Seguro xa escoitachedes falar de Leo Welch, despois da repercusión do seu álbum do ano pasado, o seu debut, cando estaba a punto de cumprir 82 anos. Por iso se lle coñece coma o último bluesman. Toda unha vida tocando blues e cantando gospel na súa vila natal de Sabougla, en Mississippi, dende 1947 e non foi ata o 2014 que debutou coas súas primeiras gravacións.
Chamou directamente ó selo Big Legal Mess para que publicaran os seus temas, e ante a insistencia, accederon a escoitalo. Por suposto alucinaron tanto coma nós o estoitalo despois: unha guitarra contundente e unha voz rotunda, impropia dun home da súa idade, sen domar, salvaxe e firme, e así lanzou aquel "Sabougla Voices" a comezos do 2014. E para este ano xa tiña preparado máis. Máis e mellor, por que o recente "I don't Prefer No Blues" aínda é máis contundente e máis enérxico, de mostra 'Girl in the Holler', 'Pray On' ou o trallazo de 'I Don't Know her Name'. Sinxelamente bestial, e ninguén se explica como isto non sucedera antes!!.
LEO 'BUD' WELCH "I don't Prefer No Blues"
(Big Legal Mess / Fat Possum, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario