martes, 20 de octubre de 2015

Avecrem "Una Chicha Loca"

Xa hai varias semanas que non vos recomendamos nada do GZ Canibal. Así que imos co último lanzamento de Discos Porno.
Un dúo de guitarra e batería, a cabalo entre Ourense e Cataluña, son Avecrem. Sacaron unha maqueta tamén con Discos Porno en xuño do ano pasado, e agora lanzan o seu álbum de debut. Letras disparatadas e pura improvisación, coma se os temas estiveran a medio facer, afirman que nunca soarán dúas veces igual, pero tal e como están recollidas neste "Una Chicha Loca" entran moitas gañas de velos en directo. Cortes coma 'Chayanne', 'Ganas Puras', 'Mira que te meto', 'Bosnia y Herzegovina', 'Gallego de Baltimore', ou 'Se nota que es fitness' son puro delirio a toda velocidade. Metédelle un repaso polo seu bandcamp.

AVECREM "Una Chicha Loca"
(Discos Porno, 2015)



No hay comentarios: