jueves, 31 de julio de 2014

máis sesións para esta fin de semana

Seguimos incorporando personal ó RifRocKerZ.djSet para esta fin de semana:
Ven.1: todo un luxo contar con Santy Le Funke de Berlín 61.
Sáb.2: ademáis de Kurco, outro rato de pique entre Rufo & Jaleo!!


Angry Samoans "Back from Samoa"

Entre tanto axetreo de alternar traballo e festa continua nesta semana tamén hai que sacar tempo para recomendar algún álbum por aquí...
Un pouco de enerxía non ven nada mal, e rebuscando material para pinchar esta semana nos atopamos cun par de álbumes dos Angry Samoans!! unha das bandas referentes do punk e hardcore californiano dos primeiros 80s. Este "Back from Samoa" foi o seu segundo Lp, de 1982, e son 14 temas incendiarios que te levantarán aínda que non queiras...

ANGRY SAMOANS "Back from Samoa"
(Bad Trip Recs, 1982)



miércoles, 30 de julio de 2014

martes, 29 de julio de 2014

Martes de chupinazo!!

Cada ano comezamos as Festas do Albariño un día antes da data oficial en plan chupinazo... pois este ano, aínda nos adiantamos máis. Despois da previa de onte coas Black Grooves, hoxe toca a nosa Noite de Chupinazo!!
Pero aínda queda moito máis para o resto da semana:

Martes: o chupinanazo.
Mércores: DJ JALEO!
Xoves+Venres+Sábado: RifRocKerZ.djSet
Domingo: 6ª FESTA DO BIGOTE!!


lunes, 28 de julio de 2014

esta noite... Black Grooves!!

Esta noite comezamos a nosa semana completa de Albariño!!
Dende as 22:00h a JAZZ FREQUENCY GROUP de Paco Charlín en directo na praza Alfredo Brañas, así que nós abriremos un pouco antes do habitual para desfrutar do concerto, e despois teremos dende a nosa cabina outra entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!


Paco Charlin Quartet esta noite

Esta noite haberá jazz do bó na praza de Alfredo Brañas,
dentro do programa de Música con D.O., estará unha nova volta de torca do 
JAZZ FREQUENCY GROUP 
de PACO CHARLÍN , coa seguinte formación:
Fernando Sánchez: saxo
Wilfred Wild: guitarra
Paco Charlín: contrabaixo
Jesus Pazos: bateria

Praza de Alfredo Brañas dende as 22:00h.

Nós xa abriremos pouco despois do comezo do concerto, para desfrutalo con calma, e despois teremos na nosa cabina unha nova entraga da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! para quentar nestes días previos ó Albariño... 


domingo, 27 de julio de 2014

6ª FESTA DO BIGOTE [as bases do concurso]

Bigotudos!!! frikis!! aspirantes a Super R!!! RifRocKerZ todos!!! 
e os que non teñades nada que facer o seguinte luns... 

Só queda unha semana. O próximo 3 de agosto, Domingo do Albariño
o RIF-ROCK e CTK convócanvos a unha nova celebración da solemne
6ª FESTA DO BIGOTE 
Preparados para o Albariño de barbudos??



Estivemos a piques de facer uns cambios revolucionarios nas bases do concurso, pero ao final decidimos facer un copia e pega do ano pasado, así que aquí tedes as BASES DO CONCURSO para a 6ª FESTA DO BIGOTE:

- A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do domingo que clausuran as festas do Albariño (3 de agosto, ou sexa que para os tikismiquis, como é despois da medianoite pois na madrugada do dia 4). 

- Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non.

- O que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade.

- A organización non se fai responsable dos accesorios que outros asistentes lle poñan na cara.

- Este ano teremos novamente tres categorías a concurso: 
o Bigote Absoluto, o Bigote Falso e Mellor Disfraz.

Categoría BIGOTE ABSOLUTO (Campión da Festa do Bigote):
· todo pelo natural na cara do suxeito participante.
· valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
· lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
· inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, de   calquer tipo.
· coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
· roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

- A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK). 

- Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.

** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...

***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou no noso facebook.

miércoles, 23 de julio de 2014

Vintage Trouble "The Bomb Shelter Sessions"

Co aniversario e demáis, xa levamos varias semanas sen recomendarvos ningún álbum, así que nestes días que estaremos máis ociosos van cair algúns. Para o primeiro imos a ser moi pouco orixinais, por que esta noite iremos a velos en directo a praza da Quintana en Compostela. 
Aínda que hai un par de meses Vintage Trouble lanzaron un novo ep ("The Swing house acoustic sessions") o seu único lp polo momento segue a ser este tremendo The Bomb Shelter Sessions do 2011, dez temas de rhythm'n'blues, rock e soul sen concesións. Discazo!! e con moitas gañas de que lancen o seguinte... e aínda máis de que chegue esta noite para velos...

VINTAGE TROUBLE "The Bomb Shelter Sessions"
(Vintage Trouble, 2011)



3 agosto: 6ª FESTA DO BIGOTE!!


martes, 22 de julio de 2014

Mérc.30: dj JALEO!!

Mércores 30 de xullo, en pleno Albariño teremos na nosa cabina a dj JALEO!!


Luns 28: Black Grooves!!

O Luns 28 xa comezamos a nosa semana completa de Albariño. 
Esa noite actúan en directo o trío de Paco Charlín na praza de Alfredo Brañas dende as 22:00h., así que xa temos a excusa perfecta para baixar cedo a desfrutar do concerto, e despois montar unha boa sesión da nosa serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! de relax para comezar ben a semana.


Albariño2014: de LUNS a DOMINGO!!!

Xa sabedes que cada ano comezamos as Festas do Albariño un día antes da data oficial en plan chupinazo... pois este ano, aínda nos adiantamos máis. 
Abriremos toda a semana!! de luns a domingo!! e isto é o que temos preparado!!

Luns: Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!
Martes: o chupinanazo.
Mércores: DJ JALEO!
Xoves+Venres+Sábado: RifRocKerZ.djSet
Domingo: 6ª FESTA DO BIGOTE!!


jueves, 17 de julio de 2014

de xoves a sábado

Hoxe é xoves, así que esta noite xa estamos de volta outra vez...


6ª Festa do Bigote!!!

Faltan pouco máis de 15 días para a
6ª Festa do Bigote!! 
Un ano máis, CTK & Rif-Rock presentan outra edición da Festa do Bigote! e con esta xa van 6 edicións oficiais. Por suposto estades todos convidados.
Lembrade: o Domingo do Albariño, o 3 de agosto, despois dos fogos de medianoite. E como podedes ver para este ano contamos cun convidado moi especial para a entrega de premios: Penkito!!

Nos próximos días vos recordaremos as bases do concurso, pero mentres tanto, tedes dúas semanas para que vaiades programando afeitados e pensando disfraces, postizos e demáis complementos. Non faltedes!!


miércoles, 16 de julio de 2014

BREAKIN' BONES o concerto!!

E imos co prato forte do noso 15º Aniversario. 
Para o sábado 12 tiñamos ós BREAKIN' BONES!!

Era a cuarta vez que visitaban o Rif-Rock, e neste 2014 tiñamos moi claro que queríamos o seu show para o noso aniversario, e unha vez máis nos puxeron tóda-las facilidades. Sempre lles damos as gracias por facer un oco na súa axenda para vir ao Rif-Rock, pero desta vez aínda con máis motivos.

E do seu show que vos podemos contar??? 
Pois estivérades ali!! como se di nestas ocasións. 
Dúas horas de puro espectáculo e enerxía, no seu formato acústico, e un repaso polo seu repertorio destes últimos anos en case 30 temas dende clasicazos dos 50, os seus delirantes covers de bandas dos 80 coma Duran Duran, Devo ou The Clash, ou de himnos mod coma o For your Love dos Yardbirds, ademáis dos seus propios temas, dos que ademáis nos adiantaron algunha novidade coma o Tren a Puertourraco coa intro do Informe Semanal e todo!!
E unha vez máis agradecerlles a Santi, Berto e Koko (BB!!) polo seu show, e que nos acompañaran para celebrar o noso aniversario como se merecía. Definitivamente son a miña banda favorita!!

Xa tedes todo o concerto subido na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4 - pt5) ou todo seguido en lista de reproducción:




Breakin' Bones (concerto pt.1)


Breakin' Bones (concerto pt.2)


Breakin' Bones (concerto pt.3)


Breakin' Bones (concerto pt.4)


Breakin' Bones (concerto pt.5)


martes, 15 de julio de 2014

NORTHERN LIGHTS, o concerto

Comezamos co repaso dos concertos do fin de semana do noso 15º Aniversarioapso!!

O Venres 11 foi o turno de NORTHERN LIGHTS. Un dúo que escolleu o Rif-Rock para o seu debut, e nós encantados de acollelos, e aínda máis nunha data tan especial. Pero o seu concerto non só pasará á historia polo seu debut, que tamén, senón por ser a primeira vez que tivemos que facer un concerto con todo pechado, sempre preocupados do volume dos nosos directos para non molestar a nadie, desta vez tivemos que pecharnos dentro para que o barullo que viña de fora non permitira escoitar o noso... increíble!!

A Bruno e Mateo seguro que xa os ceñecíades de outras bandas coma 4 Waves, Turboláser, Los Diblitos ou Stand By, pero desta vez viñeron a presentarnos o seu novo proxecto en común: teclados, guitarra e voces. Northern Lights nos ofreceron un par de versións, o Diamonds from the Inside de Ben Harper, e o I'm Alive de Tommy James & The Shondells en clave Don Fardon, e o resto do seu repertorio composto polos seus propios temas, e que por suposto tiveron que repetir uns cantos nos bises. 
Un comezo de festa estupendo. Se os perdíchedes, non vos preocupedes que seguro que volverán. Nós encantados!!

Xa tedes todo subido na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido en lista de reproducción:


Northern Lights (concerto pt.1)


Northern Lights (concerto pt.2)


Northern Lights (concerto pt.3)


"We Never Learn. The Gunk Punk Undergut"

E aquí outro regalazo que nos chegou polo aniversario para a nosa colección!! 
"We Never Learn. The Gunk Punk Undergut, 1988-2001" é o retrato dun movimento xeneracional, da segunda oleada de revival garagero, aínda que a cousa foi moito máis aló traspasando espacios e estilos. Inspirados nos 50 e nos 60 bandas coma os Thee Mighty Caesars e todo o universo de Billy Childish, Oblivians, The Gories, The Mummies, Devil Dogs, The Makers, ou The New Bomb Turks, dos que foi cantante o autor Eric Davidson, reinventaron a forma de facer todo o que xa estaba inventado, dende o máis básico e sucio, e cun sonido de mínima fidelidade, e aínda que estaban condenados a non conquistar o mundo, nos devolveron a emoción, a diversión e o espectáculo sen ningún tipo de complexo. 
Neste volumen Davidson fai un percorrido por infinidade de bandas, con anécdotas, entrevistas e cheo de material grafico. Ademáis inclúe tarxeta de descarga dunha selección de 20 temas de todo isto... 
Aínda non hai edición en castelán, e posiblemente nunca se traduza, pero nos vo-lo recomendamos igualmente. Regalazo!! gracias Calambres!!!

Eric Davidson "We Never Learn. The Gunk Punk Undergut, 1988-2001"
(Backbeat books, 2010)


Aquí tedes unha entrevista co autor Eric Davidson no 2011:


lunes, 14 de julio de 2014

Tommy Ramone

Tommy Ramone
1949 - 2014



Enorme 15º Aniversario: Gracias!!

Rematou o fin de semana, e non vos podedes imaxinar o contentos que estamos despois destes días do noso 15º Aniversario. Encantados de acoller o debut dos Northern Lights o venres, e con ganas de que volvan, e sen palabras para agradecerlle ós Breakin' Bones o seu show do sábado, un espectáculo insuperable!! A Marinocha, Kurco e Michi Calambres polas súas horas de sesións, e sobre todo a todos por vir a celebralo con nós. GRACIAS A TODOS!! 


viernes, 11 de julio de 2014

15º ANIVERSARIO RIF-ROCK!!

Este fin de semana celebramos o 15º Aniversario do Rif-Rock!!
E aquí tedes o programa especial que vos temos preparado para celebralo.

  Venres 11 Xullo  
NORTHERN LIGHTS
en concerto dende as 23:30h.
+ sesións de KURCO & MARINOCHA!!

  Sábado 12 Xullo   
BREAKIN' BONES
en concerto dende as 23:30h.
+ sesión de MICHI CALAMBRES!!.


jueves, 10 de julio de 2014

hoxe comezamos co horario de verán...

Con tanto preparativo do aniversario xa se nos olvidaba... 
pero hoxe é véspera de festivo, así que xa toca comezar co horario de verán: 
en Xullo e Agosto, Rif-Rock de Xoves a Sábado!! dende as 23:00h. 
E xa miraremos máis adiante se hai que ampliar dias...


as chapas do 15º Aniversario!!

E como cada ano as chapas do aniversario!! 
E unha vez máis ATDP segue a surtirnos do merchandising oficial.
Con esto creo que xa temos todo preparado!!!


miércoles, 9 de julio de 2014

Breakin' Bones!!


E o Sábado 12 pecharemos o noso 15º Aniversario co espectacular directo dos BREAKIN' BONES!! A mellor banda de psychobilly do pais. Seguro que xa os coñecedes, pero por se acaso podedes buscar os seus anteriores concertos no Rif-Rock neste blog, pero por se acaso a continuación vos deixamos o último... E despois, dende a nosa cabina sesión de Michi Calambres!! Unha noite insuperable!!


Northern Lights!!


Xa temos todo listo para o noso 15º Aniversario!! O Venres 11 será o turno para o dúo NORTHERN LIGHTS!! Bruno e Mateo, que coñeceredes de bandas coma 4 Waves, Turbolaser, Los Diablitos ou Stand By, nos presentarán este novo proxecto en directo. Non vos perdades a súa estrea mundial! 
E despois sesións dos máis habituais da nosa cabina: Kurco e Marinocha!!. 
Non sei que máis se lle pode pedir a un venres...


Mérc.30: JALEO!!

Seguimos preparando máis datas do verán... 
Mércores 30 de xullo, en pleno Albariño teremos na nosa cabina a dj JALEO!! 

The Woggles "The Big Beat"

Aínda estes días nos fixemos co último traballo dos Woggles, unha das nosas bandas favoritas, e sen dúbida das maís divertidas e polivalentes do garage norteamericano. "The Big Beat" xa foi editado en marzo do ano pasado, pero por varias cousas se nos foi pasando... e ata a semana pasada que nos fixemos con el. Son 12 temas que inclúen os seus tres singles publicados xa no 2012, os 7'' de 'Nothing's gonna Stop Me' e 'Move' e o single dixital 'Take it to the People', e logo 9 temas novos, que manteñen ese pouso británico e a rítmica tan característica marca da casa que os fai tan diferentes. Pura festa!!

THE WOGGLES "The Big Beat"
(Wicked Cool Recs., 2013)



martes, 8 de julio de 2014

Curtis Harding "Soul Power"

Discazo que nos recomenda Michi Calambres!!
O debut en solitario de Curtis Harding "Soul Power", un álbum de r'n'b e soul publicado por Burger Records. Nos seus antecedentes atoparedes moito gospel, ou máis recentes como incorporación como corista dos CeeLo-Green, e membro da banda de garagesoul Night Sun xunto con Cole Alexander dos Black Lips. E a todo iso sona este Soul Power, dende impecable rhythm'n'blues vintage, ata pezas de delicioso soul, e algo tamén de lo-fi que se ve que lle tira bastante. Seguro que este Curtis vai a dar moito que falar...

CURTIS HARDING "Soul Power"
(Burger Records, 2014)



lunes, 7 de julio de 2014

Miles Davis "Take Off: The complete Blue Note albums"

Neste 2014 o mítico selo Blue Note está a celebrar o seu 75º aniversario, e ó longo de todo o ano está lanzando numerosas reedicións de material. Unha das que máis nos chamou a atención últimamente é esta compilación de Miles Davis: "Take Off: The complete Blue Note albums", que compila aqueles volumes que Davis grabou para Blue Note. 
Son sesións gravadas entre 1952 e 1954 que logo a discográfica foi publicando lentamente en series de 10'', e logo xuntou en 1956 en tres Lps que levaban por nome sinxelamenete "Miles Davis volume 1", "Volume 2" e "Volume 3", cando Miles Davis xa non pertencía á compañía. Todas esas grabacións xa foran reeditadas noutras ocasións, pero aquí recuperan a súa secuencia orixinal. Recomendado!!

MILES DAVIS "Take Off: The complete Blue Note albums"
(Blue Note, 2014)



aniversarios dende o 2004 ata o 2013

Aquí tedes tódo-los posters dos nosos aniversarios dende o 5º, alá polo 2004.


domingo, 6 de julio de 2014

o próximo fin de semana... 15º Aniversario!!

Esta semana cumprimos 15 anos!! e o celebraremos por todo o alto o próximo fin de semana. Aquí tedes todo o que temos preparado:

  Venres 11 Xullo   
NORTHERN LIGHTS
en concerto dende as 23:30h.
+ sesións de KURCO & MARINOCHA!!

  Sábado 12 Xullo  
BREAKIN' BONES
en concerto dende as 23:30h.
+ sesión de MICHI CALAMBRES!!.


A comezos de xullo do 2014 o Rif-Rock cumpre 15 anos, dende aquel 1999 que abrimo-las nosas portas. Para celebralo con todos vós, esto é o que vos temos preparado, todo concentrado nun mesmo fin de semana, o Venres 11 e o Sábado 12 de Xullo, coma sempre con varias propostas de música en directo e as súas correspondentes sesións.

15º ANIVERSARIO do RIF-ROCK!!
O Venres 11 vos presentamos en directo ós NORTHERN LIGHTS. Unha nova banda surxida da banda de surf 4 Waves, cunha nova proposta, cun formato de dúo acústico, e que se lanzan a facer os seus propios temas. Non vos perdades a súa estrea mundial.
E despois co concerto teremos ós dous máis habituais na nosa cabina: Marinocha & Kurco SoundSystem!! Non sei que máis lle podedes pedir a un venres!!

E o Sábado 12, noite por todo o alto, coa mellor banda de psychobilly do pais. Volven ós BREAKIN' BONES ó Rif-Rock!! Para nós é todo un luxo que unha das nosas bandas favoritas estén nesta data tan sinalada. Si xa os coñecedes repetides seguro, e se vos falaron do seu show, seguro que non vo-lo perdedes. 
Para redondear a noite o noso gurú Michi Calambres tomará os mandos da nosa cabina, para outra das súas espectaculares sesións. 
Promete ser un fin de semana bestial!!

sábado, 5 de julio de 2014

viernes, 4 de julio de 2014

AVISO!! para esta noite

AVISO IMPORTANTE!! 

Esta noite NON abrimos o Rif-Rock por uns pequenos problemas de axenda 
(os mesmos de hai un par de semanas). 
Pero mañán Sábado XA ESTAMOS DE VOLTA con total normalidade!!

*Disculpen as molestias
prometemos que non volverá a ocurrir...


Kid Congo & The Pink Monkey Birds "Dracula Boots"

A comezos do mes pasado vos recomendamos o último traballo de Kid Congo & The Pink Monkey Birds "Haunted Head" con eso de que estaba de xira pola península ibérica, pero xa vos comentamos pola nosa fascinación hacia outro dos seus traballos: "Dracula Boots" do 2009. 
Foi o segundo lp de Kid Congo Powers con esta formación, logo de The Cramps, Gun Club e os Bad Seeds de Nick Cave. E despois destas semanas volvendo a escoitalo sego convencido de estar ante un discazo. O recomendamos hoxe por que nas últimas semanas o estivemos pinchando case a diario, e bastantes se acercaron a preguntar, interesados por ese rollo garage alucinado, moi instrumental, de factura aparentemente tan sinxela, de rítmica vudú, e rollo funktastic, coma se fora a banda sonora dun filme que varios afirmaban ter visto (!!!!). Hipnotizados con 'LSCD', 'I found a peanut', 'Rare as Yeti', ou o versión do 'Funky Fly' de Bo Diddley. 
Por se algún aínda non tomara nota... recomendado!!

KID CONGO & THE PINK MONKEY BIRDS "Dracula Boots"
(In the Red, 2009)



miércoles, 2 de julio de 2014

Hoxe cumprimos 15 anos!!!

Hoxe o Rif-Rock cumpre 15 anos!!
Dende aquel 2 de xullo de 1999 que abrimos as nosas portas para ofrecer a todos un espazo no que compartir unha música diferente ao que se ofrecía naquel momento na nosa vila. 
15 anos nos que pasaron unha ducia de persoas que traballaron con nós para facer máis grande ó local, ademáis de outros moitos que sempre colaboraron desinteresadamente para facer viables moitas das nosas actividades. 
15 anos que nos deron para acoller case un cento de concertos, de veteranos e profesionais que facían un oco para o noso local polo mero pracer de tocar alí, tamén para novas bandas da nosa vila que non tiñan donde tocar, pero sobre todo para os nosos amigos e habituais do Rif-Rock que sempre estan dispostos a facer algo así como ensaios con público que dan forma a todas esas bandas efímeras marca da casa. Xa sabedes todos quenes son, e nunca lles estaremos suficientemente agradecidos. 
15 anos nos que tivemos tempo de colaborar estreitamente con entidades e asociacións para organizar festivais, de música, de arte, exposicións, audiovisuais, torneos de baloncesto, para publicar durante anos un fanzine estupendo e colaborar en pequenas edicións de amigos. Tamén nos encargamos de producir e editar unhas cantas maquetas de novos valores da nosa vila, algún que outro evento delirante... e xa nin levamos a conta de toda a xente que pasou pola nosa cabina calqueira noite para compartir as súas seleccións musicais.
Non podemos enumerar a tóda-las persoas ás que tanto lles debemos nestes 15 anos por facelos posibles, pero todos sabedes quénes sodes, Gracias!! e gracias tamén ós que acudides, uns cada semana, e outros sinxelamente cando podedes ou cando vos peta, para seguir mantendo o mesmo espíritu co que comezamos.

E así ata hoxe, que cumprimos 15 anos, e aquí seguimos!!! así que a parrafada anterior está máis que xustificada, porque 15 anos nos se cumpren tódo-los días!!! Pero non o celebraremos ata a próxima semana. 
Será o Venres 11 e o Sábado 12 de xullo. Non vo-lo perdades!!

Para ver o programa completo do 15º Aniversario visita esta entrada.


martes, 1 de julio de 2014

James Williamson & Lisa Kekaula 'I Got a Right'

Un dos novos temos que máis levo escoitado nestes últimos días é esta versión dos míticos The Stooges, 'I got a Right' que acaban de publicar esta semana James Williamson e Lisa Kekaula
A esta última supoño que xa todos a coñecedes, sobre todo coma vocalista dos BellRays, e máis recentemente de Lisa & The Lips. A Williamson tamén pero igual o nome non vos sexa tan familiar, foi guitarrista dos propios Stooges cada vez que había cambios de formación, e estable dende a grabación do Raw Power e os seus últimos singles ata a disolución da banda. Logo acompañou a Iggy Pop nos comezos da súa carreira como solista, e co paso dos anos segue a ser habitual nas súas xiras e reunións... 
Agora propúxose facer a súa propia revisión de moitos temas dos Stooges, nun álbum que leva por título "Re-Licked", e para o que se acompañou de outros grandes que foron itinerantes nos Stooges, como Mike Watt (dos Minutemen, e incorporado á última formación dos resucitados Stooges), Steve Mackay (saxo da banda para o album "Fun House"), e o baterista Toby Dammit; e para as voces con nomes coma Jello Biafra, Mark Lanegan, Bobby Gillespie, Alison Mosshart, Ariel Pink, Mario Cuomo e Carolyn Wonderland. O álbum sairá no outono, e este 7'' con Lisa Kekaula é só un adianto para facernos as ganas...

JAMES WILLIAMSON & LISA KEKAULA "I Got a Right / Heavy Liquid"
(Insound, 2014)