miércoles, 31 de diciembre de 2014

Fin de Ano no Rif-rock: JALEO + CUATRO FOTOS!!

FELIZ ANO A TODOS!!
Que o 2015 vos sexa moito mellor que todos estos que deixamos atrás.

E si queredes, esta noite no Rif-Rock: JALEO + CUATRO FOTOS
Non atoparedes un plan mellor para comezar o ano. Non vo-lo perdades.


lunes, 29 de diciembre de 2014

THE SHARKNADOOS, o concerto.

O Sábado 20 arrancábamos a programación conxunta do NADAL SOUL entre o Rif-Rock e o Continental. A primeira cita no Rif-Rock co concerto acústico de THE SHARKNADOOS seguido da sesión de Michi Calambres dende a cabina.

Era o terceiro directo dos Sharknadoos no Rif-Rock, e a súa primeira ocasión como cuarteto, voz, guitarra, baixo e a incorporación de Jesus Caremés na percusión.

Foron 14 temas con versións de pezas de soul de Bill Withers, Aretha Franklin, Nina Simone, Ray Charles, Marlena Shaw ou Gloria Jones, e temas de blues e rock de Canned Heat, The Who, Janis Joplin, Led Zeppelin, Creedence... unha noite estupenda.

Gracias á banda, a Calambres polla sesión e a Super Bock (Cobesa) pola colaboración do evento, e por suposto a todos por vir.

Do concerto desta semana no Continental de Nacho Perez y Los Chacales non temos videos polo momento, pero algún aparecerá. 
E o próximo ano máis Nadal Soul!!

Xa tedes o concerto completo dos Sharknadoos subido, repartido nas anteriores entradas en tres partes (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido en lista de reproducción:




sábado, 27 de diciembre de 2014

descarga sesión de Calambres

Aquí tedes a unha parte da sesión de Michi Calambres do sábado da semana pasada, na primeira noite do Nadal Soul despois do concerto. Pero eso sí, non busquedes soul, funk ou similares, nin o tentedes. Foi unha sesión anti-NadalSoul. Metédelle volume!

Michi Calambres "anti-Nadal Soul!"
(sesión Rif-Rock 20 decembro 2014)


viernes, 26 de diciembre de 2014

jueves, 25 de diciembre de 2014

Sáb.10 xaneiro: SINGLES2014

E outra tradición de cada ano, a do repaso anual de Munstaphá e Kurco.
Os mellores álbumes, temas e bandas en Singles2014. 
Será o sábado 10 de xaneiro.


Sáb.3 xaneiro: Marinocha Vs Jomitallas

Xa vos podemos ir adiantando as primeiras sesións do 2015.
A primeira de cada ano, coma sempre a cargo de Marinocha, e coma nos vellos tempos acompañada de Jomitallas. O clube imposible do pop de novo en plan road movie de Russ Meyer na nosa cabina, desta vez tiran por Faster Pussycat, Kill Kill!!. Será o Sábado 3 de xaneiro. Marinocha Vs Jomitallas!! Über Alles!!


miércoles, 24 de diciembre de 2014

Bo Nadal!!

Bo Nadal RifRocKerZ!!!
Que pasedes unhas boas festas na mellor compañía!
e se ademáis queredes, abrimos o Rif-Rock dende a medianoite.



The Sonics "Don't Believe in Christmas"

Case tódo-los anos vos recomendamos algún tema dos Sonics por estas datas, a maioría das veces 'The Village Idiot', pero este ano con máis razón. 
Nova reedición do 7'' do "Don't believe in Christmas / Santa Claus" dos Sonics.
No Nadal de 1965 Etiquette Records publicou varios splits compartidos entre algunhas bandas de Tacoma (Washington), The Sonics, os Fabulous Wailers e The Galaxies que aportaban temas de temática navideña. O máis famoso foi o que compartiron os Sonics co seu 'Don't believe in Christmas' e o 'Chirstmas Spirit' dos Wailers. Anos despois Norton Records recuperou estas grabacións incluíndoas na súa reedición do "Here are The Sonics", e no 1997 lanzaron este 7'' cos dous temas daqueles temas de Nadal. 
Agora, outra vez dispoñible.



martes, 23 de diciembre de 2014

Lixo Urbano 2014

O pasado 22 de novembro, Lixo Urbano celebraba en Compostela o seu 20 aniversario, cunha completa xornada de concertos, djs, exposicións... e ademáis presentaban unha nova compilación en cd. 
Agora xa no seu bandcamp e de balde para tódo-los que non asistiron, con temas de Curtinaitis, Samesugas, Familia Caamagno, Os Novos e The Brosas.

7'' de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE, últimas unidades!!

ATENCIÓN!!! Acabamos de facernos cunha pequena remesa de vinilos do "Out of my Mind" de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE!! 
O mellor regalo para este nadal, un 7'' a 33rpm con catro temazos da vosa banda favorita!! Non teredes moitas máis oportunidades de facervos con esta xoia.
Dende mañá á venta no Rif-Rock, preguntade no local.


lunes, 22 de diciembre de 2014

Fin de Ano: JALEO + CUATRO FOTOS

Aínda queda moita celebración por diante, pero aproveitamos para lembrarvos a festaza que vos temos preparada para FIN DE ANO: JALEO + CUATRO FOTOS!! 
Non atoparedes un plan mellor!


Black Grooves, sesión Curtis Mayfield

O próximo fin de semana seguimos co Nadal SoulCon dúas sesións e o concerto final. No Continental o venres 26 sesión de El Gran Íñigo, e o sábado Nacho Pérez y Los Chacales, en concerto dende as 00:30h.
No Rif-Rock rematamos xa o venres 26 cunha entrega especial da serie Black Grooves adicada a Curtis Mayfield polo 15 aniversario do seu pasamento.
Non vo-lo perdades!!


Sharknadoos

Fantásticos The Sharknadoos o sábado!!
Gracias a todos por vir, a Calambres pola festaza de despois, e a Super Bock polo soporte. Nos próximos días algunha foto e os videos.
Gran arranque do Nadal Soul!! o próximo fin de semana máis.


viernes, 19 de diciembre de 2014

NADAL SOUL: The Sharknadoos + Calambres

Mañá arrancamos co NADAL SOUL!!
Nesta primeira entrega no Rif-Rock:
THE SHARKNADOOS en concerto
+ sesión de Michi CALAMBRES!!
(Sábado 20 dec., todo dende a media noite)
Non vo-lo perdades!!


Nadal Soul: The Sharknadoos!

Imos quentando motores para o Nadal Soul que comeza este sábado.
Non vos perdades a The Sharknadoos no Rif-Rock, este sábado a eso da medianoite. Aquí tedes uns temas do seu último concerto no mes de xuño:


jueves, 18 de diciembre de 2014

Nadal Soul & Super Bock

Este sábado arrancamos co NADAL SOUL!! 
Rif-Rock & Continental coa colaboración de Super Bock.


Tony Allen "Film of Life"

E agora xa con outro disco actual. Sobre Tony Allen xa temos escrito moito neste blog, sobre todo en artigos sobre Fela Kuti, e introducindo sesións de afrobeat e música africana, pero pouco vos temos recomendado dos seus últimos traballos. Tony Allen é un dos máis grandes e recoñecidos bateristas de tódo-los tempos, e con máis de 70 anos segue producindo a un ritmo envexable, tanto como frontman, como acompañando nos últimos anos a Charlotte Gaingsbourg, Jimi Tenor e sobre todo a Damon Albarn.
Neste último "Film of Life" fai algo así como unha adaptación do afrobeat ós novos tempos, influenciado polas súas últimas colaboracións, e moitos deles participan neste álbum. Abre con dous temas que canta el mesmo, en 'Movin On' por debaixo dos coros, contando a súa vida e dando gracias por todos etos anos, os cambios funk de 'Ewa', pero sobre todo me quedo con 'African Man' un estándar de afrobeat hipnótico. Xa lle gustaría a moitos facer discos así despois dos 70.

TONY ALLEN "Film of Life"
(Jazz Village, 2014)



Demon's Claws "The Defrosting of the..."

E si o martes vos recomendabamos algo de hai un par de anos, xa vos podemos adiantar que atopamos outra caixa parecida á que deu lugar ás sesións da Vinganza de Charles Bronson, aínda non nos decidimos polo nome, pero xa caerán no 2015, así que preparádevos... xunto co anterior dos Mighty Gordinis xa tedes un par de pistas. 
De primeiro, os canadianos Demons' Claws, que non sabemos se siguen en activo ou non, pero este foi o último dos seus álbumes que conseguimos e segue e se-la súa última referencia. Compañeiros habituais de King Khan e BBQ, todos veciños de Montreal, pero tamén dos Black Lips, aínda que o seu lo-fi garagero se achega máis á liña de Thee Oh Sees para que vos fagades unha idea. Este "The Desfosting of..." non é que sexa mellor que os anteriores, pero é o que máis se axusta ó anterior.

DEMON'S CLAWS "The Defrosting of the Demon's Claws"
(In the Red Recordings, 2010)



The Mighty Gordinis "The Future Looks like Yesterday"

Os habituais do local seguro que xa vos sonan moitos destes temas que levamos varias semanas pinchando cada noite. Son os belgas The Mighty Gordinis, tanto co "For Bosomaniacs only" (2002) como este "The Future Looks like yesterday" do 2007. Destas maravillas que aparecen cando se nos da por abrir unha caixa desas que levan esquecidas dende a última mudanza, así que na seguinte entrada xa vos damos máis pistas.
Se nos seus primeiros álbumes tiñan moito máis marcada a base surf, nos últimos traballos coma este caso xa abordan máis descaradamente o garage máis potente con moita base de riffs contundentes dos 70. Doce trallazos, un tras doutro par aque vos movades un pouco...

THE MIGHTY GORDINIS "The Future Looks Like Yesterday"
(Shake My Iguana Records, 2007)



miércoles, 17 de diciembre de 2014

The Simpsons! 25 anos

Sinxelamente, uns dos culpables da nosa boa educación. Dende que comezara en La2 de TVE, ata o día de hoxe, que os Simpsons cumpren 25 anos.
Costou bastante escoller algo para compartir, pero sen dúbida nos quedamos con dúas cabeceiras: a que fixo Banksy en 2010, e a do ano pasado de Guillermo del Toro para o "Treehouse of Horror XXIV", pero seguro que vós tedes outras...

Nadal Soul. Faltan 3 días



descarga sesión de Kurco

E aquí tedes sobre tres cuartos de hora que nos deixou Kurco SoundSystem da súa sesión deste sábado pasado, preparados para desfilar? metédelle volume...

KURCO "darth" SoundSystem
(sesión Rif-Rock 13 dec.2014)



martes, 16 de diciembre de 2014

Hellshovel "Hated by the sun"

Mentres nos seguen a chegar máis novidades, xa imos dedicando cada vez máis os ratos libres máis a revisar os discos do 2014 para ir escollendo a nosa lista dos mellores do ano. Pero nesta últimas semanas sempre se nos cola polo medio un álbum do 2012 que non podemos deixar de escoitar, seguramente polas gañas que temos de que veña a seguinte entrega. É o lp de debut de Hellshovel "Hated by the Sun" e caímos na conta que aínda non vo-lo recomendaramos no blog. Puro freakbeat do s.XXI, garage, lo-fi, de melodías case perfectas e producción impecable, e con Bloodshot Bill na batería. Unha marabilla.

HELLSHOVEL "Hated by the Sun"
(Slovenly, 2012)




Robert Wyatt "Different Every Time"

Esta semana xubílase un dos grandes, e o fai pola porta grande, aínda que con esta xente nunca se sabe se acaban de irse algunha vez ou volveran nun refritos de sí mesmos máis adiante. Pero oficialmente Robert Wyatt anuncia que o deixa ós seus 69 anos. E para celebralo se despide por todo o alto, con un bó recopilatorio e coa súa primeira biografía autorizada das que se teñen publicado sobre este excéntrico personaxe.

Pioneiro do rock progresivo, primeiro como baterista e cantante dos Soft Machine, xunto con Kevin Ayers, logo xunto cos Matching Mole, e ata hoxe en solitario como cantante e teclista, pero sempre rodeado de grandes colaboradores.

Para a súa despedida lanza "Different Every Time" libro e disco, por separado. O libro é a primeira biografía autorizada sobre a súa figura, obra do xornalista Marcus O'Dair, no que repasa a fondo toda a súa vida e carreira, dende as súas peripecias xunto cos Pink Floyd, as xiras con Hendrix, o seu primeiro proxecto con Ayers (os seminais The Wylde Flowers), o accidente que lle impediu volver a toca-la batería e como se reinventou como compositor, de como outros músicos sempre se preocuparon en resucitalo, das súas estancias en Mallorca, das súas ausencias durante anos, da súa militancia no Partido Comunista, e da súa outra gran paixón, a pintura.

E o álbum "Differente Every Time" é un amplo recopilatorio, divididos en dúas partes. A primeira leva por título "Ex-Machina" é un recopilatorio ó uso, con 13 das súas grandes composicións, curisoamente só unha cos Soft Machine (a xigantesca 'Moon in June' cos seus 20 minutazos), dúas cos Matching Mole, e o resto da súa época posterior. A segunda chámase "Bening Dictatorships" e reúne 17 temas perdidos por caras b, rarezas, covers e sobre todo en forma de colaboracións, xunto con Björk, John Cage, Hot Chip, Phil Manzanera ou Epic Soundtracks entre outros.
Podedes atopar un repaso de todo na súa web.

ROBERT WYATT "Different Every Time"
(Domino, 2014)



domingo, 14 de diciembre de 2014

Nadal Soul!

O próximo sábado arrancamos có Nadal Soul!!
Non vo-lo perdades!!


expo "Paisaxes Eléctricas" de Fernando Arenaz

O pasado venres inaugurouse a exposición "Paisaxes Eléctricas" de Fernando Arenaz, no Pazo de Torrado. Tedes ata finais de xaneiro para pasarvos. Recomendada.
Tedes unha boa introducción nesta nova de La Voz de Galicia do venres.


viernes, 12 de diciembre de 2014

este sábado KURCO SoundSystem


Hüsker Dü "Amusement"

Estamos que botamos por fora de contentos por que nos fixemos cunha copia do estupendo EP dos Hüsker Dü "Amusement" que editaron para o Record Store Day 2013. Un dobre 7'' que inclúe os dous temas do seu primeiro 7'' 'Statues', co mesmo tema e 'Amusement', e completan o paquete con dous temas gravados na mesma época 'Writer's Cramp' e 'Let's Go Die' no segundo 7'', pero que foron publicados como material extra en reedicións posteriores dos seus álbumes. Todo remasterizado nesta edición estupenda de Numero Records.

HÜSKER DÜ "Amusement"
(Numero Records, 2013)



The Len Price 3 "Nobody Knows"

E aínda vos recomendamos un par de álbumes máis esta semana. Mentres imos facendo repaso dos álbumes do 2014 volvemos a prestarlle atanción a algúns que deixamos ahí esquecidos. 
Este "Nobody Knows" dos británicos The Len Price 3 saiu xa en febreiro, e no medio da avalancha de lanzamentos de comezos de ano e repaso de outros do ano anterior, ahí se nos quedou nun caixón. Tampouco é que sexa un imprescindible que vos vaia a mudar a vida, pero estes tipos fan un power pop de factura impecable, moi beat, pezas de garage, e de revival da segunda era mod, na liña dos Jam, ou dos posteriores The Prisoners. Nada novo, pero o escoitaredes dunha tirada, e seguro que quedades con gañas de máis.

THE LEN PRICE 3 "Nobody Knows"
(JLM Recordings, 2014)



jueves, 11 de diciembre de 2014

"Lúas de Outubro e Agosto" de Guadi Galego á venda

Dende mañá mesmo atoparedes exemplares do novo álbum de Guadi Galego á venda no Rif-Rock "Lúas de outubro e agosto". Veña que voan!!!



Isi Vaamonde no Continental

Unha recomendación para este sábado (13 dec.) 
Isi Vaamonde volve ó Café Continental, para presentar en directo algúns dos seus novos temas. Acompañado por Nacho Pérez á guitarra. 
A partir da medianoite.


descarga sesión de Marinocha

Aquí tedes a última sesión de Marinocha. Unha pequena parte da súa sesión do 29 de novembro, 10 temas sen concesións, metédelle volume. Über Alles!

Marinocha Über Alles
(sesión Rif-Rock 29 nov.2014)
faite coa sesión Marinocha Über Alles aquí.



miércoles, 10 de diciembre de 2014

NADAL SOUL!! o programa completo

Aquí tedes o programa completo do NADAL SOUL que organizamos entre o Café CONTINENTAL e o RIF-ROCK neste Nadal en Cambados.
Unha programación conxunta entre os días 20 e 27 de decembro, con un par de concertos e unhas cantas sesións adicadas á música negra, repartido en tres días. 
Por suposto con entrada libre. e coa colaboración de SUPER BOCK
Aquí tedes as datas:

  Sábado 20 dec. no RIF-ROCK:  
en concerto dende a media noite
THE SHARKNADOOS 
e despois sesión a cargo de MICHI CALAMBRES!!

  Venres 26 dec. (sesións)  
Café Continental: sesión de EL GRAN ÍÑIGO (soul-funk-R'n'B)
Rif-Rock: sesión BLACK GROOVES adicada a Curtis Mayfield

  Sábado 27 dec. no CONTINENTAL:  
en concerto dende as 00:30h.
NACHO PÉREZ Y LOS CHACHALES 

Non vo-lo perdades!!


martes, 9 de diciembre de 2014

Graham Day & The Gaolers "Triple Distilled"

E sen alonxarnos moito do universo de Billy Childish, imos con outro discazo polo que nos preguntaron a noite do venres mentres soaba.
O "Triple Distilled" de Graham Day & The Gaolers, un discazo dun deses grandes do revival garagero británico das últimas décadas. Fundador e vocalista dos míticos The Prisoners, logo colaborador de Billy Childish en Thee Mighty Caesars e The Buff Medways, e logo nos Prime Movers, The Solarflares, e máis recentemente como Graham Day xunto con The Forefathers ou con The Gaolers, un currículo ó alcance de moi poucos. Un dos seus últimos lps é este "Triple Distilled" do 2008, xunto con The Gaolers. 13 temazos de factura impecable marca da casa, garage pych potente, e saber facer doutras eras mod... 'Begging You' e 'Wanna Smoke' imprescindibles!!

GRAHAM DAY & THE GAOLERS "Triple Distilled"
(Damaged Goods, 2008)



Wild Billy Childish & CTMF "Acorn Man"

Non podía rematar o ano sen novos traballo do gurú Billy Childish. Ademáis por partida doble. Nas próximas semanas co lanzamento do se último lp xunto con The Spartan Dreggs, e a semana pasada con este fantástico "Acorn Man" xunto cos catro de Chatham The C.T.M.F., ademáis de un bo puñado de 7'' que acompañan a cada un dos lps. Polo momento vos recomendamos este "Acorn Man" que o devolve ó seu són do 77, tribal, primitivo i espontáneo, stuckismo puro!!

WILD BILLY CHILDISH & THE C.T.M.F. "Acorn Man"
(Squoodge Records/Damage Goods, 2014)



Nadal Soul & Super Bock

O mércores publicaremos todo o cartel do Nadal Soul, entre o Continental e o Rif-Rock. Polo momento, como adianto, a colaboración de Super Bock!


domingo, 7 de diciembre de 2014

día de descanso

 AVISO!! 


Logo de pensalo dende onte, finalmente decidimos que era mellor coller esta noite libre, así que non abriremos, e vos quedades sen a Monkey Sessión que tiñamos preparada, pero queda para outra ocasión, que tiña boa pinta eh?
Disculpen as molestias.
Xa faremos esta sesión outro día calquera.


sábado, 6 de diciembre de 2014

o domingo... Monkey Session!!


programación decembro 2014

Aquí tedes ordenado todo o que temos para este mes de decembro:
· Domingo 8 dec: Monkey Session
· Sábado 13 dec: KURCO SoundSystem
· Sábado 20 dec: THE SHARKNADOOS en concerto [Nadal Soul]
                          + sesión de Michi CALAMBRES!!
· Venres 26 dec: Fuck'U whiteys... Black Grooves! 
                          Sesión especial de homenaxe a Curtis Mayfield [Nadal Soul]
· Mércores 31 dec: Festa de Fin de Ano: dj JALEO + CUATRO FOTOS!!

e xa no 2015...
· Sábado 3 xan: MARINOCHA Über Alles
· Sábado 10 xan: SINGLE2014 (Kurco VS Munstpha repasando o 2014)



viernes, 5 de diciembre de 2014

Nadal Soul!

A comezos de semana vos desvelaremos todo o programa!!
Seguide a etiquta NadalSoul.


Fin de Ano 2014: dj JALEO + CUATRO FOTOS!!

Levamos varias semanas escaqueándonos ante tanta pregunta de qué imos facer para Fin de Ano. Tra-lo éxito do ano pasado de JALEO + CUATRO FOTOS, tentamos facernos os interesantes desviando as cuestións, que si era moi cedo, que aínda non sabiamos, que habería sorpresa... 
Pero se todos queredes repetir... Nós tamén!! estades avisados!!


26 dec: Black Grooves! Curtis Mayfield

O 26 de xaneiro de 1999 falecía o enorme Curtis Mayfield, aquel nadal fixemos no Rif-Rock a nosa primeira sesión adicada á música negra centrados na carreira de Curtis. 15 anos despois lle adicaremos outra sesión intermitente, noutra entrega da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves dentro do noso programa do Nadal Soul.


jueves, 4 de diciembre de 2014

King Khan & The Gris Gris "Murder Burgers"

E outro máis de King Khan!!, onte mesmo publicouse un dos álbumes ós que máis ganas lle tiñamos. O xenial King Khan deixa aparcados momentaneamente ós seus Sensational Shrines para trasladarse a California e grava-lo seu novo álbum xunto cos psychodélicos Gris Gris. Os avances que escoitáramos nos fixeron a boca auga, e onte mesmo lanzaron este "Murder Burgers", 10 temas dos anteriores álbumes, 7'' e splits reinterpretados xunto cos Gris Gris, no que os temas acelerados se volven pausados, e os medios tempos en auténticos cañonazos!! e moitos deles estarán soando moito tempo na nosa cabina, aínda temos que darlle moitas voltas máis, pero xa con 'Born in 77', os cambios de 'Run Doggy Run' ou a perfecta 'It's a lie' xa estamos máis que contentos. Discazo!!

KING KHAN & THE GRIS GRIS "Murder Burgers"
(Khannibalism, 2014)



King Khan Experience "Turkey Ride"

Hai semana e media saía unha desas marabillas para completistas ás que nos acostuma o King Khan, chámase "Turkey Ride" e reúne 13 temas dos últimos anos, perdidos por 7'', splits compartidos e aparicións e recopilatorios varios, a maioría gravados en sesións de estudio en Francia e Alemania. Solo pola versión de 'La Resposable' de Jacques Dutronc con sitar paga a pena facerse con el, pero ademáis atopamos pezas con diferentes mesturas das publicadas en álbumes anteriores.

THE KING KHAN EXPERIENCE "Turkey Ride"
(Khannibalism, 2014)



documental dos Fleshtones: "Pardon us for living but the graveyard is full"


Perdón por seguir vivos, pero o cemiterio está cheo, ese é o título do documental que repasa a vida e obra da banda The Fleshtones. Hay un par de semanas que a lanzaron online, pero nós aínda nos enteramos hoxe. 
Dirixido e realizado por Geoffray Barbier repasa os 30 anos de vida dunha das mellores bandas de rock de tódo-los tempos. 
Foi estreada xa no 2009 pero non se comercializou ata agora. 
Dispoñible para mercar ou alugar online dende vimeo [ver web]
Aquí tedes o trailer:


Puma Pumku "Is it in you?"

Xa había tempo que non vos recomendábamos ningún álbum desta nosa GZ Canibal. Pois xa tocaba. A semana pasada estreouse o lp de debut dos compostelanos Puma Pumku, primero a través da web da revista Rockdelux, e agora xa o tedes dispoñible no seu bandcamp para botarlle unha escoita.
Chámase "Is it in you?" e ven sendo unha continuidade perfecta do seu ep do ano pasado, do que inclúen tres dos seus catro temas neste Lp (deixan fora 'Outer Space is in us all') e engaden o tema '...In Time' no vinilo, que non atoparedes na edición dixital. Só con que lle metades unha escoita ó seis minutos de 'Twilight on the Mind' xa queredes facervos con el. Veña que voan... [ver na web de Matapadre].

PUMA PUMKU "Is it in you?"
(Matapadre, 2014)



unhas pistas...

Xa temos case toda a programación de decembro lista, e algunha cousas xa para xaneiro do 2015. Algunhas xa volas adiantamos onte, pero ata telo todo pechado teredes que esperar un par de dias: máis sesións, o Nadal Soul en colaboración entre o Rif-Rock e o Café Continental, e ata xa temos lista a festa de fin de ano, ahí vai unha pequena pista...