Desta vez ofrecémosvos dúas propostas:
Venres 24 de Agosto, as 23:30h. poderedes/mos desfrutar dunha nova sesión da RIFROCKERZ BLUESBAND, Sito Suárez á guitarra, Piti Drumz á batería, e Paco Charlín dirixindo o invento dende o jazzbass... xa sabedes, incríbles versións instrumentais de todo tipo de temas, e coma sempre, de seguro que haberá algunha que outra sorpresa...
Sábado 1 de Setembro, ás 23:30h. Presentación case mundial dun novo proxecto paralelo: LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE, rock'n'roll bizarro, garage e rhythm'n'blues do suxo, pero de momento é sorpresa, sorpresa... pronto teredes máis nova deles...
Así que xa sabedes: Venres 24 de Agosto e Sábado 1 de Setembro, celebramos 8 anos de Rif-Rock con dous concertos únicos que non vos deberiades perder, tra-los concertos RIFROCKERZ.DjSet e moito máis...
No hay comentarios:
Publicar un comentario