Logo de despotricar públicamente de Radiohead polo xeito no que ofreceron o seu último album na súa web, agora Trent Reznor fai o mesmo, pero gratis de todo. O disco creo que non sairá ata xullo, pero xa está dispoñible na súa web:
Só tedes que inscribir o voso e-mail, e tamén ten a opción de enviarllo directamente ós contacto que queirades. Alí vos envían o enlace para a descarga directa. Está dispoñible en varios formatos. A versión en mp3 (está entre 450 e 600 kbps) é de descarga directa, o resto son vía bittorrent, así que vos veredes...
En canto ó disco non é que sexa para botar foguetes, xp este home hai moito tempo que perdeu o norte, o bo gusto e a inspiración por completo... aínda que sei que hai moito incondicional solto por ahí. É bastante irregular pero ofrece o de sempre, moito ambient con bastante ruido industrial (cada vez menos, pero desta vez máis que en anteriores entregas) e agora con estructuras abertamente rock, que tampouco lle pegan nada...
Aproveitade para descargalo agora que está dispoñible, e logo xa veredes si merece outra oportunidade ou o borrades directamente...

No hay comentarios:
Publicar un comentario