Xa hai case un mes que no Rif-Rock levamos rompendo a cabeza para dar forma a unha nova historia, trátase de ofrecer máis música en directo, que nos dous últimos anos case sempre concentrábamos no verán, e que sexa dun xeito máis cómodo, tanto para nós, como para os veciños (a nivel ruídos, etc), e se nun principio pensábamos en concentralo todo nunha programación antes de Nadal, finalmente pensamos que co duro e longo que vai ser este inverno era moito mellor dispersalos ó longo de varios meses con maior facilidade para os músicos e máis marxe de planificación para nós... Así nace JAZZERZ, que serán unha serie de concertos (prometemos que con maior frecuencia que agora) básicamente de jazz e blues, e con formatos máis acústicos que o habitual destes últimos tempos, o que non quita que de vez en cando fagamos algunha das nosas...
Así que estade atentos á programación no noso blog ou en facebook, pero xa vos anuncio que comezamos a próxima semana (será o Venres 18 de Novembro, ás 23:30h.) con JAZZ STANDARDS WORKSHOP! en directo, apadriñados por suposto polo mestre Paco Charlín...
No hay comentarios:
Publicar un comentario