O fin de semana pasado cumpríanse 40 anos do álbum de debut dos Damned.
Habitualmente son lembrados por se-la primeira banda británica de punk en lanzar un single ("New Rose b/w Help" en outubro do 76) e os primeiros en publicar un LP do movimento, este "Damned, Damned Damned", naquela carreira cos Sex Pistols, The Clash ou Buzzcocks por se-los primeiros en dar o pelotazo, e case sempre se olvidan d e todo o que había dentro do álbum.
"Damned, Damned, Damned" lanzouse o 18 de febreiro de 1977, coa producción de Nick Lowe. O álbum abría co cañonazo 'Neat Neat Neat', a socarrona "Fan Club', e enriquecían a cara A varios temas que daban ao conxunto moitos máis matices e ese extra de calidade, a miña favorita 'Stab your Back' e 'Feel the Pain'. A cara B era máis homoxénea, punk rock sen concecións, un trallazo tras doutro abrindo co exitoso single 'New Rose' e 'Fish', ata o final con 'I Feel Alright', versión do '1970' dos Stooges.
Dende aquí a banda comezou con continuos cambios de formación, manténdose só Dave Vanian e Captain Sensible, e derivando cara o glam, o gótico, e a new wave con algún intento de volver ao punk-rock que nunca conseguiron.
Pero o seu debut seguirá sendo un dos máis brillantes da historia.
THE DAMNED "Damned Damned Damned"
(Stiff Records, 1977)
No hay comentarios:
Publicar un comentario