miércoles, 14 de octubre de 2015

Art Blakey "Soul!"

Imos comezar o día con un pouco de jazz.
Esta semana cúmprense 25 anos da morte de Art Blakey, sen dúbida algunha o baterista máis importante e influínte do jazz moderno, que estivo en tóda-las épocas dende a revolución do bebop a comezos dos 40s, ata o hardbop e o funk.
Como frontman dos Jazz Messengers gravou álbumes inesquecibles, pero o que vos recomendamos hoxe, é un directo co que nos fixemos recentemente.
Trátase do álbum "Soul!" que recolle sete temas dos directos dos Jazz Messengers a finais de 1958 no mítico teatro Olympia de Paris, dos concertos do 22 de novembro e do 17 de decembro, cun quinteto composto por Art Blakey, un xovencísimo Lee Morgan na trompeta, Benny Golson no saxo tenor, Bobby Timmons ó piano e Jymie Merritt ó contrabixo. A selección incluía sete temas daquelas dúas noites: na cara A coa excelente 'Moanin' composta por Timmons e que daba título o seu álbum dese mesmo ano, 'Justice [aka Evidence]' da súa colaboración recente con Thelonious Monk e que abre co tremendo solo de Blakey, e 'I Remember Clifford' do propio Golson; e na cara B catro dos grandes temas compostos de novo por Golson, 'Just by Myself', 'Blues March', Whisper Not' e 'Are you Real'. Diferentes temas destes directos foron lanzados orixinalmente como "Olympia Concert" xa en 1959, ou anos despois como "Paris Olympia", pero esta selección de temas definitiva non veu a luz ata 1965, lanzado como sinxelamente como "Soul!". Un clasicazo do mellor hard bop e co mestre Blakey a baquetazo limpio.

ART BLAKEY "Soul! (Live at L'Olympia Paris 1958)"
(Fontana, 1965)





No hay comentarios: