Un dos novos temos que máis levo escoitado nestes últimos días é esta versión dos míticos The Stooges, 'I got a Right' que acaban de publicar esta semana James Williamson e Lisa Kekaula.
A esta última supoño que xa todos a coñecedes, sobre todo coma vocalista dos BellRays, e máis recentemente de Lisa & The Lips. A Williamson tamén pero igual o nome non vos sexa tan familiar, foi guitarrista dos propios Stooges cada vez que había cambios de formación, e estable dende a grabación do Raw Power e os seus últimos singles ata a disolución da banda. Logo acompañou a Iggy Pop nos comezos da súa carreira como solista, e co paso dos anos segue a ser habitual nas súas xiras e reunións...
Agora propúxose facer a súa propia revisión de moitos temas dos Stooges, nun álbum que leva por título "Re-Licked", e para o que se acompañou de outros grandes que foron itinerantes nos Stooges, como Mike Watt (dos Minutemen, e incorporado á última formación dos resucitados Stooges), Steve Mackay (saxo da banda para o album "Fun House"), e o baterista Toby Dammit; e para as voces con nomes coma Jello Biafra, Mark Lanegan, Bobby Gillespie, Alison Mosshart, Ariel Pink, Mario Cuomo e Carolyn Wonderland. O álbum sairá no outono, e este 7'' con Lisa Kekaula é só un adianto para facernos as ganas...
JAMES WILLIAMSON & LISA KEKAULA "I Got a Right / Heavy Liquid"
(Insound, 2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario