En xaneiro chegaron os temas cos que de paso presentaban a súa nova formación ("Muy oscuro / Cuarto do pánico"), e en febreiro lanzaron outros dous ("Hold it on / Out of Control"), e esta semana foi o turno do clip dun novo tema: 'I don´t care about your name'.
No mes de abril debía celebrarse o Record Store Day. Debido ao confinamento adiouse para este 20 de xuño, pero ante as medidas de distanciamento social e limitación de aforos, tomáronse novas solucións.
A proposta será moi diferente este ano. Finalmente non haberá RSD tal e coma o coñecíamos, agora reconvertido no RSD Drops 2020, con tres datas no horizonte: 29 de agosto, 26 de setembro e 24 de outubro. As datas correspóndense cos novos prazos de lanzamento das edicións especiais realizadas para a ocasión, e tamén para dar un pouco de aire ao sector tras meses de parón, aínda que moitos selos manteñen a data deste sábado para lanzar moitas das edicións que xa estaban listas.
Podedes ver o comunicado oficial na web do Record Store Day Spain aquí.
E xa que temos máis tempo que outros anos, mellor que lle metades un bo repaso á lista de lanzamentos especiais para cada unha das datas previstas.
Imos con novos lanzamentos. Hoxe traémosvos a colaboración entre os Melvins e Mudhoney, neste pequeno EP que leva por título "White Lazy Boy".
Non se trata dun split, senón da unión das bandas, e con moitas novas. Pola banda dos Melvins temos a Buzz Osborne e o baterista Dale Crover, aos que se lle uneu recentemente Steven McDonald ao baixo, sí o de Redd Kross; e pola parte dos Mudhoney participan Mark Arm e Steve Turner, dando forma a un quinteto de primeira liña.
O seu novo proxecto chámase sinxelamente Jarv Is, e leva meses promocionando material do seu álbum, que tivo que ser retrasado dende comezos de ano coma outros moitos.
Esta semana lanzou o clip de 'Save the Whale', como adianto do álbum "Beyond the Pale", e a súa data de saída, o 17 de xullo. Ganazas de escoitar máis!
Aquí está o lp de debut de The Manueles (ULO-010).
The Manueles son un trío de surf formado polo amigo Virxilio da Silva, Chus Pazos e Juansi Santomé.
O álbum foi gravado, mesturado e masterizado por Jorge Explosión nos estudos Circo Perrotti de Xixón, e os deseños van a cargo de Irene Doce e Vixilio da Silva.
"The Manueles" está dispoñible en formato Lp 12'', nunha edición limitada de 300 copias numeradas a man, coa participación de Fonosaurios, Sweet Grooves Records e Ulomanía Coop.
Un auténtico cañonazo de surf. Apurade que voan...
'Jeremy' foi un dos grandes hits inlcuídos no álbum de debut de Pearl Jam.
Daquel "Ten" de 1991 saíron catro singles inesquecibles, un deles foi 'Jeremy', lanzado en setembro de 1992, seguramente o que tivo máis éxito, tanto o single en vinilo como as súas numerosas reedicións en cd ou maxi, e o seu videoclip.
Daquela difundiuse unha versión censurada, aínda que hai tempo que circula pola rede a versión íntegra.
Nestes días foi a propia banda a que promocionou a peza sen censura e restaurada, para conmemorar o Gun Violence Awareness Day, que conciencia sobre o perigo das armas de fogo en USA.
A nova proposta do colectivo Caracol Negro é esta colleita de temas de tres bandas da casa. "Novo feixismo libertario" recolle dous temas dos Lamprea Explosiva, e a modo de split comparten con Giusseppe e Bloque.
Xa sabedes, punk e faino ti mesmo.
Dende o 31 de maio xa o tedes dispoñible no bandcamp, xunto co clip de 'Flores', e próximamente sairá en vinilo 7''. Atentos!!
Volvemos á actividade tras varias semanas de descanso.
E comezamos cunha recomendación local, a expo Corentena. Está pensada coma un reencontro dos artistas que residen na vila, mostrando a súa visión persoal desta situación. No Pazo de Torrado de Cambados, ata o 5 de xullo.