miércoles, 5 de noviembre de 2008

Despregable#19. Este fin de semana xa estará dispoñible.

Sí amigos, con un pouco máis de retraso da conta, dende este fin de semana xa estará na rúa o novo número do
Fanzine Despregable,
e van 19 (de-za-no-ve!!!)
manda carallo, e para xaneiro 20!!!
Pero non adiantemos acontecimentos.



Neste número podedes entretervos con fondas entrevistas á banda de Val Miñor NIÑO Y PISTOLA que veñen de publicar o seu novo álbum 'Culebra' e comezan a xira de presentación por todo o estado.
O cambades ISI VAAMONDE publica tamén este mes de novembro o seu quinto EP 'Unsportslikeman World' e con el falamos da súa nova edición, da súa carreira e de como funciona todo isto en Madrid (donde le reside) e de como se ve alá todo o que está a acontecer musical e culturalmente aquí. E seguimos con música, os nosos queridos LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE nos presentan o seu álbum homónimo de debut, falamos co seu cantante Michi Calambres sobre a xestación do álbum e de tóda-las demáis aventuras dos seus compinches.
Directamente dende London, a banda italo-irlandesa SAMAPHORE tamén nos presenta o seu novo álbum, e nos comentan por qué Londres é o seu lugar...
No gráfico, o papel central está ocupado pola fotógrafa Elsa Llort, ademáis do impresionante comic a catro páxinas de Raúl Villares "Colosos Infinitos"... e moito máis, as seccións fixas, coma o boletín do SPJ comandado por Paco Charlín, a Cara-B de Davida, neste número adicado a Batman e a Phoo Action, as recomendacións musicais de Kurco e Munstapha nos 'RuidosVsMelodías" e tódo-los comics que cada número nos trae Newra.
e moito máis... que por suposto teredes que averiguar nos lugares habituais...
E coma sempre, para socios, e demáis sospeitosos prusianos, acompañamos este número con un fantástico cd, o segundo volume do
Jazz Frecuency Group
de PACO CHARLÍN,
acompañado desta vez polos músicos neoiorquinos
Donald Edwards e Jaleel Shaw.

Para máis info:
Embaixada Prusiana

No hay comentarios: