O mítico selo de Manchester Factory Records está de aniversario.
Fundado en 1978 por Tony Wilson e Rob Gretton, en 1979 comezaron cos lanzamentos dun movimento que cambiou para sempre a historia da música, cos Joy Division, New Order e os Happy Mondays como principais bandas de cabeceira.
Para este 40 aniversario teñen previstas diversas exposicións e eventos , e ademáis presentan a edición de dous box sets:
Use Hearing Protection: Factory Records 1978-1979 contén a edición facsímil das 10 primeiras referencias do selo: 4 vinilos, 3 posters, unha curtametraxe, e diversos deseños publicitarios, ademáis de un libro de 60 páxinas con entrevistas cos protagonistas.
Por outra banda Factory: Communications 1978-1992 – gather together rare, unheard material alongside Factory classics recupera a caixa lanzada en 2009 (Communications 1978-1992), que resume en 63 temas os 15 anos do selo, con hists e rearezas de Joy Division, New Order, Happy Mondays, Durutti Column o A Certain Ratio, todo seleccionado por Jon Savage, pero desta vez lanzado en 8 lps.

Toda a info na web de Rhino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario