Esta semana xubílase un dos grandes, e o fai pola porta grande, aínda que con esta xente nunca se sabe se acaban de irse algunha vez ou volveran nun refritos de sí mesmos máis adiante. Pero oficialmente Robert Wyatt anuncia que o deixa ós seus 69 anos. E para celebralo se despide por todo o alto, con un bó recopilatorio e coa súa primeira biografía autorizada das que se teñen publicado sobre este excéntrico personaxe.
Pioneiro do rock progresivo, primeiro como baterista e cantante dos Soft Machine, xunto con Kevin Ayers, logo xunto cos Matching Mole, e ata hoxe en solitario como cantante e teclista, pero sempre rodeado de grandes colaboradores.
Para a súa despedida lanza "Different Every Time" libro e disco, por separado. O libro é a primeira biografía autorizada sobre a súa figura, obra do xornalista Marcus O'Dair, no que repasa a fondo toda a súa vida e carreira, dende as súas peripecias xunto cos Pink Floyd, as xiras con Hendrix, o seu primeiro proxecto con Ayers (os seminais The Wylde Flowers), o accidente que lle impediu volver a toca-la batería e como se reinventou como compositor, de como outros músicos sempre se preocuparon en resucitalo, das súas estancias en Mallorca, das súas ausencias durante anos, da súa militancia no Partido Comunista, e da súa outra gran paixón, a pintura.
E o álbum "Differente Every Time" é un amplo recopilatorio, divididos en dúas partes. A primeira leva por título "Ex-Machina" é un recopilatorio ó uso, con 13 das súas grandes composicións, curisoamente só unha cos Soft Machine (a xigantesca 'Moon in June' cos seus 20 minutazos), dúas cos Matching Mole, e o resto da súa época posterior. A segunda chámase "Bening Dictatorships" e reúne 17 temas perdidos por caras b, rarezas, covers e sobre todo en forma de colaboracións, xunto con Björk, John Cage, Hot Chip, Phil Manzanera ou Epic Soundtracks entre outros.
Podedes atopar un repaso de todo na súa web.
ROBERT WYATT "Different Every Time"
(Domino, 2014)