miércoles, 1 de julio de 2015
martes, 30 de junio de 2015
Calambres rules!
Máis material do sábado 20, da noite con Dead Wood e Michi Calambres. Aínda temos máis videos do show de Calambres, de one-man-band de teloneiro, e tamén despois na cabina, pero antes queriamos subir foto do final, da sesión... pois imposible!! non parou quieto nin un segundo!
lunes, 29 de junio de 2015
descarga Black Grooves!!
Aqui tedes unha selección da sesión do venres das Black Grooves!!
Pouco máis de unha hora de funk, soul, rhythm'n'blues, souljazz e algún predicador polo medio, entre o pouco material que nos deu tempo a empregar, que xa vos contamos cómo a cousa quedou a medias por un cambio de plans de última hora, con asalto da cabina incluída. Pero a media sesión aínda dou para todo esto...
Metédelle volume!!
Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 26 xuño2015)
faite co volume 34 das Black Grooves!!
domingo, 28 de junio de 2015
25 anos do "Goo"
O pasado venres 26 de xuño cumpríanse 25 anos do lanzamento do álbum "Goo" dos Sonic Youth. Era o seu sexto álbum de estudio, e o primeiro cunha multinacional, trala fichaxe por Geffen Records. Que máis queredes que vos diga?? no seu tracklist 'Dirty Boots', 'Mary-Christ', 'Kool Thing', 'Mote' ou 'My Friend Goo'... un tras doutro son dos temas que máis veces escoitei na miña vida!!
E ademáis unha portada que marcou época, deseñada por Raymond Pettibon (tamén autor do logo dos Black Flag) sobre unha fotografía da parella de asasinos Ian Brady e Myra Hindley, no Manchester de mediados dos 60s.
Comezaba unha década brillante.
25 anos despois, "Goo" segue parecéndonos insuperable!!
SONIC YOUTH "Goo"
(Geffen, 1990)
sábado, 27 de junio de 2015
outro asalto á cabina...
Onte deixamos a sesión Black Grooves a medias, e foi Luisa a encargada de remata-la noite dende a cabina. Aplausos!!
viernes, 26 de junio de 2015
jueves, 25 de junio de 2015
DEAD WOOD, concerto
Menuda festa que se montou o sábado pasado cos DEAD WOOD e Michi Calambres!! ademáis de tódo-lo extras que se apuntaron ó final.
A noite comezou con Calambres facendo de teloneiro improvisado e para moi poucos afortunados, de one-man-band primeiro, e a dúo co Sheriff Lorre despois. Xa compartiremos videos deses momentos noutra ocasión...
Logo foi o turno dos Dead Wood, o Sheriff Lorre, Breo Gun e Mr.Bam Bam repasaron os seus temas moito máis rodados dende abril, e xa con máis novidades, coma 'Hole in my Soul' composta por Breo en plan Tom Waits. Foron dúas horas de puro espectáculo, con todo o público entregado e a cousa xa se foi das máns cara o final, cando Fari "H.(punto)" se encargou de cantar 'O Lobo', Calambres se uniu á banda para rememorar por uns minutos ós fantásticos Los Hijos Bastardos de Peter Lorre con 'Teenage Head', e xa nos bises con tódo-los extras para facer dous temas máis de LHBPL: 'Ella' e 'The Gorilla'.
Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar esta festaza, e sobre todo a estes pedazo de artistas polo seu compromiso co local. Seguide atentos, e non vos perdades as súas próximas visitas!!.
Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reprodución:
Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar esta festaza, e sobre todo a estes pedazo de artistas polo seu compromiso co local. Seguide atentos, e non vos perdades as súas próximas visitas!!.
Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reprodución:
miércoles, 24 de junio de 2015
descarga sesión de Calambres!
Aquí tedes algo de material da sesión de Michi Calambres do sábado pasado. Primeiro fixo de teloneiro dos Dead Wood en plan Cacatone-One-Man-Band, e despois cantou con eles para revivir por uns minutos a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, e para rematar aínda nos deixou tres horas de sesión dende a cabina. Impresionante!!
Puro Calambres!! Metédelle volume!!
MICHI CALAMBRES "D.W."
(sesión Rif-Rock 20 xuño 2015)
faite coa sesión de Calambres aquí.
martes, 23 de junio de 2015
Los Ultraman EP
Como sempre para arrancar o verán imos con algo de surf, e ademáis recén saído do forno: o novo ep dos uruguaios Los Ultraman. Dende que os coñecimos pola rede, nunca deixamos de seguilos. Esta semana lanzaron o seu segundo traballo, despois daquel estupendo "Saicoreverberante" do 2011 que nos deixara alucinados, o Ep que leva por título sinxelamente "Los Ultraman", catro temas con máis do mesmo!!
De balde no seu bandcamp. Recomendado!!
De balde no seu bandcamp. Recomendado!!
LOS ULTRAMAN "Los Ultraman EP"
(Blast Off/Ultraman, 2015)
lunes, 22 de junio de 2015
Dead Wood + Calambres!
Puro espectáculo o do sábado!!
Menudo festón que nos montaron os Dead Wood, putos cracks!!! repertorio de luxo con moitos dos seus novos temas, por algo son a nosa banda favorita!! Gracias fenómenos! e a todos por vir, e ós que se lanzaron a cantar ao final, e sobre todo a Michi Calambres!! primeiro facendo de teloneiro sorpresa co seu rollo Cacatone one-man-band, logo por facernos revivir a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre moitos anos despois, e para rematar unha pedazo de sesión tremenda ata o final da noite!! Moitas Gracias a todos!! Insuperable!!!
viernes, 19 de junio de 2015
Sábado: DEAD WOOD + Michi Calambres
E mañán será o día (sábado 20 de xuño), imos co prato forte deste mes:
DEAD WOOD en directo + sesión de Michi CALAMBRES.
Unha nova ocasión para que vexades en directo ós DEAD WOOD, o novo proxecto do Sheriff Lorre, Breo Gun e Mr.BamBam, un auténtico show!!
E ademáis, sesión de Michi Calambres despois do concerto!
A nosa banda favorita, e o noso gurú na cabina, un plan perfecto e o mellor adianto posible para o noso aniversario.
Non vo-lo perdades!!!
Dead Wood en directo!
Para os que o perderon en abril, ou para os que queiran facerse máis gañas, ide repasando o concerto de debut dos DEAD WOOD. Este sábado máis!!!
jueves, 18 de junio de 2015
16º Aniversario do RIF-ROCK!!
En xullo cumprimos 16 anos de Rif-Rock!!
E aquí tedes o programa especial que vos temos preparado para celebralo.
Xa vos daremos máis info, pero ide reservando as datas, non vo-lo perdades!
miércoles, 17 de junio de 2015
Leo 'Bud' Welch "I don't Prefer No Blues"
Seguro xa escoitachedes falar de Leo Welch, despois da repercusión do seu álbum do ano pasado, o seu debut, cando estaba a punto de cumprir 82 anos. Por iso se lle coñece coma o último bluesman. Toda unha vida tocando blues e cantando gospel na súa vila natal de Sabougla, en Mississippi, dende 1947 e non foi ata o 2014 que debutou coas súas primeiras gravacións.
Chamou directamente ó selo Big Legal Mess para que publicaran os seus temas, e ante a insistencia, accederon a escoitalo. Por suposto alucinaron tanto coma nós o estoitalo despois: unha guitarra contundente e unha voz rotunda, impropia dun home da súa idade, sen domar, salvaxe e firme, e así lanzou aquel "Sabougla Voices" a comezos do 2014. E para este ano xa tiña preparado máis. Máis e mellor, por que o recente "I don't Prefer No Blues" aínda é máis contundente e máis enérxico, de mostra 'Girl in the Holler', 'Pray On' ou o trallazo de 'I Don't Know her Name'. Sinxelamente bestial, e ninguén se explica como isto non sucedera antes!!.
LEO 'BUD' WELCH "I don't Prefer No Blues"
(Big Legal Mess / Fat Possum, 2015)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












