de Arte Contemporáneo de Massachusetts no Solid Sound Festival un recital de versións tremendo, de tódo-los estilos sen ningún miramento de máis de dúas horas, interpretando a Thin Lizzy, Count Five, Beatles, Pavement, Television, Neil Young, Raplacements, The Modern Lovers... e así ata 34 temas!! 
O concerto foi grabado pola xente de NYC Taper, e co consentimento da banda, está dispoñible en descarga directa. Aproveitade mentres siga dispoñible, bastante curioso...

WILCO "Solid Sound Festival 2013"
(SolidSound/NYC traper, 2013)
descargádeo na web de NYC Traper ou directamente aquí.



Triangulo de Amor Bizarro "Victoria Mística"

Xa podedes escoitar "Victoria Mística" de Triángulo de Amor Bizarro en Deezer!! Recén saído esta semana... outro discazo de TAB!!


ahí vai outro adianto 'Estrellas Místicas':



miércoles, 3 de julio de 2013

Los Chavales "Asulado"

Xa está aquí o segundo ep de Los Chavales!!! un 7'' que se chama "Asulado" e o presentan este mesmo fin de semana en Compostela, cunha sesión dobre.

En primeiro lugar nunha sesión vermú (pinchos incluídos) en A Reixa dende as 14:30h. presentando os temas do disco "Asulado" en formato acústico e do merchandising oficial (camisetas e chapas), sorteo de 3 EPs. 
E despois concerto de Mr. Magoo.
E pola noite na rebautizada Sala Nasa 51, dende as 22:00h. Mr.Magoo e Los Chavales en concerto, con entrada a 5€ (10€ con EP) máis djs.

Xa podedes escoitar os catro temas de "Asulado" no seu bandcamp, pero en calqueira caso non esperedes demasiado para facervos co voso exemplar!!

LOS CHAVALES "Asulado"



martes, 2 de julio de 2013

ATDP as chapas oficiais do aniversario

E como cada ano as chapas do aniversario!! 
ATDP segue a surtirnos do merchandising oficial, desta vez en azul, para que variedes un pouco as solapas!!


14 anos do RIF-ROCK!!

O 2 de Xullo de 1999 abríamos as portas do Rif-Rock... e ata hoxe, no 2013, que cumpre 14 anos!! Xa sabedes que o celebraremos nos próximos sábados. 
Consultade o programa, e non vo-lo perdades!!


lunes, 1 de julio de 2013

descarga "100% pure Cacatone surf sounds"

Aquí tedes algo máis de unha hora da sesión de Michi Cacatone deste sábado.  100% Pure Cacatone Surf Sounds!! deixámosvos un primeiro volume, pero xa vos iremos repartindo máis material de todo o que nos deixou ó longo do vrán...


Michi Cacatone "100% pure Cacatone surf sounds"
(sesión Rif-Rock 29 xuño 2013)
faite co volume 1 do CacatoneSurfSounds aquí.