viernes, 5 de julio de 2013

14º Aniversario: THE MUDDY BEERS en concerto!!

En realidade xa empezaremos a celebrar esta mesma noite os 14 anos do Rif-Rock, pero será mañán Sábado dende as 23:30h, cando chegue o primeiro dos pratos fortes do noso programa de Aniversario: THE MUDDY BEERS en concerto!! Por se acaso volvemos a deixarvos aquí o programa completo:

14º Aniversario do RIF-ROCK!!
Sábados 6 e 13 de xullo: dous concertos que non vos deberiades perder!

Sábado 6 de Xullo 2013:
THE MUDDY BEERS
en concerto dende as 23:30h.

O nome The Muddy Beers igual de primeiras non vos di nada, pero si vos digo que levades un par de anos preguntando por eles, igual xa pode ser non?. 
The Muddy Beers é o novo proxecto de membros dos desaparecidos Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, e tamén The Allnight Workers, New Rippers e outras fricalladas efímeras como Los Pies Mojados, Los Macús ou Decolororos... Así igual xa vos parece que poden convertirse na vosa banda favorita non??? 
Sábado 6 de xullo, concerto en primicia de The Muddy Beers no Rif-Rock, a súa presentación ó mundo!! 


Sábado 13 de Xullo 2013:
LOS DIABLITOS
en concerto dende as 23:30h.

Los Diablitos son a mutación que cada ano sufre a banda da casa. O noso power trío de RifRocKerZ con Incomodo, o mestre Karlos Abal e Piti dirixen o seu enxendro deste ano ó ye-yé dos 60's... así que o Sábado 13 de xullo mellor que veñades vestidos para a ocasión e preparados para o baile!! 


E que pasa coas sesións? este ano o faremos máis espontáneo, tódo-los habituais da nosa cabina se irán turnando neses días cando lles veña en gana para poñer todo o que lles pete, sen programa nin nada.

Así que ahí o tedes. Para nós ten unha pintaza estupenda, e por suposto é un pracer poder contar con xente coma esta!.
Dous días para celebrar como se merece un ano máis de Rif-Rock, e xa van 14!!!
Vai ser tremendo. Non vo-lo perdades!!



No hay comentarios: