jueves, 3 de noviembre de 2011

"Dilbert: Traedme la cabeza de Willy el recadero" de Scott Adams

Dilbert é sen dúbida o meu comic favorito dos anos 90. Xa nin lembro como chegou o primeiro volume ás miñas mans, pero si que lembro cando un dia meu pai trouxo a casa este "Traedme la Cabeza de Willy el Recadero" con un "...tí tiñas algún destes non??"; pois sí!!! y seguramente ese sexa o mellor de tódo-los seus libros. Dilbert é unha creación de Scott Adams, e son unhas tiras cómicas que orixinalmente foron publicadas en xornais e revistas económicas e debido ó seu éxito pronto foron recopilados en medio cento de volumes (aínda que non é o caso das edicións en castelán). Os seus protagonistas son Dilbert, un enxeñeiro que vive por e para o seu traballo rodeado de xente aínda máis cuadriculada ca el, e o seu can, Dogbert, con enormes delirios de grandeza e uns perfectos plans para conquista-lo mundo e someter ó humanos (seguro que vos soa...). Ademáis está Ratbert, que xa vos imaxinades que é un incómodo compañeiro de piso, e tódo-los seus compañeiros de traballo... Sen dúbida un dos mellores comics dos 90 e sen dúbido o máis mordaz e friky de todos... En varias ocasións foi adaptado á tv como serie de animación pero xa non ten a mesma chispa que aqueles debuxos negros sobre branco de liña grosa. Este é un dos mellores volumes...

Scott Adams "Dilbert: Traedme la Cabeza de Willy el recadero".
[United Feature Syndicate, 1995 - Ediciones Granica, 1999]


E aquí tedes unha presentación deste volume en Google Books:


E aqui tedes unha das adaptacións á tv...


No hay comentarios: