Xa vos temo recomendado uns cantos traballos dos británicos The New Mastersounds, especialmente prolíficos nos últimos anos.
Logo das segunda entrega das "Nashville Sessions" e os "Renewable Energy" do ano pasado, o seu novo traballo chámase "Shake It", e coma sempre é outra elegante descarga de jazz, funk e rock.
Para esta ocasión contaron con Lamar Williams Jr como vocalista convidado, ademáis das colaboracións de Mike Olmos e Jason Mingledorff nos metais, e Jeff Franca (dos Thievery Corporation) na percusión.
A contribución de Williams aporta unha nova perspectiva ás composicións, ao tratarse do primeiro álbum vocal da banda en 20 anos de traxectoria, e iso nótase no dinamismo do álbum, moito máis variado que de costume.
Dende o positivismo de 'Shake it', a nostalxia de 'Let's go Back' e de 'Too Late to Worry' cos seus aires cinematográficos, ou a súa particular homenaxe a Aretha Franklin en 'Love they Deserve'.
Por suposto, tamén aparece a cuota de pezas puramente instrumentais, coma 'Taking me down' 'Laying Low', 'Permission to Land' e 'On the UP'. Pero se queredes enerxía propoñemosvos poñer unha e outra vez 'Life Life Free', cun lucimento especial de teclados e metais. De despedida a doce 'Lovely Daze', un caremelo de soul jazz para deixarnos con gañas de máis ata a súa próxima entrega, que seguro que chegara moi cedo...
'Shake It' na web de WillWork4Funk.
THE NEW MASTERSOUNDS "Shake It"
(Color Red Records, 2019)
No hay comentarios:
Publicar un comentario