miércoles, 19 de septiembre de 2018

Giant Sand "...Returns to Valley of Rain"

Imos con novidades de esta tempada, que logo deste verán con poucas publicacións temos moito material acumulado.
Comezamos co novo lanzamento dos Giant Sand, que neste caso non é exactamente novo. Como o seu nome indica, "Returns to Valley of Rain" é unha revisión do seu primeiro álbum "Valley of Rain", que gravara orixinalmente en 1983, e non puido lanzar ata 1985 baixo o selo Enigma Records. Este traballo foi todo un referente dunha época, pero a vida de Howe Gelb xa dou moitas voltas, con moitos proxectos que se cruzan e a pesares do nome co que edite cada álbum.
Agora 35 anos despois daquela gravación enfróntase aos mesmos temas, con membros da súa banda actual e algún membro orixinal daquelas gravacións, coma o baixista Scott Garber. Para darlle algo máis de vida, o álbum está recollido en directo de estudio, e o resultado é moito rockeiro que o orixinal, con máis pegada e cun son diferente que ao parecer polas promos era o que pretendía, e curiosamente tamén secuencia os temas dun xeito diferente.  Cambia o tempo dalgún tema, os cambios de ritmo son diferentes, pero básicamente o que podemos escoitar e un enfoque diferente daquel álbum que xa é un clásico da onda alternativa dos 80s. 'Tumble and Tear', 'Barrio', 'Torture of Love' ou a propia 'Valley of Rain' seguen a ser maravillosas, e para rematar 'Black Venetian Blind', neste caso máis contundente, pero menos punk que a orixinal.
Recomendado, e sobre todo para os que non coñezan o orixinal.

Giant Sand "...Returns to Valley of Rain"
(Fire Records, 2018)



No hay comentarios: