Nova entrega de Mondo RifPOP, esta vez adicado a Maila Nurmi, eternamente coñecida como Vampira, presentadora do Horror Show "The Vampira Show"
e musa incondicional de Ed Wood.


De inmediato Hunt Stromber a contratou para presentar un programa no Canal 7 chamado "The Vampira Show" no que presentaba películas de terror e ciencia ficción. Dende entón converteuse nun persoaxe moi popular, que se codeaba coas máis grandes estrela do cinema como Maron Brando ou James Dean. Sen embargo o programa comezou a decaer.

Terminou por convertirse nunha estrela da serie B (si no cutre hai estrelas, sen dúbida ela foi unha delas...) con filmes como "Sex Kittens go to College" e nos sucesivos intentos por refacer filmes inspirados en guións inéditos de Ed Wood.
Dende logo nunca máis volveu ter fama e por suposto sempre seguíu ligada á figura pouco afortunada de Ed Wood... pero será lembrada polo seu papel de Vampira no seu Horror Show, no que acadara o rango de mito sexual para sempre.

Para toda a información consultade a súa web:
Vampira's Attic
i eu vos deixo con un par de videos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario