Este próximo fin de semana ven bastante completo no Rif-Rock:
- O Venres 18. comezamos coa programación intermitente das Jazzerz Live Series, inaugurando co directo de
JAZZ STANDARDS WORKSHOP!.
JSW chegan da man do mestre Paco Charlín e son un trío de jazz formado polo compostelano Valentín Caamaño á guitarra, o arousan Alberto Rial ó baixo (que coñeceredes por se-lo baixista da última formación de Airas) e o espectacular e insuperable Nilrahc Satrop á batería.
Non vo-lo deberiades perder!!!
- e o Sábado 19 a sesión de Marinocha über alles 'Gigantic Woman Strikes again' (por fin! engado eu... e se non ahi máis novidades de aquí a sábado...) que estaba aprazada dende o mes pasado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario