Hai só mes e medio que vos recomendabamos o "Song X" de Ornette Coleman e Pat Metheny, e logo do pasamento de Ornette Coleman aproveitamos para recomendarvos outro dos seus clásicos de comezos dos 60s. Neses anos lanzou unha serie de álbumes de free jazz que lanzou con Atlantic Records, como "tomorrow is the Question" ou "The Shape of Jazz to Come" do 59, "This is our Music" do 61 ou "Orenette!" do 62, pero seguramente o máis sonado foi este "Free Jazz. A collective improvisation by the Ornette Colleman Double Quartet" de 1961. Considerase directamente coma o arranque do free-jazz. Son dous cuartetos formados por saxo alto, trompeta, contrabaixo e batería, e o outro por clarinete, trompeta, contrabaixo e batería, cada un deles desenrolando as súas propias improvisacións e cada un deles sona por un dos canles de stereo, que se acoplan nunha fantástica peza continua de 37 minutos. Na reedición posterior se completa con 'First Take" das mesmas sesións de gravación de decembro de 1960. Na edición orixinal era unha carpeta aberta cunha fiestra na portada que deixaba ver parte do deseño interior no que se reproducía a peza 'White Light' de Jackson Pollock.
Un deses álbumes que mudou para sempre o rumbo do jazz.
ORNETTE COLEMAN DOUBLE QUARTET "Free Jazz"
(Atlantic, 1961)
No hay comentarios:
Publicar un comentario