martes, 28 de agosto de 2007

RIFROCKERZ BLUESBAND


O primeiro dos concertos do 8ª aniversario do Rif-Rock tivo coma protagonistas á RIFROCKERZ BLUESBAND, como non, co mestre de cerimonias Paco Charlín ó baixo, Piti 'drumz' á batería e Sito Suárez á guitarra. Fixeron de todo, case máis en plan jamsession que outra cousa, pero sonou blues, funk, reagge, e sobre todo moito rock, todo prolongado ata que os artistas dixeron basta, para rematar cunha delirante versión do 'Woo Hoo' de 10 minutos, e con maior velocidade da que lle imprimen as xapas de The 5,6,7,8's... Non podía faltar Moncho (Sr. Núñez), que saltou coma un espontáneo a facerse forte detrás da batería no segundo dos pases...
Se non estuvéchedes por alí que vo-lo conten, e se non, a ver se vou publicando máis fotos máis adiante... e lembrade, este sábado máis...

No hay comentarios: