miércoles, 3 de junio de 2015

Giant Sand "Heartbreak Pass"

Howe Gelb está de volta cos seus Giant Sand para celebra-lo 30 aniversario da banda, e nada mellor que facelo cun novo álbum. Xa van máis de 20 álbumes de estudio da súa banda principal e outros tantos en solitario de Gelb, un pioneiro do folk aternativo que non deixa de evolucionar no seu son. E aquí temos unha boa mostra. "Hertbreak Pass" son 15 temas nos que percorre dende sinxelos pasaxes acústico-vocais ('Heaventually' ou 'House in Order'), rock intenso marca da casa ('Texting Feist'), texturas kraut da fenomenal 'Hurtin' Habit', pezas máis experimentais como 'Trasnponder' (que curiosamente elexiu este tema de pop saturado como single de lanzamento cando é do que menos pega no álbum), e máis voltas á raiz do deserto de Arizona como en 'Every now and Then' ou 'Home Sweet Home'. Ademáis conta coa colaboración de Steve Shelley (Sonic Youth), Grant-Lee Phillips ea voz de Ilse DeLange (dos Common Linnets). Para escoitar por partes ou dunha atacada. Discazo.

GIANT SAND "Heartbreak Pass"
(New West Records, 2015)


No hay comentarios: