viernes, 30 de agosto de 2019

6 set: PTOOFF!

En setembro retomamos a programación.
Para comezar tempada, nada mellor que PTOOFF! aos mandos. 
Venres 6 de setembro.


viernes, 23 de agosto de 2019

40 Aniversario de Factory Records


O mítico selo de Manchester Factory Records está de aniversario.
Fundado en 1978 por Tony Wilson e Rob Gretton, en 1979 comezaron cos lanzamentos dun movimento que cambiou para sempre a historia da música, cos Joy Division, New Order e os Happy Mondays como principais bandas de cabeceira.
Para este 40 aniversario teñen previstas diversas exposicións e eventos , e ademáis presentan a edición de dous box sets: 
Use Hearing Protection: Factory Records 1978-1979 contén a edición facsímil das 10 primeiras referencias do selo: 4 vinilos, 3 posters, unha curtametraxe, e diversos deseños publicitarios, ademáis de un libro de 60 páxinas con entrevistas cos protagonistas.
Por outra banda Factory: Communications 1978-1992 – gather together rare, unheard material alongside Factory classics recupera a caixa lanzada en 2009 (Communications 1978-1992), que resume en 63 temas os 15 anos do selo, con hists e rearezas de Joy Division, New Order, Happy Mondays, Durutti Column o A Certain Ratio, todo seleccionado por Jon Savage, pero desta vez lanzado en 8 lps.

Toda a info na web de Rhino.



jueves, 22 de agosto de 2019

Serán de Troula: The Bongo Club + Mascada + B4

Este xoves, última cita co Serán de Troula 2019.
Hoxe cos directos de Mascada e os suecos The Bongo Club, e a sesión nesta ocasión a cargo do colectivo B4Project.
Atento ao cambio de ubicación sobre o programa previsto, será na praza de San Gregorio, dende as 21:00h.
Non vo-lo perdades!



miércoles, 21 de agosto de 2019

Kim Gordon 'Sketch Artist'

Dende onte xa temos o adianto do novo traballo de Kim Gordon. 
'Sketch Artist' é unha peza máis experimental que o anterior material que leva entregado dende a disolución dos Sonic Youth, pero algo ao que nos ten máis que acostumados ao longo da súa traxectoria. Trátase do primeiro tema que presenta do álbum "No Home Record", o primeiro da súa carreira en solitario, e con saída para comezos de outubro da man de Matador Records.


lunes, 19 de agosto de 2019

A XI Festa do Bigote

Aquí vai o resumo da XI FESTA DO BIGOTE!!
Festaza divertida coma sempre, e posiblemente, máis concorrida ca nunca! 
Moitas gracias a tódolos participantes logo dunha dura semana de festas. 

Os premiados da XI FESTA DO BIGOTE!!
- Mellor Disfraz: MATÍAS DAPORTA
- Bigote Postizo: ESTEFI ALFONSÍN
- MELLOR BIGOTE: HADRIÁN FARIÑA + ALEX PRADO (combo)

Noraboa de novo ós premiados!! aplausos!!

Temos que comezar o resumo reiterando os nosos agradecementos a Edu Charlín de PC BARBERÍA, un padriño insuperable para esta festa, pola súa implicación. Outro ano máis non puido asistir, e por eso llo agradecemos dobremente. 
Ademaís, Jacobo Aragunde volveu tomar as rendas da cerimonia de entrega de premios, e coma sempre Marinocha poñendo orde en todo isto. E por suposto, grazas a todos por vir a rematar a semana de Albariño con tanto humor e tantas gañas de seguir de festa. Por último, aquí tedes o video coa entrega de premios completa.

O próximo ano máis... 

domingo, 18 de agosto de 2019

Mascada

Esta semana comeza a xira de presentación de Mascada, o novo proxecto do amigo Gustavo Rey, cunha formación tan básica coma sorprendente.
As primeiras datas dende este mesmo martes en Compostela, logo Vigo, Cambados, acompañando aos suecos The Bongo Club, e moito máis alá nas próximas semanas.
Non vo-los perdades, recomendado!!
Máis info aquí.


viernes, 16 de agosto de 2019

Pantano "Beware"

Xa vos recomendamos noutras ocasións a Pantano, tanto o seu "Live at Lithium" do 2018, coma o seu álbum "Beware" de comezos de ano. 
Agora por fin nos fixemos coa nosa copia.
Seguídeos nas redes, e atentos ás súas próximas datas.
Bandcamp de Pantano.



jueves, 15 de agosto de 2019

Serán de Troula: BASANTA + U-Coop.

Nova entrega da edición 2019 do Serán de Troula en Cambados. 
Este serán co direto de BASANTA, e a sesión a cargo de Ulomanía Coop.
Praza de Alfredo Brañas, todo dende as 21:00h.
Seguide informados no seu facebook.



martes, 13 de agosto de 2019

Esta semana, de mércores a sábado

Imos a por outro finde longo... 
Esta semana estaremos de mércores a sábado co horario habitual.
RifRocKerZ.djSet!


domingo, 11 de agosto de 2019

sábado, 10 de agosto de 2019

Pixies 'Catfish Kate'

Máis adiantos do novo álbum dos Pixies. Desta vez o tema 'Carfish Kate'.
O álbum "Beneath the Eyrie" para o 13 de setembro.



viernes, 9 de agosto de 2019

Futuro Terror na Krazzy Kray!

Recomendación para esta mesma tarde.
Dende as 20h., na Sala Krazzy Kray, os alicantinos FUTURO TERROR!!
Unha das nosas bandas favoritas, en sesión merendola. 
Non volo perdades, recomendado.
+ info aquí.



jueves, 8 de agosto de 2019

Serán de Troula: JUZZ & Fonosaurios

Comeza unha nova edición do Serán de Troula en Cambados. 
Tres datas imprescindibles para os xoves de agosto con concertos e sesións.
Hoxe temos a primeira entrega, co directo de JUZZ e sesión picadiscos a cargo  de Fonosaurios. 
Por mor da chuvia trasládase ao Parque de Torrado, todo dende as 21:00h.
Seguide informados no seu facebook.


miércoles, 7 de agosto de 2019

Moon Duo 'Lost Heads'

Adiantos para o que ven despois do verán. 
A semana pasada chegaba o primeiro corte do novo álbum dos Moon Duo, "Stars Are the Light" que sairá o 27 de setembro con Sacred Bones Records. 
Aquí tedes 'Lost Heads'.



martes, 6 de agosto de 2019

'Interzone' (Unknown Pleasures: Reimagined)

Cuarta entrega da serie audiovisual Unknown Pleasures: Reimagined, un dos proxectos cos que este ano se conmemoran os 40 anos do lanzamento do mítico "Unknown Pleasures" de Joy Division. 
Dez dos máis representativos creadores audiovisuais dos nosos días reinterpretan en clave de videoclip cada un dos 10 temas do álbum. 
Aquí tedes a peza correspondente a 'Interzone', a cargo de James Dimmock, e protagonizada por Nadine Crocker.



lunes, 5 de agosto de 2019

Os premieados da XI Festa do Bigote

Aquí tede aos premiados de onte na XI FESTA DO BIGOTE!
- Mellor Disfraz: Matias Daporta.
- Bigote Postizo: Estefi Alfonsin
- Mellor Bigote: Hadrian Fariña & Alex Prado Garcia (combo)


Noraboa ós premiados, e aplausos de novo!!
O noso principal agradecemento a Eduardo de PC Barbería, o mellor padriño posible desta festa. Este ano non puido acudir por ter que atender a asuntos máis importantes. Aplauso enorme para este home!! 
A Xaco Aragunde, que volveu facer de mestre de cerimonas, e por todo o traballo extra. E a Marina Martínez por poñer a noite en orden.
E por suposto, grazas a todos por vir!!
Agora collemos unhas xornadas de descanso, e nos próximos días xa iremos subindo fotos, entrega de premios e demáis, atentos!.

domingo, 4 de agosto de 2019

XI Festa do Bigote

Chegou o día.
Unha vez máis.... estades convocados á FESTA DO BIGOTE!!.
RIf-Rock / CTK / PC Barbería.
Despois dos fogos da medianoite... 
Non vo-lo perdades!.


jueves, 1 de agosto de 2019

XI Festa do Bigote. As bases do concurso

Faltan 3 días.
Domingo 4 de agosto, Domingo do Albariño, despois da medianoite... 
O RIF-ROCK & CTK coa colaboración de PC Barbería, convócanvos á 
XIª FESTA DO BIGOTE!!
Aquí tedes as bases do concurso.


BASES DO CONCURSO para a XI FESTA DO BIGOTE:

- A Festa do Bigote comeza oficialmente no Rif-Rock despois dos fogos do que clausuran as festas do Albariño á medianoite do domingo 4 de agosto, así que xa nos imos á madrugada do día 5. 

- Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non.

- O que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade.

- Coma sempre, haberá tres categorías a concurso: 
o Gran Premio ao Mellor Bigote, Premio Bigote Falso e Premio Mellor Disfraz.

Categoría MELLOR BIGOTE (Gran Premio da Festa do Bigote):
· todo pelo natural na cara da persoa participante.
· valorarase tamaño, lonxitude e orixinalidade.
· lembrade que se trata de bigotes, nin perillas nin barbas, Bigotes!!

Categoría de BIGOTE FALSO:
· inclúense nesta categoria os mostachos falsos: pintados ou postizos, calquer trebello que queirade usar pode servir, todo depende da vosa orixinalidade.
· coma na categoría anterior, preferiblemente na cara.

Categoría de Mellor DISFRAZ:
· roupa, maquillaxe, interpretación... calqueira cousa pode suxestionar ó xurado.

- A entrega de premios celebrarase aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa durará un par de horas máis) tra-la deliberación do XURADO, que estará formado por varios membros de entre os responsables do Rif-Rock, Cambados(TK) e o noso padriño e patrocinador Edu PC.

- Os aspirantes deberán estar no local durante a deliberación (e un pouco antes, para que os poidamos ver con tempo e valorar axeitadamente) así como para a recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

E agora a letra pequena:
* E por suposto: a organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou rectificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza algún tipo de circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable.
** Para reclamacións, denuncias de complot e demáis percances, mellor que o traides todo de casa por escrito con antelación, que igual o día seguinte xa non nos lembramos...
***o xurado non admitirá sobornos en sobres pechados, por favor, os cartos á vista!!!

Se hai máis novas seguiremos informando neste blog dos RifRocKerZ ou na nosa páxina de facebook.

E o máis importante de todo... NON FALTEDES!!!!!!!