lunes, 24 de enero de 2011

Raymond Scott "Soothing Sounds for baby"

Esta é un dos últimos experimentos de Raymond Scott pensando no público, e non ensimismado na creación en sí mesma. Shoothing Sounds for Baby” de 1964 é a unha obra aclamada por moitos como la quintaesencia do minimalismo, pero era na realidade o que o seu título indica, música relaxante para bebés. Eran tres volúmenes que foron publicados en colaboración del Gesell Institute of Child Development. Para a composición, Scott investigou sobre o terreo tódo-los sons posibles e as respostas por parte dos lactantes para realizar las composiciones, que serían interpretadas con Clavivox e Electronium. Os tres volumes divídense por etapas formativas, o primeiro para bebés de 1 a 6 meses, o segundo de 7 a 12, e o terceiro de 13 a 18 meses. Esta extraña obra foi tomada por Brian Eno e os xermanos Tangerine Dream (pioneiros do ambient) como base minimalista para desarrollar la música ambient a mediados de los 70.

Raymond Scott “Shooting Sounds for Baby
(Manhattan Research Inc. 1963 / Reed Basta Recs. 1997)


Tedes os tres volumes no blog Zambonisoundtracks:


Hoxe en LdN, Raymond Scott.

Hoxe en Libro de Notas, unha nova entrega da columna De Ventrílocuos Impostores, desta vez repasando os primeiros 100 anos do universo de Raymond Scott, xa celebrados no 2008, pero que a finais do 2010 asía por fin á luz o documental sobre a súa fantástica vida e a súa incrible carreira: Deconstructing Dad. The Music, Machines and Mystery of Raymond Scott, que polo seu nome non vos soará de nada, pero ademáis de ser un dos maiores xenios e prolíficos creadores da música do seculo XX, inventor das máquinas máis inverosímiles, pioneiro da electrónica, e sobre todo compositor de centos de cancións e sintonías que todos coñecemos dende sempre...



MON FALCÓN - De Ventrílocuos Impostores.

"He de reconocer que jamás había oído hablar de este hombre hasta hace unos años, cuando en 2008 se celebraron los primeros cien años de Raymond Scott, un evento con el que en realidad se conmemoraba el centenario de su nacimiento, y aunque ya falleció en 1994, implicaba que todo su proyecto seguía en marcha. Desde entonces esta figura me ha enganchado como pocas, y aunque el universo de Scott es inabarcable, ahí van unos apuntes. Raymond Scott es uno de los mayores genios del siglo XX, en lo musical y en lo mecánico. Compositor genial e inventor de máquinas fantásticas y apariencia monstruosa (imprescindibles para generar los sonidos con que interpretar sus obras, para las cuales los instrumentos convencionales no servían). Es también uno de los principales pioneros de la música electrónica y de toda su teoría. (Para ahorrar un poco de tiempo os recomiendo un repaso a la entrega de esta misma columna de mayo de 2008 y sus referencias a la música concreta: De los dos Pierres, Schaffer y Henry) Pero sobre todo es en realidad uno de los más populares compositores de la historia, por la familiaridad con la que todos hemos disfrutado de su obra, aunque totalmente desconocido para la mayoría de los melómanos. Músico total, pianista soberbio, compositor, director de orquesta, productor, ingeniero e inventor. Uno de esos pro-hombres que hicieron avanzar las posibilidades de la música a una velocidad de vértigo. Pero no sólo por sus desarrollos técnicos, sino también por el carácter de sus trabajos. Convirtió el swing y el jazz en un divertimento totalmente accesible para el gran público, mientras sus obras eran en realidad complejas composiciones, su velocidad, sus continuos cambios de ritmo y sus delirantes efectos otorgaban una apariencia cómica que llegaba a todos los públicos posibles, sin distinción de edad o grupo social."


Liga de Bocazas dos Venres no Rif - Xornada 18

Comeza a segunda volta!!! Puntuación Xornada 18:
1º magic p 155,80
2º Xuventude Tragove 150,00
3º Katiuskas 145,40
4º a ramallosa 139,40
5º esquivabalas team 138,40
6º cambadinos 131,20
7º Aivaio2 130,60
8º C.B. San Tomé do Mar 127,00
9º san fransisco 125,00
10º chejar e encher 120,60
11º C.B. Chacarita 120,00
12º Muñequita Linda 118,60
13º Dende Rusia con amor 118,00
14º Larpeiros 116,20
15º Casquetes polares 112,20
16º monhes 111,40
17º La Serna 90 109,60
18º Smashing patakas 104,80
19º xeitosos 97,40
20º defense 97,00
21º Atutichurrasco 95,20
22º moules team 92,80
23º Mamados United 79,20
24º O QUE HAI E MOITO VIVIDOR.....! 72,40
25º juventu divino tesoro 33,40

viernes, 21 de enero de 2011

The Favourite Sons "That Driving Beat"

Imos quentando para esta fin de semana cunha desas xoias dos 60 que estiveron moitos anos esquecidas nun caixón de non se sabe onde, alomenos ó gran público. The Favourite Sons foron unha banda británico de mediados dos 60, en plena efervescencia Mod, adicados as versións de soul e r'n'b, e directamente inspirados polos primeiros Small Faces e The High Numbers (logo The Who), pero case sen querelo crearon un tema que adiantaba en varios anos o paradigma de freakbeat, o tremendo 'That Driving Beat', que sen deixar a inspiración soul era inusualmente potente para os modernistas de 1965. Foron descubertos polo productor Mike Hurst (que antes de rematar o ano os abandonaría para adicar media vida ó seu seguinte descubrimento, Cat Stevens, aínda), entusiasmado coa forza do seu soul, e se encargou do seu primeiro e único single "That Driving Beat / Walkin' Wa" (Mercury Records, 1965) un auténtico incunable que hoxe se cotiza case a 100 € a copia. Da banda nunca máis se soubo ata que no 2003 o selo Angel Air recopilou tódo-los temas grabados (12 en total) por The Favourite Sons naquelas sesións con Hurst e publicou este impresionante documento "That Driving Beat"...

THE FAVOURITE SONS "That Driving Beat"
(Mercury Recs, 1965 -sesións- / Angel Air, 2003)


descárgao en PowerPop Overdose:


jueves, 20 de enero de 2011

"El Arte de Volar" de Altarriba & Kim

E agora o que toca é este, o seguinte que agardaba turno na estantería. "El Arte de Volar" foi Premio Nacional de Cómic 2010, con guión de Antonio Altarriba e debuxado por Kim. Sobre este libro atoparedes centos de páxinas, para q vos centredes un pouco botádelle un ollo á entrada na wikipedia, pero para resumir aquí vos deixo o texto promocional na web da editorial:


Resumen: El 4 de mayo de 2001 el padre de Antonio Altarriba se suicidó. De esa manera ponía fin a una vida marcada por el fracaso y la frustración. Al igual que otros muchos hombre y mujeres del pasado siglo intentó construir un mundo más justo y la Historia le dio la espalda, quiso volar con las alas de la ilusión y acabó estrellándose. De su mano recorremos las penurias de la España de principios de siglo, la guerra civil, el exilio, los campos de concentración, la resistencia contra los alemanes, el mercado negro, el desarrollismo, la llegada de la democracia... Con este material Antonio Altarriba elabora un guión desgarrador en el que, como no podía ser de otra manra, se halla profundamente implicado. Kim se encarga de ponerlo en imágenes con el mejor de sus estilos. Juntos construyen una historia vibrante en la que padecimientos y atrocidades no impiden que el amor y el humor ocupen un lugar importante. Estamos ante un gran fresco de la Historia de España pero también ante un despiadado retrato de la codicia humana destinado a convertirse en referencia clave de nuestra historieta. NOTA.- EDICIÓN ÚNICA Y NÚMERADA del 1 al 1000. IX PREMIOS CÁLAMO. Premio Cálamo Extraordinario 2009 ("El arte de volar" rompe moldes y géneros. Por su temática y enorme calidad literaria y gráfica no dudamos en afirmar que nos encontramos ante uno de los libros más importantes publicados en la última década). PREMIO NACIONAL DE CÓMIC DE CATALUNYA 2010. PREMIO A LA MEJOR OBRA NACIONAL 2009, PREMIO AL MEJOR DIBUJO AUTOR NACIONAL 2009, PREMIO AL MEJOR GUIÓN NACIONAL 2009 en el XXVIII Saló Internacional del Cómic de Barcelona. PREMIO MEJOR GUIÓN HISTORIETA REALISTA XXXIII Premios Diario de Avisos 2009. PREMIOS DE LA CRÍTICA 2010 AL MEJOR GUIÓN NACIONAL Y A LA MEJOR OBRA NACIONAL. PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2010 del Ministerio de Cultura.



"Fugazi Live Series" en OdioComicSans

Comomepos acaba de deixarnos no seu blog OdioComicSans, a colección completa dos Live Series de Fugazi. Primeiro en 3 entregas (entrada cos volos 1 ó 5, vols 6 ó 15, vols 16 ó 30) e finalmente unha entrada cos 30 enlaces da colección completa. Poñede ese megaupload a botar fume!!!
Toda a info das Fugazi Live Series aquí. E si queredes un resumo sobre Ian McKaye e a súa banda tamén podedes re-visitar o artigo sobre Fugazi na columna De Ventrílocuos Impostores en Libro de Notas.


martes, 18 de enero de 2011

The Limiñanas

Como sodes uns pesados ahí vai o álbum que algúns me estiveron pedindo toda a fin de semana, q non é tan dificil de conseguir!!! (será q algún non sabe escribir).
THE LIMIÑANAS son un dúo francés (aínda que van acompañados), de Perpignan. Formáronse en 2009 e este é o seu álbum de debut, publicado no selo Trouble in Mind de Chicago, tiveron q ir lonxe eh?. No 2010 publicaron con anterioridade dous singles, "I'm Dead" e o adianto do álbum "Je ne suis pas très drogué", que xa me deixaron alucinado, pero cando me enviaron o seu debut en largo a sorpresa aínda foi maior. Cunha base do tradicional ye-yé francés, un pouco de freakbeat con moito fuzz (e algo de cacharrada xermana, para reduci-lo chauvinismo) e moita Velvet Underground, con delirios orientais. Xa vedes, o mellor do continente, o mellor das illas e o mellor do outro lado do charco cunha factura excelente. Divertidos, enigmáticos ou escuros segundo proceda. Un álbum fantástico que xa incluímos entre os mellores do 2010.


THE LIMIÑANAS "The Limiñanas"
(Trouble in Mind, 2010)


Descárgao no blog Trash Garage:

*no mesmo blog, nas entradas anteriores tedes os dous singles que The Limiñanas sacaran con este álbum: Jene suis pas très drogué, e I'm Dead.


Alison Bechdel "Fun Home"


Ó fin rematei con "Fun Home", unha desas lecturas que tiña en lista de espera hai bastante tempo por culpa de algún deses axitadores de conciencia que sempre me está a recomendar máis material do que o meu tempo me permite leer, aínda que na realidade se ventila en dúas tardes (ou nunha se podes adicarlle unhas horas seguidas). "Fun Home" (Alison Bechdel, 2006) é un dos comics máis aclamados no mundo dos últimos anos. Tanto que incluso trascendeu o universo gráfico para converterse segundo a crítica nun dos mellores libros do ano en USA. Chegou a España no 2008, e leva na estantería case dende aquela. A novela autobiográfica da infancia e adolescencia da autora, Alison Bechdel, dos traumas infantís, a funeraria dunha pequena vila, as barreiras interxeneracionais, un pouco de mitoloxía clásica,  frustracións familiares, o despertar dunha lesbiana que non encaixa ben outras opcións homo na súa familia traxicómica e un bo repaso á literatura de Albert Camus e James Joyce...

ALISON BECHDEL "Fun Home. Una Familia Tragicómica"
(Houghton Mifflin Harcourt, 2006 / Reservoir Books - Mondadori, 2008)


  

lunes, 17 de enero de 2011

"O Saco de Fefiñans en 3 mins" x CTK

Dende esta fin de semana xa circula pola rede unha nova superproducción de CambadosTK (CTK) que ven a poñer un pouco de luz no asunto do Saco de Fefiñans, do proxecto das comportas, dos estudos ambientais, e agora tamén das mariscadoras e a confraría... compárteo.


domingo, 16 de enero de 2011

Liga de Bocazas dos Venres no Rif. Xornada 17

Fin da 1ª Volta da Liga ACB.
Puntuación Xornada 17:
C.B. Chacarita 178,00
moules team 172,00
a ramallosa 171,60
La Serna 90 156,60
esquivabalas team 154,60
defense 152,60
chejar e encher 152,60
Mamados United 151,80
C.B. San Tomé do Mar 144,40
10º Atutichurrasco 140,20
11º Smashing patakas 139,60
12º Casquetes polares 138,20
13º O QUE HAI E MOITO VIVIDOR.....! 137,00
14º magic p 132,20
15º monhes 131,20
16º cambadinos 130,80
17º Katiuskas 130,00
18º Xuventude Tragove 128,00
19º Aivaio2 128,00
20º Muñequita Linda 127,00
21º juventu divino tesoro 123,60
22º xeitosos 115,20
23º san fransisco 101,80
24º Dende Rusia con amor 51,00

sábado, 15 de enero de 2011

SXSW 2010. Lucero.

E rematamo-la revisión do SXSW2010 con Lucero, unha banda de Memphis que hai un par de anos sonaba moi habitualmente nas sesións do Rif-Rock, pero nestes últimos tempos alomenos eu tíñalles perdida a pista totalmente. Pero se ve que seguen no seu camiño de reduci-la contundencia e crecer en melodías. En 8 anos 9 álbumes xa os convirten nuns clásicos contemporáneos...


SXSW 2010. Surfer Blood.

Surfer Blood foron unha das sensacións do 2010. Xa levan un par de anos dando moito que falar, pero chegaron ó SXSW2010 co seu álbum de debut, "Astro Coast" recén estreado e o resto xa é máis que coñecido. Igual as comparacións cos primeiros Weezer ou Pavement son demasiado prematuras e un pouco forzadas, pero as intencións apuntan bastante ben...

SXSW 2010. Small Black.

A Small Black non os coñecía de nada, son de Long Island e polo momento só teñen publicado un EP, mentres estan rematando o seu primeiro álbum que sairá neste 2011, pero o seu pop electrónico, un tanto escuro, i esa batería case kraut estame a gustar bastante...

SXSW 2010. Deer Tick.

Deer Tick xa deron moito de que falar en todo o mundo no 2010. Tras moitos anos no mais absoluto submundo maquetero, a súa participación no SXSW2010 foi o espaldarazo definitivo para a súa carreira. A súa fórmula de pop-amercana ou country alternativo, si esto último é posible... parece q vai ter bastante percorrido:


SXSW 2010. Local Natives.

Local Natives son de California, e son un deses casos nos que unha banda americana ten que emigrar a UK para volver triunfalmente ó seu pais, o seu debut "Gorilla Manor" publicouse no 2009 no Reino Unido, e no verán do 2010 nos USA para todo o mundo. Son unha auténtica marabilla, nesa onda de indie-folk dos Fleet Foxes e similares, pero teñen toda a pinta de que como triunfen seguro que nos fartaremos deles...

SXSW 2010. Delta Spirit.

Estes de Alabama xa me soan a máis do mesmo do que fan moitas bandas coas que nos saturan nos medios especializados (especializados i empeñados en meternos polos ollos sempre o mesmo), por iso, seguro que en pouco tempo escoitaremos bastante dos Delta Spirit:

SXSW 2010. Holy Fuck.

Seguimos con Holy Fuck. Polo momento vai de nomes profundos... Son de Toronto, e fan unha electrónica bastante analóxica, cun resultado que os emparenta con Animal Collective e tódo-los seus clons ou os Super Furry Animals. No 2010 publicaron o seu terceiro lp "Latin". Sobre todo é alucinante vé-los con toda a cacharrada en directo:



SXSW 2010. Death.

SOUTH BY SOUTHWEST (SXSW) é posiblemente o maior festival do mundo, e seguramente o mellor de todos. Celébrase cada ano en Austin, Texas (USA) dende 1987 e ten un caracter multidisciplinar adicado principalmente a tres campos: música, cine e artes interactivas. Pero o que nos interesa por suposto é a música, e alí sempre se xuntan moitas desas bandas underground e emerxentes das que anos despois falaremos constantemente. Agora doume conta de que tódolos anos posteo videos deste festival, non cando remata cada edición, senón que xusto antes dunha nova edición subo concertos da anterior... e este ano, igual. Ademáis este será a súa 25 Edición. O chegarme a programación para a edición do 2011, coma sempre, tiven que repasar a do 2010, así que ahí vai en varias entradas...
En primeiro lugar o trío africano asentado en Detroit, Death, baixo este nome tan estúpido están tres superveteranos que ó longo das súas carreiras participaron en bandas de todo tipo, dende gospel, soul, rnb, rock blues... e formados xa en 1971 foron os pioneiros do punk afroamericano!!! sempre incómodos, politicamente duros e incorrectos, e musicalmente inclasificables nestes momentos: pop, funk, rock, ska, metal, jazz...


viernes, 14 de enero de 2011

Liga de Bocazas dos Venres no Rif. Xornada 16


Record da tempada, da liga, e tamén de casi todos!!!
Puntuación Xornada:
1º monhes 221,00
2º Muñequita Linda 217,00
3º Mamados United 213,80
4º Xuventude Tragove 202,40
5º san fransisco 189,40
6º a ramallosa 186,60
7º defense 179,80
8º esquivabalas team 178,00
9º magic p 175,20
10º moules team 174,80
11º Casquetes polares 174,40
12º Atutichurrasco 166,40
13º cambadinos 163,60
14º C.B. Chacarita 161,20
15º chejar e encher 155,20
16º La Serna 90 153,40
17º O QUE HAI E MOITO VIVIDOR.....! 127,20
18º xeitosos 125,40
19º Aivaio2 113,20
20º juventu divino tesoro 112,00
21º Smashing patakas 107,40
22º Katiuskas 106,80
23º Dende Rusia con amor 90,20
24º C.B. San Tomé do Mar 63,20

jueves, 13 de enero de 2011

The Prisoners "The Wisermiserdemelza"

O primeiro álbum da semana deste 2011 vai ser pricisamente o primeiro disco que merco neste ano, o "Wisermiserdemelza" dos Prisoners, nunha edición estupenda en doble 10''. The Prisoners foron unha das principais bandas do revival mod de finais dos 70 en UK, ou alomenos así os contemplamos hoxe, pq eu teño as miñas dúbidas desta percepción naquel momento, pero co paso do tempo convertéronse nunha desas bandas fundamentais e das que primeiro veñen á memoria recordando ese movemento. Neste álbum xúntanse varios dos personaxes máis inquedos da escena, sobre todo Graham Day (logo en Thee Milkshakes e demáis proxectos do chalado Billy Childish) e o hammond máis elegante do mundo, James Taylor (posteriormente formaría a James Taylor Quartet). Este traballo é o seu segundo álbum. Imprescindible!!!

THE PRISONERS
"The Wisermiserdemelza"
(Ace Records-Big Beat, 1983)


Faite con el no blog PVAc to 44.1 kHz / Digivinyltal:
*tedes a contraseña do rar debaixo dos enlaces, e na mesma entrada tedes os 4 lps da banda, aproveitade!!!