domingo, 30 de noviembre de 2008

Volven AIRAS!!! 12 e 13 de Dec. no Tetuán e no RIF-ROCK

RIF-ROCK e TETUÁN teñen o pracer de presentar o retorno de
AIRAS
FARÁN DOUS CONCERTOS EN CAMBADOS NO MES DE DECEMBRO
VENRES 12 NO TETUÁN
SÁBADO 13 NO RIF-ROCK

OS 2 CONCERTOS SERÁN ÁS 23:30H.



XA VOS IREMOS INFORMANDO DE MÁIS...

sábado, 29 de noviembre de 2008

Hoxe Sábado 29, unha nova sesión enmascarada de NEWRA!!!

HOXE NON VOS PERDADES UNHA NOVA SESIÓN DE
NEWRA!!!
O NOSO Dj ENMASCARADO!!!

Xa sabedes... Pura transgrasión!!!

jueves, 27 de noviembre de 2008

MUNSTAPHA GROOVES!!!



Tranquis... que ahí vai o truco...



Gracias (outra vez) Sanny, por deixarme o teu pelazo!!!

lunes, 24 de noviembre de 2008

Ó Álbum da Semana: Fugazi Live Series! Vol. 30

E como non, o álbum desta semana tiña que pertencer á colección:
E aquí vos deixo o enlace dun dos volumes das
Fugazi Live Series (Vol.30)

este é o último, o volume#30, grabado en London, o 4 de Novembro de 2002, editado no 2005 en dobre cd tal cual foi o concerto, unha xoia!!!

que o disfrutedes:
http://www.megaupload.com/es/?d=4MCPZKF8

Fugazi!!!

Fugazi: Waiting Room


Fugazi: Song#1


Fugazi: Turnover (Live 1991)


Fugazi: Long Vision


Fugazi: Bad Mouth

Hoxe, FUGAZI en Libro de Notas!!!

Hoxe, como tódo-los días 24 de cada mes, unha nova entrega da columna "De Ventrílocuos Impostores" en Libro de Notas. Desta vez adicado a FUGAZI, a conta da re-edición dos 30 volumes das "Fugazi Live Series":


"Cuando sólo tienes 14 años y (todavía no sé porqué) te compras el Repeater de Fugazi, algo no está bien en tu cabeza, ni en la mía ni en la de cualquiera. Solo conocía un par de canciones que por aquel momento sonaban a menudo en Radio 3, y me gasté mi paga semanal en aquel disco. Al escuchar aquel vinilo comprendí que la música podía ser fácil y directa. Sobraban los alardes de todas las bandas de los 70, sobraban la mitad de los instrumentos sin que el resultado tuviesen que ser cañonazos, y hasta sobraban los estribillos. Aquello era otra cosa. Pero el asunto es Fugazi, y no mi vida. Estas Fugazi Live Series son 30 volúmnes que evidentemente se corresponden con 30 conciertos de diferentes etapas de la banda, que se publicaron en su momento sin tratamiento ni edición alguna, simplemente con los los créditos del concierto, colaboradores y con una foto de la banda por portada que se mantenía abarcando con cierta coherencia diferentes etapas. Así de sencillo, foto, con lugar y fecha del concierto, y dentro un cd con lo que allí hubiese ocurrido, tal cual, sin posproducción, con sus errores, algún acoplamiento incontrolado o el típido pesado del público que no puede mantener cerrada su bocaza. Unos directos en toda regla, una colección de 30, muchos de ellos en formato doble y con un sonido ‘casi’ excelente."

"Lo resume a la perfección esta frase de Joan S. Luna en su artículo El Declive de la Civilización Estadounidense: Breve Historia del Hardcore: «sus complejas y a la vez certeras composiciones trocaron fuerza bruta por un vibrante sentido de lo emocional […] su nombre continúa siendo clave y ninguna otra banda se perfila capaz de hacer sombra a una discografía como la suya, con auténticas obras maestras de la música contemporánea». Y esto lo dice un sabio, no yo. El resto de comentarios sobre la banda sobran..."

pincha aquí para ver o
ARTIGO COMPLETO


e non te olvides de visitar a diario
Libro de Notas

viernes, 21 de noviembre de 2008

Álbum de debut de LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE, xa á venta!!!



POR FIN AMIGOS, XA ESTÁ AQUÍ O ÁLBUM DE DEBUT DE
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE!!!

á venta nos seus concertos e ademáis de en diversos locales.
Preguntade no Rif-Rock...
É unha primeira edición limitada a 300 copias numeradas,
así que apurade a facervos con el que voan...
e por só 5€!!!

+info:
www.myspace.com/loshijosbastardosdepeterlorre



jueves, 13 de noviembre de 2008

este sábado 15 unha nova aventura do SHERIFF LORRE!!!

ESTE SÁBADO 15 de NOV.
UNHA NOVA AVENTURA DO
SHERIFF LORRE
"RAWK'N'WILDZ"


UNHA TOLEMIA DE SESIÓN ADICADA Ó ROCK'N'ROLL MÁIS BIZARRO, DE SWIM, FUNK, GARAGE E SOBRE TODO MOITO RHYTHM'N'BLUES CAVERNÍCOLA!!!


Alineación al centro

Rif-Rockerz Afterhours: Fariña VS Calambres

Outra desas cachadas do señor kurco, reporteiro incansable en horas intempestivas:

que te recuperes pronto!!!


Queremos mandar un abrazo ó noso amigo Tomás, e habitual colaborador do Rif-Rock, alias DjCHOEU, que o pasado venres sufreu unha grave lesión na nosa habitual pachanga de retirados do baloncesto... polo que a sesión que ía facer o vindeiro sábado 22 con Newra pinchando cassettes queda aplazada ata próximo aviso...
Animo compañeiro e que te recuperes pronto...

lunes, 10 de noviembre de 2008

HENRY WARNIMONT




AHÍ VAN UN PAR DE FOTOS, SI TEDES MÁIS ENVIADEMAS!!!
SAÚDE CHAVALES E A SEGUIR DÁNDOLLE DURO!!!

Henry Warnimont en directo (1ª parte)



Henry Warnimont en directo (2ª parte)



Henry Warnimont en directo (3ª parte)



Henry Warnimont en directo (4ª parte)



Henry Warnimont en directo (5ª parte)



Henry Warnimont en directo (6ª parte)



miércoles, 5 de noviembre de 2008

Este Sábado 8, HENRY WARNIMONT en concerto!!!

Este Sábado 8 de Novembro
EN CONCERTO:
HENRY WARNIMONT
ás 23:30h.



O album da semana: "Imperial Wax Solvent" de THE FALL

O album da semana esta vez da que vai camiño de se-la banda máis grande de tódo-los tempos, senón ó tempo, vosos netos saberán...
THE FALL
Imperial Wax Solvent
(Sanctuary, 2008)



Outra xoia do señor Mark E. Smith, co seu son particular, que todos veñen tentando imitar dende finais dos 70. A súa mestura de garage e kraut, a electrónica de xoguete, o auténtico post-punk que ninguén xamáis soubo facer coma el, e as letras que non fan máis que poñer a cada un no seu sitio...
outro traballo imprescindible!!!

descárgao no blog
Baransworld:
http://rapidshare.com/files/113929658/The_Fall_Imperial_Wax_Solvent.rar

Despregable#19. Este fin de semana xa estará dispoñible.

Sí amigos, con un pouco máis de retraso da conta, dende este fin de semana xa estará na rúa o novo número do
Fanzine Despregable,
e van 19 (de-za-no-ve!!!)
manda carallo, e para xaneiro 20!!!
Pero non adiantemos acontecimentos.



Neste número podedes entretervos con fondas entrevistas á banda de Val Miñor NIÑO Y PISTOLA que veñen de publicar o seu novo álbum 'Culebra' e comezan a xira de presentación por todo o estado.
O cambades ISI VAAMONDE publica tamén este mes de novembro o seu quinto EP 'Unsportslikeman World' e con el falamos da súa nova edición, da súa carreira e de como funciona todo isto en Madrid (donde le reside) e de como se ve alá todo o que está a acontecer musical e culturalmente aquí. E seguimos con música, os nosos queridos LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE nos presentan o seu álbum homónimo de debut, falamos co seu cantante Michi Calambres sobre a xestación do álbum e de tóda-las demáis aventuras dos seus compinches.
Directamente dende London, a banda italo-irlandesa SAMAPHORE tamén nos presenta o seu novo álbum, e nos comentan por qué Londres é o seu lugar...
No gráfico, o papel central está ocupado pola fotógrafa Elsa Llort, ademáis do impresionante comic a catro páxinas de Raúl Villares "Colosos Infinitos"... e moito máis, as seccións fixas, coma o boletín do SPJ comandado por Paco Charlín, a Cara-B de Davida, neste número adicado a Batman e a Phoo Action, as recomendacións musicais de Kurco e Munstapha nos 'RuidosVsMelodías" e tódo-los comics que cada número nos trae Newra.
e moito máis... que por suposto teredes que averiguar nos lugares habituais...
E coma sempre, para socios, e demáis sospeitosos prusianos, acompañamos este número con un fantástico cd, o segundo volume do
Jazz Frecuency Group
de PACO CHARLÍN,
acompañado desta vez polos músicos neoiorquinos
Donald Edwards e Jaleel Shaw.

Para máis info:
Embaixada Prusiana

martes, 4 de noviembre de 2008

MOndo RIFPOP: VAMPIRA!!!



Nova entrega de Mondo RifPOP, esta vez
adicado a Maila Nurmi, eternamente coñecida como Vampira, presentadora do Horror Show "The Vampira Show"
e musa incondicional de Ed Wood.


Todo comezou como por casualidade, en 1953, cando Maila Nurmi, finlandesa se presentou nunha das máis famosas festas de disfraces de Hollywood caracterizada como o personaxe de Morticia pero aportándolle moitos rasgos novedosos e que a identificarían para sempre. Deulle un aire de vampiresa e aristócrata que a matriarca da familia Adams (por aquel entón era un comic) non posuia, metade vampiro metade fantasma, e un surrealista sentido do humor con continuas bromas macabras que fixeron que varios productores puxeran a vista nela.

De inmediato Hunt Stromber a contratou para presentar un programa no Canal 7 chamado "The Vampira Show" no que presentaba películas de terror e ciencia ficción. Dende entón converteuse nun persoaxe moi popular, que se codeaba coas máis grandes estrela do cinema como Maron Brando ou James Dean. Sen embargo o programa comezou a decaer.

Foi entón cando Ed Wood a contratou para aparecer en "Plan 9 from Outer Space" de 1958, xunto cun acabadísimo Bela Lugosi. Por suposto, participar en filmes de tan baixo presuposto e de factura tan cutre foi o seu suidicidio profesional, sen embargo, quizáis non tiña outra opción.

Terminou por convertirse nunha estrela da serie B (si no cutre hai estrelas, sen dúbida ela foi unha delas...) con filmes como "Sex Kittens go to College" e nos sucesivos intentos por refacer filmes inspirados en guións inéditos de Ed Wood.

Dende
logo nunca máis volveu ter fama e por suposto sempre seguíu ligada á figura pouco afortunada de Ed Wood... pero será lembrada polo seu papel de Vampira no seu Horror Show, no que acadara o rango de mito sexual para sempre.

Morreu este mes de xaneiro de 2008 ós 85, pero de seguro que volverá sair da tumba unha vez máis!!!

Para toda a información consultade a súa web:
Vampira's Attic

i eu vos deixo con un par de videos: