Hoxe mesmo faremos no Rif-Rock o noso homenaxe a Lou Reed tra-la súa morte: Murder Mystery Session!! con Munstaphà e JRTK nas seleccións dende a cabina...
Pero como nos 15 anos que levamos co Rif-Rock deu tempo para moito, tiramos de memoria e nos puxemos a buscar outras ocasións nos que conmemoramos algunha data significativa relacionada con Lou Reed, e vaia se atopamos... ademáis unha moi boa, e xa montamos outra entrega de Revival Rif-Rock.
Foi o 23 marzo de 2007, un venres, na semana que se cumprían 40 anos do lanzamento do primeiro álbum da Velvet Underground. Aquel "Velvet Underground & Nico" que cambiou a historia.

Enriba tedes o cartel do concerto, a mágoa é que non hai videos daquela noite, aínda que si algunhas fotos, tamén deberíamos ter o recorte de xornal coa nova de aquel concerto pero agora mesmo non o atopamos, pero xa aparecerá...
O máis especial que lembro daquel concerto foi cando convidaron a cantar a Isidro Dozo (a.k.a. Incomodo) e interpreteron o tema The Gift en galego, con Isidro convertido no mesmo Lou Reed recitando toda aquela disparatada historia de máis de 10 minutos!!.

Moitas veces lles dixen que aquela versión tiñan que gravala como se merecía, para publicala, ou para compartila cos amigos... aínda que só fose para min!! Pero ata donde eu sei, ahí se quedou aquela noite no Rif-Rock...
Como se di nestas ocasións: estivérades ali!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario