
Xa sabedes que non deberiades perder esta ocasión de velos, pero para ir abrindo boca ahí tedes un tema en exclusiva
"Microscópico Bikini"

Dende o ano 99 do pasado século seguimos dando a brasa, e aquí seguimos coa nosa idea de como entender a música e como disfrutar dela nun local de copas... O pasado 2 de Xullo cumprimos 8 anos, pero por comodidade tanto para nós como para os convidados o deixamos para o final do verán, e así todos contentos...Venres 24 de Agosto, as 23:30h. poderedes/mos desfrutar dunha nova sesión da RIFROCKERZ BLUESBAND, Sito Suárez á guitarra, Piti Drumz á batería, e Paco Charlín dirixindo o invento dende o jazzbass... xa sabedes, incríbles versións instrumentais de todo tipo de temas, e coma sempre, de seguro que haberá algunha que outra sorpresa...
Sábado 1 de Setembro, ás 23:30h. Presentación case mundial dun novo proxecto paralelo: LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE, rock'n'roll bizarro, garage e rhythm'n'blues do suxo, pero de momento é sorpresa, sorpresa... pronto teredes máis nova deles...
Así que xa sabedes: Venres 24 de Agosto e Sábado 1 de Setembro, celebramos 8 anos de Rif-Rock con dous concertos únicos que non vos deberiades perder, tra-los concertos RIFROCKERZ.DjSet e moito máis...