O Sábado 20 arrancábamos a programación conxunta do NADAL SOUL entre o Rif-Rock e o Continental. A primeira cita no Rif-Rock co concerto acústico de THE SHARKNADOOS seguido da sesión de Michi Calambres dende a cabina.
Era o terceiro directo dos Sharknadoos no Rif-Rock, e a súa primeira ocasión como cuarteto, voz, guitarra, baixo e a incorporación de Jesus Caremés na percusión.
Foron 14 temas con versións de pezas de soul de Bill Withers, Aretha Franklin, Nina Simone, Ray Charles, Marlena Shaw ou Gloria Jones, e temas de blues e rock de Canned Heat, The Who, Janis Joplin, Led Zeppelin, Creedence... unha noite estupenda.
Gracias á banda, a Calambres polla sesión e a Super Bock (Cobesa) pola colaboración do evento, e por suposto a todos por vir.
Do concerto desta semana no Continental de Nacho Perez y Los Chacales non temos videos polo momento, pero algún aparecerá.
E o próximo ano máis Nadal Soul!!
E o próximo ano máis Nadal Soul!!
Xa tedes o concerto completo dos Sharknadoos subido, repartido nas anteriores entradas en tres partes (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido en lista de reproducción:
No hay comentarios:
Publicar un comentario