jueves, 29 de octubre de 2015

The Buttshakers "Headaches And Heartaches"

E imos con outra recomendación, xa pensando no que soará na sesión do venres. Por suposto esta semana tiñamos que falar dos franceses The Buttshakers, que esta mesma noite están en directo en Compostela.
A comezos de ano xa vos recomendamos o seu último disco coma un dos mellores do 2014, (ver "Night Shift"), así que hoxe vos recomendamos o seu debut: "Headaches And Heartaches" do 2011, álbum co que diron un auténtico golpe na mesa na escea europea, e todo un pelotazo. Rock & Soul, de factura impecable e cheo de enerxía. Os cañonazos de 'You talk too much', 'I've been abused', 'Losin' It' ou 'Fallin' in Love' e a dozura de 'Take it slow' e 'Ain't that Good Woman', ata o impresionante final de 'You got me movin'. Quedaredes enganchados a escoitar unha e outra vez a voz de Ciara Thompson. Discazo!!

THE BUTTSHAKERS "Headaches And Heartaches"
(Back to Mono Records, 2011)



No hay comentarios: