sábado, 30 de noviembre de 2013

pastas movember...

un bo postre para rematar Movember co bandullo ben cheo... 
do mestre reposteiro H(punto), menudo crack!!.


jueves, 28 de noviembre de 2013

Wooden Shjips "Back to Land"

Xa hai uns cantos días que vos quería recomendar o novo álbum dos Wooden Shjips. Un discazo que se titula "Back to Land", con todo o que agardamos deles pero moito máis centrados que en anteriores traballos e tirando máis polos 60's. Psychodelia e space-rock, ritmos hipnóticos e riffs machacóns, lentos e alucinados que impiden que deixes de escoitalos, senón probade con 'Ghouls'. Das mellores bandas do seu xénero, e dos máis en forma do momento. Para alucinar...

WOODEN SHJIPS "Back to Land"
(Thrill Jockey, 2013)


podedes atopalo en MúsicaCuántica.


xoves 5 dec: Monkey Session!!

Xa estamos preparando tóda-las datas da programación de decembro, pero polo momento xa vos podemos ir adiantando unha Monkey Session para o xoves 5, véspera de festivo claro...



miércoles, 27 de noviembre de 2013

Psychotic Acid Freek

Se seguides a Los Thyssen, The Boas, ou os proxectos en solitario de Mack Paramo, aquí tedes unha nova banda, o dúo Psychotic Acid Freek. Para que vós fagades unha idea metédelle unha escoita no seu bandcamp, pero por se acaso eles o contan así:
"Psychotic acid freek nace durante el verano de 2013, Mack Paramo (guitarra y voz) y Dr.Motocross o muerte (bateria) decidieron dar rienda suela a sus mas salvajes y primigenios instintos haciendo lo que les gusta, ruido y chatarrada refinada. Queriamos crear algo diferente a lo que soliamos hacer, mezclar el peligro de raw power con el primario e hipnotico ritmo de la Velvet Underground, pasar todo esto por un filtro de blues del delta y añadirle algo de misticismo extraruidista".


martes, 26 de noviembre de 2013

Comomepos "Unga-Bunga Session"

E aquí tedes algo máis deste fin de semana. Unha selección da sesión de Comomepos do sábado 23, Unga-Bunga!!!

Comomepos "Unga-Bunga Session (#1)"
(sesión Rif-Rock 23 novembro 2013)


lunes, 25 de noviembre de 2013

descarga Black Grooves!!

Se non nos falla a memoria xa hai catro meses que non vos deixábamos unha parte das sesións Fuck'U whiteys... Black Grooves!! para descargar, parece que a última foi en xuño, así que xa tocaba!! ahí a tedes... a ver se vos gusta!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!" (NSFSeries Vol.15)
(sesión Rif-Rock 22 novembro 2013)



La4Pared "L4P2013/Mujeres" nova demo

Xa está aquí a nova demo de LA4PARED, recén subida hai un par de horas. "L4P2013/Mujeres" son tres temas compostos por Gus Fernández para La4Pared xa coa súa nova formación, e gravados, mesturados e masterizdos nos Estudios KSF. 
Tedes todo nun enlace de descarga directa e gratuíta, ou tamén no seu bandcamp podedes doar o que queirades. Non sei a que esperades!!.

LA4PARED "L4P2013/Mujeres"
(L4P, 2013)



jueves, 21 de noviembre de 2013

Shirley Ellis "The Clapping Song"

E se vos gustou o divertido 'The Name Game' de Shirley Ellis, aínda tivo un éxito moito maior un ano despois: 'The Clapping Song' de 1965, nesta ocasión xa non da súa autoría, pero foi escrita expresamente por Lincoln Chase para a cantante seguindo ese rítmo frenético e festivo da anterior. Todo un superventas no seu momento e versionado milleiros de veces despois...

SHIRLEY ELLIS "The Clapping Song"
(Congress, 1965)



Shirley Ellis "The Name Game"

Imos quentando un pouco para a sesión de mañán coa nova entrega das Black Grooves!. Hoxe imos con Shirley Ellis, cantante e compositora de soul e rhythm'n'blues... tamén coñecida como The Nitty Gritty Girl, porque ese tema foi o seu primeiro gran éxito en 1963 e o alcume xa a acompañou para sempre. Sen embargo aínda tivo éxitos maiores, coma este 'The Name Game' de 1964, composta por ela mesma, con un audaz xogo de palabras que se podería alongar ata o infinito e rematou por converterse case que nun xogo tradicional. Nos últimos meses aínda tivo máis difusión coa inclusión da peza nun dos últimos capítulos da segunda tempada de American Horror Story: Asylum con Jessica Lange e tódo-los internos participando.
Diversión garantizada, e puro ritmo!!

SHIRLEY ELLIS "The Name Game"
(Congress, 1964)



miércoles, 20 de noviembre de 2013

Michael Azerrad "Nuestro Grupo podría ser tu Vida"

Algún día tiña que suceder, e por fin, Contra Editorial edita en castelán o que está considerado por moitos como a historia definita da nación alternativa
Michael Azerrad é un dos máis coñecidos xornalistas musicais e habitual de moitos medios de referencia, célebre dende o seu relato sobre a historia de Nirvana meses antes da morte de Cobain ("Nirvana Come as you are: The Story of Nirvana"), e que no 2001 publicou este "Our Band could be your Life", coa perspectiva necesaria para contextualizar e valorar a súa importancia e influencia. Para elo escolle 13 bandas que protagonizarán o percorrido: Black Flag, Minutemen, Mission of Burma, Minor Threat, Hüsker Dü, The Replacements, Sonic Youth, Butthole Surfers, Big Black, Dinosaur Jr., Fugazi, Mudhoney e Beat Happening, case nada eh???? Ademáis co paso do tempo, vai adquirindo cada vez máis un papel referente para comprender aquel tempo.
E máis de unha década despois, por fin alguén se atreve a editalo en castelán. Contra Edicións lanza "Nuestro Grupo podría ser tu Vida. (Escenas del Indie Underground Norteamericano 1981-1991)esta mesma semana, nun volume de 560 páxinas a un precio estupendo!! Un libro imprescindible!!.

MICHAEL AZERRAD "Nuestro Grupo podría ser tu Vida. 
(Escenas del Indie Underground Norteamericano 1981-1991)"
(Contra Editorial, 2013)


Se queredes ir botando unha ollada, Contra nos ofrece a introdución do libro en pdf (podedes vela nos descargables de El País, que na web da editorial xa superaron o límite de visitas).


Ven.29: reunión de bigotes!!

O próximo venres (29 de novembro) faremos a nosa quedada de fin de Movember, unha reunión de bigotes solidarios e comprometidos, e dende a cabina o dúo Siña Mon-Cha!!!


martes, 19 de noviembre de 2013

descarga tRash Tra$h trAsH #7

Aquí tedes unha hora mesturada da sesión do sábado, apretade os dentes...

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #7"
(sesión Rif-Rock 16 nov.2013)
faite con trash#7 aquí.


lunes, 18 de noviembre de 2013

continúa a programación de novembro...

E lembrámosvos o que aínda queda por diante da nosa programación de novembro:

· Venres 22 nov:
Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!
a entrega mensual adicada á música negra no Rif-Rock. Sesión de P.Munstaphà.

· Sábado 23 nov:
Sesión de Comomepós!
"Unga Bunga Sessións!"

· Venres 29 nov:
Reunión de bigotes para pechar Movember.
Dende a cabina, sesión de Siña MON·CHA!!

e xa vos iremos avisando do que vaimos pechando para decembro...

jueves, 14 de noviembre de 2013

The Heads "Tilburg"

Imos compartindo algo das bandas da sesión do sábado cunha nova entrega de Trash Trash Trash... e desta vez imos con The Heads, unha banda de Bristol de rock psycodélico, un dos maiores expoñentes británicos de xénero da última década. Nos últimos meses son unha das bandas coas que estamos ensimismados e co duro traballo que supón completa-la súa discografía. The Heads teñen un ritmo de publicacións irresistible, formáronse en 1990 e aínda que non debutaron en largo ata 1995 levan publicados máis de 20 álbumes, eps e directos, sobre todo concentrados nos últimos 10 anos, e ademáis con diferentes edicións de moitos deles con pequenas tiradas. 
O seu son é a mestura perfecta entre Spacemen 3 e The Stooges alternando auténticos cañonazos de distorsión eléctrica con longos desenrolos atmosféricos, e sempre cunha rítmica hipnótica que enganchan en cada peza.
Este ábum fioi grabado en Tilburg en xullo do 2008 con novos desenrolos do Irrepressible Heads, pezas do Bedlam e as jams habituais para a ocasión.

THE HEADS "Tilburg"
(Rooster Rock/The Heads, 2008)



Combo Dinamo "EP nº1"

Xa tiñamos ganas de material novo dos Combo Dinamo, e dende a fin de semana xa está dispoñible no seu bandcamp os catro temas deste "EP nº1" que autoeditan eles mesmos e que xa podedes ir reservando para a súa saída en cd no mes de decembro...

COMBO DINAMO "EP nº1"
(Combo Dinamo, 2013)


miércoles, 13 de noviembre de 2013

Breakin' Bones, o concerto (9 Nov.2013)

Impresionante o concerto dos Breakin' Bones do sábado pasado!! Na súa terceira visita ó Rif-Rock reventaron o local de público, que non se quería perder o seu show, ben recomendados polos que xa os tiñan visto con anterioridade.
Se na anterior visita viñan a presentarnos o seu novo EP, nesta ocasión comezaban a súa xira de inverno con moitos temas novos. Ademáis de versións de clasicazos dos anos 50, dos 60's (tremendo o 'For Your Love' dos Yardbirds) e outras posteriores coma o 'Mongoloid' de Devo, 'Guns of Brixton' dos Clash ou o 'Wild Boys' dos Duran Duran, ademáis de temas dos Ilegales, Siniestro, Kortatu... todo pasado pola súa fórmula de psychobilly acústico. Pero me quedo cun dos seus hits: 'Extraño Corte de pelo (parezco un subnormal)' ou a máis nova que nos presentaron 'Café, cigarro, muñeco de barro!'. 

Un show para non esquecer en moito tempo!! gracias a todos por vir! a Kike Barreiro polo soporte técnico de última hora, e por suposto á banda: Berto, Santi e Koko, para o Rif-Rock foi un pracer e un luxo compartir outra noite con vós!! Gracias Breakin' Bones!! a próxima máis!!.

Xa tedes todo o concerto subido, son case 30 tamas repartidos en 18 videos que xa podedes atopar nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reproducción:





Breakin' Bones (concerto pt 1)


Breakin' Bones (concerto pt 2)


Breakin' Bones (concerto pt 3)


Breakin' Bones (concerto pt 4)



lunes, 11 de noviembre de 2013

Gregory Porter

Recomendación para mañán si vos podedes achegar á Cidade da Cultura de Santiago: Gregory Porter en directo!! do mellor do jazz e soul actual.
Martes 12 novembro, Museo da Cidade da Cultura.
Info e entradas aquí.


domingo, 10 de noviembre de 2013

Gracias Breakin' Bones!!

Enorme o concerto de onte dos Breakin' Bones!! un show tremendo co que reventaron o local de público. Gracias a todos por vir, seguro que o pasáchedes tan ben coma nós e vos quedan ganas de repetir outra vez non??? gracias tamén a Kike Barreiro polo soporte técnico de última hora, e por suposto á banda... para nós foi un pracer e todo un luxo contar con eles unha vez máis no Rif-Rock. Gracias Breakin' Bones!!
E para os que o perderon, nos próximos días iremos subindo todo o concerto...


novas camisetas dos Breakin' Bones


viernes, 8 de noviembre de 2013

este sábado BREAKIN' BONES en directo!!

Mañá é unha data que deberiades ter ben marcada nas vosas axendas!! 
Este sábado teremos de novo no Rif-Rock ós BREAKIN' BONES!! 
Para nós todo unha sorte que unha banda deste calibre nos siga escollendo nas súas xiras! Se xa os tedes visto seguro que repetides, e senón de seguro que xa vos falaron deles e morredes coa curiosidade!!
A mellor banda de psychobilly do país en directo no Rif-Rock, un show que non vos deberiades perder, espectáculo garantizado!!

BREAKIN' BONES 
Sábado 9 de Novembro, en directo dende as 23:30h.
Entrada de balde coma sempre
Non vo-lo perdades!!


os Breakin' Bones hoxe na prensa...

Aquí tedes o recorte da nova que en La Voz de Galicia / Edición Arousa lle adican o concerto de mañán dos BREAKIN' BONES no Rif-Rock... 
xa sabedes, non vo-lo perdades!!



repasa o concerto dos Breakin' Bones de marzo...

Mañán teremos no Rif-Rock ós Breakin' Bones en directo!! 
Mentres podedes ir repasando o seu anterior concerto de marzo deste ano...





jueves, 7 de noviembre de 2013

The Jesus and Mary Chain "Psychocandy"

E o outro álbum que vos recomendamos hoxe é un imprescindible. 
"Psychocandy" foi o debut dos escoceses The Jesus and Mary Chain e dende ese instante se convertiu nun dos álbumes de referencia do seu tempo, deses que marcan a unha xeración e moito do que veu despois. 
Melodías pop impecables saturadas de abrasión pura, e contra todo pronóstico os seus tres singles 'Just like honey', 'You trip me up' e 'Never Udnerstand' tiveron un notable éxito. Nacía o shoegaze como o coñecemos hoxe e o rock alternativo comezaba a ter sentido... un ano despois Bobby Gillespie abandonaba o grupo para formar Primal Scream, e os irmáns Reid foron reducindo a saturación en cada disco para conformar o són máis auténtico dos anos 90. Pero a abrasión de Psychocandy en 1985 marcou época. Un discazo imprescindible!!

THE JESUS AND MARY CHAIN "Psychocancy"
(Blanco y Negro / Warner, 1985)



23 nov: Comomepos "Unga-Bunga"


martes, 5 de noviembre de 2013

La4Pared, o concerto

Xa tiñamos gañas de retomar a música en directo nas noites do Rif-Rock despois do verán, e o sábado 26 de outubro comezamos unha nova tempada de concertos.
O protagonista foi Gus Fernández  que repetía en directo no Rif-Rock unha vez máis co seu proxecto en solitario La4Pared, en formato acústico, e unha semana despois aquí tedes subido todo o concerto.
Coa súa guitarra, os loops e o seu infinito kit de pedais, ofreceunos un bo repaso polos temas dos seus últimos traballos e adiantándonos unha cantas novas pezas, ademáis dese cover do 'Billie Jean' de Michael Jackson en plan Chris Cornell.

Aquí o tedes, son un total de 15 temas, en 14 videos, todo en lista de reproducción e nas anteriores entradas (pt.1 - pt.2 - pt.3 - pt.4) ou aquí todo seguido: La 4 Pared (acústico Rif-Rock 26 out.2013).


La4Pared (concerto pt.1)


La4Pared (concerto pt.2)


La4Pared (concerto pt.3)


La4Pared (concerto pt.4 - bis)


lunes, 4 de noviembre de 2013

petición de firmas por unhas camisetas...


Onte unha panda de inconscientes comezou unha campaña de petición de firmas en Change.org dirixidas ó Rif-Rock co título Queremos camisetas do Rif!!.
Eu sempre pensei que unha web coma esta se empregaba para cousas máis serias, pero bueno... se pensaban que os iamos ignorar, aquí estamos axundándolles a facer un pouco de publicidade do asunto, aínda que xuntar 200 firmas de descoñecidos nos parece un reto demasiado sinxelo, temos en conta que na ocasión anterior tampouco o conseguiron... como sexan 25 igual acaban saíndo moi caras!!.
Se queredes colaborar con eles este é o enlace da petición.


este Sábado os BREAKIN' BONES en directo!!

E aquí tedes unha data que deberiades ter ben marcada nas vosas axendas!! 
Este sábado teremos de novo no Rif-Rock ós BREAKIN' BONES!! 
Para nós todo unha sorte que unha banda deste calibre nos siga escollendo nas súas xiras! Se xa os tedes visto seguro que repetides, e senón de seguro que xa vos falaron deles e morredes coa curiosidade!!
A mellor banda de psychobilly do país en directo no Rif-Rock, un show que non vos deberiades perder, espectáculo garantizado!!

BREAKIN' BONES 
Sábado 9 de Novembro, en directo dende as 23:30h.
Entrada de balde coma sempre

Non vo-lo perdades!!


domingo, 3 de noviembre de 2013

Miguelanxo Prado "Ardalén"

Esta semana ven de comunicarse o Premio Nacional de Comic 2012 que dende hai anos outorga o Ministerio de Cultura. O premiado de este ano foi o autor galego Miguelanxo Prado, polo seu álbum "Ardalén" publicado simultáneamente en galego por El Patito Editorial, e en castelán por Norma Editorial, e que ven a refrendar o seu éxito co mesmo traballo no Salón do Comic de Barcelona.
Ardalén trata sinxelamente da memoria, a protagonista é unha muller en crise, que tra-la desaparición do seu abó na emigración comeza a interesarse polas súas orixes, e atopa a un vello solitario que ten varias claves para a súa busca. Logo todo transcurre entre dous mundos, un máxico e outro real.
Se con todo o que se ten falado xa de Ardalén aínda non vos fixéchedes con el, este é un bó momento.

Miguelanxo Prado "Ardalén"
(El Patito Editorial / Norma Editorial, 2012)



viernes, 1 de noviembre de 2013

esta noite... Murder Mystery Session!


[Revival Rif-Rock] The Even Underground, cando celebramos o 40º aniversario do Velvet Underground & Nico

Hoxe mesmo faremos no Rif-Rock o noso homenaxe a Lou Reed tra-la súa morte: Murder Mystery Session!! con Munstaphà e JRTK nas seleccións dende a cabina...
Pero como nos 15 anos que levamos co Rif-Rock deu tempo para moito, tiramos de memoria e nos puxemos a buscar outras ocasións nos que conmemoramos algunha data significativa relacionada con Lou Reed, e vaia se atopamos... ademáis unha moi boa, e xa montamos outra entrega de Revival Rif-Rock.

Temos que remontamos a marzo do 2007, un par de meses antes de que comezáramos con este blog, así que non creo que poidades atopar nada de todo isto pola rede.


Foi o 23 marzo de 2007, un venres, na semana que se cumprían 40 anos do lanzamento do primeiro álbum da Velvet Underground. Aquel "Velvet Underground & Nico" que cambiou a historia. 

Naquela época (seguimos falando do 2007 eh?) Victor Karallada e Manolo Serantes eran o dúo THE EVEN FLOW EXPERIENCE e foron durante moito tempo algo así como a banda residente do Rif-Rock, cada mes nos ofrecían un novo repertorio de covers. Menuda época!! e vaia cracks!!. Cando se achegou a data do 40 aniversario daquel álbum non dudaron en meter no seu repertorio moitos dos temas da Velvet Underground que máis lles gustaban (non só do álbum do 67) e convertíronse por un día en THE EVEN UNDERGROUND

Enriba tedes o cartel do concerto, a mágoa é que non hai videos daquela noite, aínda que si algunhas fotos, tamén deberíamos ter o recorte de xornal coa nova de aquel concerto pero agora mesmo non o atopamos, pero xa aparecerá...

O máis especial que lembro daquel concerto foi cando convidaron a cantar a Isidro Dozo (a.k.a. Incomodo) e interpreteron o tema The Gift en galego, con Isidro convertido no mesmo Lou Reed recitando toda aquela disparatada historia de máis de 10 minutos!!. 
Moitas veces lles dixen que aquela versión tiñan que gravala como se merecía, para publicala, ou para compartila cos amigos... aínda que só fose para min!! Pero ata donde eu sei, ahí se quedou aquela noite no Rif-Rock... 
Como se di nestas ocasións: estivérades ali!!

adianto programacion Novembro 2013

Aquí tedes un adianto da programación para este mes de Novembro... seguramente se engada algunha outra data, e xa vos iremos concretando algo máis do venres 29. Pero ata entón tedes esta mesma noite o noso homenaxe a Lou Reed (Murder Mystery Session), o próximo sábado non vos perdades ós BREAKIN' BONES en directo, TrashTT o 16, sesión de Comomepos o sábado 23, e a entrega de Fuck?U Whiteys... Black Grooves para o venres 22. 
Xa vos avisaremos de máis...