martes, 13 de diciembre de 2011

Commercial Sampler #2

A tenda madrileña Commercial Records, presentou o mes pasado o segundo volume dos seus recopilatorios Commercial Sampler#2, que a diferencia do primeiro adicado a bandas madrileñas, nesta ocasión abarca todo o estado, e ahí están os nosos paisanos Novedades Carminha e os Telephones Rouges compartindo álbum con Lüger, Betunizer ou Mujeres. O álbum está dispoñible de balde en descarga directa dende o seu bandcamp. Para máis info sobre Commercial Records e todo o seu material visitade o seu blog.

V.A. "Commercial Sampler #2"
(Commercial Records, 2011)






14 xaneiro SINGLES2011

E xa temos tamén data para o habitual repaso do ano, será o 14 de xaneiro, SINGLES2011 con Munstaphà e Kurco SoundSystemunha noite para destripa-los mellores álbumes, singles e bandas do 2011, e ademáis esa semana sacaremos as nosas listas e demáis. 
Un mes por diante para preparalo todo...


lunes, 12 de diciembre de 2011

Marinocha Vs. Jomitallas para comezar 2012

A tradición dí que a primeira sesión do ano no Rif-Rock corresponde dende hai moito tempo a Marinocha e Jomitallas, e así será no 2012, o 7 de xaneiro. 


viernes, 9 de diciembre de 2011

The Embrooks "Yellow Glass Perspections"

Unha semana máis recomendareivos un álbum en función das compras vinílicas de semana, nesta época consumista o mércores volvín a casa máis que satisfeito despois de comprar unhas boas gangas, o mellor debeu de ser a cara que se me puxo cando nunha tenda atopei un par de caixóns de vinilos con cartel de todos a 5€. De alí foron para a miña casa o primeiro álbum dos portugueses The Act-Ups ("The Psychedelic Sounds of Today"), o segundo álbum dos Thee Fine Lines "Set you straight", e o tamén o fantástico debut "Love's Dead Leaves" dos The Loons de Mike Stax. E por último o que vos recomendo en primeiro lugar, o "Yellow Glass Perspections" dos Embrooks, do que estaba convencido de que xa o compartíramos neste blog. Os británicos The Embrooks son seguramente a maior referencia do freakbeat do que vai de século (e de finais do anterior), e cunha fórmula impecable na que recuperan a esencia da xeración mod, engadíndolle moito garage, psych, beat e power pop. Se nos seus anteriores traballos (en formato largo ou eps) podían resultar algo máis escuros e menos aptos para tódo-lo públicos, neste último álbum coa producción de Liam Watson o resultado é moito máis luminoso con temas enormes como 'Happy Flicke Girl' ou cover de temas esquecidos tan deliciosos como 'Riding a Wave' dos Turnstyle. Garage co retrovisor sempre posto nos Small Faces e The Who e sen cortarse un pelo á hora de incluir cellos ou piano. Outro imprescindible!

THE EMBROOKS "Yellow Glass Perspections"
(Munster Recs, 2004)


faite con YGP en Trashistors.

Trent Reznor & Atticus Ross "The Girl with the Dragon Tattoo"

Supoño que xa saberedes que en Hollywood están preparando un remake da saga sueca Millenium baseada nas novelas de Stieg Larsson, con Daniel Craig, por que o que fan os demáis non lles vale, por que non venden o seu way of life e todo iso. Pero o que fagan con esa triloxía a min impórtame ben pouco, o relevante é que da banda sonora encárgase Trent Reznor, que mentres ten en parón indefinido ós Nine Inch Nails colleulle o gusto os royalties de hollywood, de novo en colaboración con Atticus Ross e tralo éxito da banda sonora de The Social Network (ademáis de recibir o Oscar e o Golden Globe á mellor música orixinal), agora apúntanse coa bso desta primeira entrega, titulada "The Girl with the Dragon Tattoo"


Non teño nin idea de cando se estrea a película, pero o álbum sae o 27 de decembro, pero dende xa podedes descargar na súa web unha mostra con 6 temas gratuítos con só rexitrarvos... se vos gustou a bso de Social Network, aquí van polo mesmo camiño: Trent Reznor & Atticus Ross.

jueves, 8 de diciembre de 2011

Ven 30: DAVID FALCÓN en concerto

E xa podemos anunciarvos o que será o último concerto do ano, que non se axusta exactamente ós parámetros das Jazzerz Live Series, pero polo seu formato, será a terceira entrega da serie, co directo de DAVID FALCÓN, que nos presentará os seus propios temas (podedes escoitalos no seu soundcloud) e moitos covers de folk norteamericano. 
Será o venres 30 de decembro. Non vo-lo perdades!


Sáb 17: TRIO PHIL JAZZ GROUP en directo

A próxima semana volven as Jazzerz Live Series ó Rif-Rock, coa súa segunda entrega, co directo de
TRIO PHIL JAZZ GROUP 
TPJG son un trío formado por Manuel Méndez á guitarra, Noli Torres á batería e Rubén Iglesias no baixo eléctrico. 
Será o sábado 17, dende as 23:30h.




miércoles, 7 de diciembre de 2011

Esta noite comezamos a semana... e o xoves q?

Esta noite de mércores comezamos no Rif-Rock esta longa fin de semana nesta megaponte de decembro. 
Tras optar polo descanso do luns (que se non ía ser demasiado), hoxe comezamos o que poderá ser unha longa fin de semana cos RifRocKerZ, xa que si hai suficientes calaveras que se apunten, tamén estaremos ahí o xoves no horario habitual.

Así que vós diredes: xoves sí? ou non?

que falen os RifRocKerZ...



Boris Vian "Escritos sobre jazz"

Este vai a ser un dos meus libro favoritos da tempada, e xa está encargado, en realidade é unha compilación de escritos do polifacético Boris Vian na revista Jazz News, foi publicado neste formato por primeira vez en 1984, e agora no 2011 por fin en castelán da man de Backlist, esta é a presentación e sinopsis que eles mesmos nos ofrecen...

Otros autores hablaron antes o después de Boris Vian sobre el jazz: Philip Larkin, Antonio Muñoz Molina o Haruki MUrakami son sólo algunos de los nombres que podríamos listar aquí. Se pone de manifiesto en todos ellos la importancia del rítmo en la buena escritura. El mismo Murakami en un artículo para The New York Times confesaba:"Me preguntaba si sería capaz de traducir la música en escritura. Así fue como mi estilo comenzó. Lo más importante bien sea en la música o en la escritura es el ritmo. El ritmo es lo que hace que el lector continúe leyendo. Aprendí la importancia del rítmo por la música y, principalmente, por el jazz". Y así fue en parte para Boris VIan, quien se inició antes en la música (tocaba la trompeta desde niño) que en la escritura. En Escritos de jazz podemos ver como su estilo descarado, desafiante, provocador se consolida y conecta con su extensa obra. Estamos ante un libro divertido, curioso, emocionante; un texto para nostálgicos, adoradores de la era Bisónica y todos aquellos que quieran descubrir a esta otra faceta de un autor que nunca deja indiferente.

Sinopsis: Primero fue el jazz, después llegaron la poesía, la novela, el teatro. Quizá no sea casualidad que el ritmo envenenado de sus textos esté relacionado directamente con su condición de intérprete, el humo, el alcohol y la misma naturaleza tóxica del jazz. Y así fue como Boris Vian comenzó a escribir para Jazz Hot, Combat, Spectacles... Pero fue en Jazz News donde ejerció como un redactor jefe... terrible. 
París, los conciertos de Duke Ellington, Charlie Parker, MIles Davis y las consideraciones más mordaces sobre el jazz y sus críticos son una parte de la ingente obra de Vian que se recoge aquí. Esta edición incluye "La colección Phillips", un suerte de canon de un hombre que moriría en un cine mientras visionaba la adaptación de "Escupiré sobre vuestra tumba". Sin embargo, la música no dejó de sonar.
BORIS VIAN "Escritos sobre jazz"
(Backlist / Planeta del Libro, 2011) 


lunes, 5 de diciembre de 2011

Liga de Bocazas X10.

Toca repaso da nosa Liga de Bocazas dos Venres no Rif tra-la xornada 10.

Así foi o top 10 desta semana:
1º munstaphas 174,80
2º Asec 164,40
3º La Serna 90 164,20
4º Muñequita Linda 163,40
5º JuanRi Team 158,80
6º O Maximo 158,60
7º Katiuskas 158,00
8º Bocadillo de champu 157,20
9º SijoSinConoserANadie 155,40
10º moules team 2.0 152,80

E así vai a clasificación Xeral tras estas 10 primeiras xornadas:
1º Muñequita Linda 1.539,60
2º Ruletita Ruletita...13rojo 1.467,60
3º O que Hay e Moito Vividor... 1.459,20
4º Asec 1.415,80
5º Bocadillo de champu 1.384,40
6º moules team 2.0 1.381,20
7º Covirán Tragove II 1.377,20
8º Atutichurrasco (and again, and again...) 1.372,00
9º Smashing Patakas II 1.354,20
10º munstaphas 1.329,00

domingo, 4 de diciembre de 2011

The Fall, documental inédito en Nothern Cream.



Buscando polo Ersatz GB atopeime con unha boa sorpresa máis... o dvd do 2009 Northern Cream, The Fall DVD That Fights Back! que en realidade é unha auténtica xoia de revivalismo xuvenil, con dous concertos integros do ano 1981, dous máis, que si ben eran unha banda demoledora nos directos deses momento, o que máis me interesa deste dvd é o segundo capítulo da obra, un documental inédito ata ese momento, titulado sinxelamente "The Fallescrito, dirixido e producido por Nick Middle en 1994, cunha interesante entrevista a Mark E. Smith e coa colaboración de John Peel, aínda vivo daquela e fan numero un declarado da banda de Manchester. Unha compilación enorme, coma case sempre, dende a pegata central da cuberta, con ese ...this is the home of the vain!! do seu maior himno 'The Classical' ata o peche do documental co  pop naïf '15 Ways'. Aquí o tedes completo:

THE FALL, rare previously unreleased documentary
(incl. Nothern Cream, The Fall DVD That Fights Back!)
1994, Nick Middle / ed.2009
documental

sábado, 3 de diciembre de 2011

The Fall "Ersatz GB"

Xa xei que ás veces me repito, pero xa sabedes que The Fall e todo o universo de Mark E. Smith é unha das miñas maiores debilidades, e coma nos últimos anos, a mediados de novembro chega unha nova entrega de estudio, o deste ano titúlase "Ersatz G.B.", e van 29 de estudio, e coma sempre ó seu aire, co seu personal estilo, e meténdose con todo cristo, desta vez coas redes sociais, gossip girl... sempre pasando das melodías, todo nervio! Mark E. Smith ten a virtude de que calqueira cousa que faga sona a The Fall, así atopamos dende a apertura con 'Cosmos 7' unha volta ó seu son de finais dos 70, as tremendas 'Taking Off' e sobre todo 'Nate will not return', pasando polos exercicios de baixo de 'Monocard', a dozura pop de 'Happi Song' (donde lle cede as voces principais á teclista Eleni Puoulou), e case tamén en 'Laptop Dog', ou o rockabilly de 'Mask Search'. 
Sempre The Fall!!! 

THE FALL "Ersatz G.B."
(Cherry Red Recs, 2011)


faite con el en Radio Free Europe.


viernes, 2 de diciembre de 2011

jueves, 1 de diciembre de 2011

Fugazi Live Series

Xa vos temos falado das Live Series de Fugazi, unha das nosas bandas de referencia, son unha colección dos seu concertos que foron editando unha vez   que a banda puxo punto e final (supoñemos). As Live Series ata o de agora eran unha colección de 30 concertos publicados, cun son máis que correcto se apenas post-producción, e hoxe é o día que que o proxecto medra. 


Pero eso era só unha mínima parte dos máis de mil concertos que atesora a banda, e máis de 800 están perfectamente grabados, coma os que dispoñíamos ata hoxe. Este 1 de decembro foi o día escollido para comezar a publicación masiva  de todo o material. Hoxe mesmo na web de Dischord Records ábrese o apartado Fugazi Live Series, donde xa están dispoñibles 130 concertos (os 30 editados ata agora, e un centenar máis) e así seguirán pouco a pouco subindo material ata chegar a superar os 800 concertos. Na mesma páxina tedes indexado todo catálogo dos seus concertos, e un sinxelo buscador para atopar calqueira que busquedes, e indicando si está grabado ou non e a súa dispoñibilidade de descarga. Para facervos con eles só teredes que indicar o precio que vos queirades, pero a banda recomenda pagar 5$ para a sustentabilidade do proxecto. Eu xa me vou a poñer agora a revisar todo, e coa gran dúbida de cando subirán o concerto de 1995 no Número K de Santiago (na súa web localizado como San.deCampostela), e está grabado, pero aínda non dispoñible... eu estiven alí!!!

martes, 29 de noviembre de 2011

Docteur Legume et Les Surfwerks

Docteur Legume é o novo alias do italiano Massimiliano Bocchio, logo de deixar atrás a electrónica de Klange, Modified Ambience ou os Urbanatribu, lanzouse cun proxecto de surf espacial con este alter-ego afrancesado, nos seus comezos como solista, dende aquel "3D Robot Monster" do 2009, e agora xa acompañado (aínda que pouco) por Les Surfwerks. Neste final de 2011 regálanos dous álbumes na súa web. Son "La Planète Sauvage" e "Outer-Space Spaghetti Surf", o primeiro deles máis experimental e o segundo con reminiscencias máis clásicas, pero sen apartarse nunca dos instrumentais inspirados no cinema de ciencia ficción da primeira metade de século XX, das series de espías e dos westerns... así que xa vos podedes imaxinar: surf, trash, exótica, guitarras twang co reverb a tope, e moitos efectos cinematográficos... tamén podedes seguilo no seu blog.

DOCTEUR LEGUME ET LES SURFWERKS "La Planète Sauvage. 
(10 songs about sex and psychopathy)". (Massimiliano Bocchio/Dr.Legume, 2011)
descarga La Planète Sauvage aquí.


DOCTEUR LEGUME ET LES SURFWERKS "Outer-Space Spaghetti Surf with...". 
(Massimiliano Bocchio/Dr.Legume, 2011)


e aquí tedes un par de videos tamén montados por Bocchio, 
sempre empregando o corta e pega das súas películas favoritas:

lunes, 28 de noviembre de 2011

Rif-RockSeries Vol.150

Por unha vez e sen que sirva de precedente, ahí vai outro novo volume das nosas series recopilatorias de cada par de semanas, vamos, o que soa a diario no Rif-Rock. Sodes moitos os que nos pedides que as subamos á web dos rifrockerz para compartilas, pero non daríamos feito tóda-las semanas. Desta vez deixámonos ir por ser un número tan significativo como é o volume 150... coma sempre moita actualidade e algunha rareza polo medio, así que ahí vos queda, a desfrutalo. Descarga Rif-RockSeriesVol.150 - enlace RR150 en MFire.


David Falcón no Dado Dadá

Esta noite no Jazz Club Dado Dadá de Compostela, David Falcón en directo, dentro do ciclo Novos Valores que o clube programa ata finais de xaneiro, será ás 21:00h. E a ver si pronto o temos polo Rif-Rock dando a brasa...

sábado, 26 de noviembre de 2011

Neil Young & Crazy Horse "Zuma"

O clásico desta semana tamén é un deses que non precisa de ningunha presentación... pero foi o primeiro álbum de Neil Young que tiven nas miñas máns, e daquela fascinoume a súa guitarra, pero sobre todo pareceume o disco máis triste que escoitara na miña vida por moito q empezara do 'Don't Cry no tears' (poñedelle que tiña 13 ou 14 anos), logo co tempo souben que era o disco máis alegre de Neil Young en moitos anos, ou o máis rabioso, e por moito tempo tiven 'Danger Bird' e 'Drive Back' como temas de cabeceira... É o seu séptimo álbum en solitario, e o terceiro deles nos que o acompaña a Crazy Horsee e o asunto é que esta semana conseguin unha copia en vinilo de auténtica ganga! e por eso, e por imprescindible lle toca sé-lo clásico desta semana.


NEIL YOUNG & CRAZY HORSE "Zuma"
(Reprise Recs, 1975)



viernes, 25 de noviembre de 2011

The Frowning Clouds "All Nigh Long"

Pouco traballamos esta semana no blog, e hoxe non o imos a arranxar, pero ahí vai un dos temas que non me saiu da cabeza en toda a semana... The Frowning Clouds son unha banda australiana de r'n'b e garage que comezaron sendo uns imberbes adolescentes, e agora (aínda que non pasou moito tempo) xa son toda unha referencia e a gran esperanza do xénero. Tras varios 7'' o ano pasado publicaron o ep "Diamonds and Clubs" e o seu debut en formato longo "Listen Closelier" (Off the Hip, 2010). Neste 2011 o seu novo 7'' chega da man do selo sevillano Saturno Records, con dous temas, o impresionante 'All Night Long' e 'Dame a Dozen' na cara b, para ir facéndonos máis ganas do seu próximo álbum...


THE FROWNING CLOUDS "All Night Long"
(Saturno Records, 2011)


faite con el no blog Nosotros Somos Los Muertos:
*tamén tedes no mesmo blog outra entrada con outro 7'', un ep e o seu primeiro álbum.