lunes, 29 de junio de 2009

Esta semana comezamos. 10 anos de Rif-Rock!!!

E lembrade que semana comezamos coas celebracións dos
10 anos do RIF-ROCK


Sábado 4 de Xullo:
LOU REYES & LOS ASTROS
e despois do concerto sesión a cargo de Lorre Lorre Dj.

Sábado 11 de Xullo:
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE

e unha sesión de La Lorre Inc.DjSet

Venres 17 de Xullo:
AIRAS (acústico)
Karlos e Kevi con algún convidado especial.


*tódo-los concertos comezan ás 23:30h.

Non vo-lo perdades
e vide a celebralo con nosco!!!

ISI VAAMONDE na Festa do Lume.

Aquí tedes a Isi Vaamonde e á súa banda en directo onte, na Festa do Lume no parque de Torrado.
Video subido por Duque Cambados na súa canle youtube.
Visitade as súas webs:
CambadosWeb.
Isi Vaamonde.

jueves, 25 de junio de 2009

Aves Cantamañanas.

E aquí vos presento un novo blog, a cargo de "Gall D'Indie" que dende Cambados nos ofrece case a diario unha dose de boa música:
Aves Cantamañanas.

Aquí tedes as súas últimas entradas
:

Jeff Buckley - Grace [1994]

A Silver Mt Zion - Born Into Trouble As The Sparks Fly Upward [2000]

Un bico, Gall D'Indie, (e que te recuperes!!!) e a ver se próximamente nos ofrece algo coma esto, e que valga a pena descargalo:

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre + Los Explosivos

E lembrade que mañán Venres 26 de Xuño hai unha nova entrega da Sala Boogaloo, que será ademáis unha noite moi especial festexando o 4º aniversio de El Agente Naranja de Portonovo.
Estarán os mexicanos
LOS EXPLOSIVOS

e os tremendos
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE

nun concerto moi especial no que contarán coa colaboración de
ROI (The Phantom Keys)
para facer un repertorio adicado ós primeiros Rolling Stones
.




Toda a info na web da Sala Boogaloo.

Isi Vaamonde & Alejandra Burgos en concerto.

Este fin de semana temos dobre cita musical.
Hoxe mesmo Xoves 25, no Café Continental (22:30h.), unha nova ocasión para desfrutar do show de
Alejandra Burgos
desta vez acompañada por dúas guitarras (Antonio Aranda e Ariel Burgos)
(tedes máis info na entrada sobre o anterior concerto e na súa web)




E o domingo 28, no parque de Torrado poderemos desfrutar dunha nova visita de
ISI VAAMONDE
a Cambados coa súa banda, será dende as 20:00h., traído por Nova Produccións nun evento organizado polo Concello do que sei que tamén haberá unha performance e outro concerto (aínda que non hai nen un anuncio nen un **** cartel nin nada, só coñezo a info de UGCh, que son os únicos que se adicaron a darlle publicidade, e a data no myspace de Nova Pr, unha pena...), pero do que non atopo máis información, de todos xeitos, ide a ver a Isi nun escenario grande e aproveitade o que veña despois!!!




e aquí tedes nunha lista de reproducción o seu concerto no Rif-Rock o pasado 18 de Abril, presentado UW:

http://www.youtube.com/view_play_list?p=09C0F178C48A8060


Toda a info e carteles sacados da web de Unha Grande Chea
.

miércoles, 24 de junio de 2009

Sonic Youth.

Sonic Youth
Goo

(Geffen 1990)


descargádeo no blog PLOP! (My ears Explodes): http://plopmyearsexplode.blogspot.com/2008/10/sonic-youth-goo.html http://rapidshare.com/files/157612087/Sonic_Youth_-_Goo.rar


E aquí tedes un dos proxectos paralelos máis aclamados da historia, con Sonic Youth, Mike Watt (xenio de Minutemen) e J.Mascis (Dinosaur Jr) no que ademais de cortes de silencio, e de moito ruído se incluía aquela inquedante versión do "Into the Groove(y)" de Madonna:
Ciccone Youth

The Whitey Album

(Geffen 1988)

descargádeo en Shiny Grey Monotone:
http://www.mediafire.com/?9gbdtlbn9jn





Dinosaur Jr

Ben e como o novo álbum de Dinosaur Jr (igual que o de Sonic Youth) non se pode subir pq sempre o descolgan, pois non imos perde-lo tempo e aquí vos deixo o seu álbum de debut e o primeiro de Mascis con The Fog:

Dinosaur Jr
Dinosaur

(Homestead, 1985)

descargádeo no blog Carnicería Musical:
http://www.mediafire.com/?xcjtz3cnzmt


J. MASCIS & THE FOG

More Light

(Ultimatum, 2000)

descargádeo no blog Music is my Girlfriend:
http://www.megaupload.com/?d=9ZJOO9EH




Hoxe en Libro de Notas... Sonic Youth Vs Dinosaur Jr

Hoxe como cada 24 de tódo-los meses unha columna de 'De Ventrílocuos Impostores' en Libro de Notas:

Sonic Youth Vs Dinosaur Jr. De una historia que quizás se repita.
xogando cos paralelismos entre as carreiras destas dúas bandas, e aproveitando para introducir a outra institución daquel tempo: Sebadoh!!!

Casi coincidiendo en el tiempo nos llegan las nuevas entregas de dos de las más grandes instituciones del indie que asoló el planeta en la segunda mitad de los 80 y la primera de los 90. Sonic Youth y Dinosaur Jr publican nuevos álbumes en los que reivindican sus inicios y la importancia de su legado, que en numerosas ocasiones ha sido paralela, se ha entrecruzado y retroalimentado entre sí. [...]
[...] Además aquel año ambas historias se cruzaron por primera vez en un proyecto llamado
Ciccone Youth, en el que a Sonic Youth se sumaban J Mascis, Mike Watt y Suzanne Basic, para fabricar The Whitey Album, una especie de broma tomada muy en serio que pretendía ser el equivalente ruidista de la obra beattliana para un nuevo tiempo que estaba por llegar...
[artigo completo]









martes, 23 de junio de 2009

O álbum da semana "Impossible but true. The KIM FOWLEY Story"

Esta semana adicámoste o álbum da semana a un dos maiores xenios de tódo-los tempos, Kim Fowley, un deses freaks estivo en todo, comezou facendo grandes hits de rock'n'roll a finais dos anos 50, no 62 triunfaba coma visionario mestres outras bandas coma The Beatles facían porquerías... un dos creadores do freakbeat, da sicodelia, do garage... xunto a Them, Frank Zappa, Captain Beefheart ou The Seeds. Aquí tedes un pequeno resumo da historia de Kim Fowley editado por Ace Records, que recolle temas entre 1959 e 1968, Imposible pero certo, do creador de auténticos himnos coma Bubblegum, The Trip, Satan's Holiday, Gloria's Dream ou Justine aínda que non vo-lo poidades crer!!!:

KIM FOWLEY

Impossible but True.
The Kim Fowley Story 1959-1968.

(Ace Recs, 2003)



Descargádeo no blog
Twilightzone:
http://twilightzone-rideyourpony.blogspot.com/2009/06/kim-fowley-impossible-but-true-kim.html
http://rapidshare.com/files/247303849/ki74-mf42.rar

[tedes o password nos comentarios]


lunes, 22 de junio de 2009

10 anos de RIF-ROCK!!! Adianto da programación.

Xa temos case todo preparado para celebra-los
10 anos do RIF-ROCK

ahí vai un adianto da progragamación:

Sábado 4 de Xullo:
LOU REYES & LOS ASTROS
e despois do concerto sesión a cargo de Lorre Lorre Dj.

Sábado 11 de Xullo:
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE

e unha sesión de La Lorre Inc.DjSet

Venres 17 de Xullo:
AIRAS (acústico)
Karlos e Kevi con algún convidado especial.


*tódo-los concertos comezan ás 23:30h.
e nos próximos días de seguro que confirmamos algunha sesión máis.

Non vo-lo perdades
e vide a celebralo con nosco!!!

jueves, 18 de junio de 2009

10 anos de RIF-ROCK!!!


Xa estamos con case todo a punto para festexalo.
O próximo 2 de Xullo o Rif-Rock cumpre 10 anos,
e por suposto que este ano non deixamos as celebracións para setembro,
nas vindeiras semanas vos informaremos de todo o programa.

miércoles, 17 de junio de 2009

O álbum da Semana: "Get Shitfaced with The Onyas" de THE ONYAS

The Onyas eran unha banda australiana (de donde si non????) de punk-rock-garage a toda hostia que dende a primeira metade dos 90 discos pulverizantes... Hoxe, no álbum da semana un pouco da nosa adolescencia...
THE ONYAS
Get Shitfaced with the Onyas
(Au Go-Go / Munster 1997)


Descargádeo no blog do Captain Poon:
http://capitainpoon.blogspot.com/2008/01/onyas-get-shitfaced-whit-onyas.html
http://rapidshare.com/files/85985869/CapitainPoon.OnyasGetShitfaced.zip

e aquí tedes un video de calidade lamentable que me encanta:


O novo de Dinosaur Jr.


lunes, 15 de junio de 2009

Los Explosivos

Los Explosivos virán dende Mexico DF a presentar o seu novo álbum, pero de momento aquí vos deixo o anterior, o seu debut homónimo:
Los Explosivos
(2007)

4º aniversario de El Agente Naranja na Sala Boogaloo.

Xa temos nova data na Sala Boogaloo, será o Venres 26 de Xuño, que será ademáis unha noite moi especial festexando o 4º aniversio de El Agente Naranja de Portonovo.
Estarán os mexicanos
LOS EXPLOSIVOS

e os tremendos
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE

nun concerto moi especial no que contarán coa colaboración de
ROI (The Phantom Keys)
para facer un repertorio adicado ós primeiros Rolling Stones
.




Toda a info na web da Sala Boogaloo.

LOS EXPLOSIVOS
www.myspace.com/losexplosivos
Los Explosivos son un desmadre. Así, sin más. Valdría la pena hacer notar que su obsesión por “las cosas viejas” raya en lo absurdo. Desde todo instrumento que diga VOX, hasta una mención a the Sonics dentro de sus canciones, por supuesto en medio van los discos de vinilo, las películas de monstruos y una afición insana por las camisetas de rayitas.Sus influencias van desde el punk al garage, desde the Cynics, MC5, Ramones a Sonics, Kinks…
Son Los Explosivos. Son re punks y lo mas salvaje que hay actualmente en México …

LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE
www.myspace.com/loshijosbastardosdepeterlorre
Nacidos entre pociones, calaveras y conjuros y con una actitud y sonido completamente cavernícola, estos cuatro jóvenes, seguidores de Screaming Lord Sutch, las viejas series de ciencia-ficción y los donuts, se reunieron en junio del 2007 con el objetivo de esparcir la semilla del rock’n'roll por todo el mundo.En esta ocasión les acompañará Roi, guitarra del combo Phantom Keys, y con el que harán un repertorio de temas de la primera época de Rolling Stones.

Apertura de puertas 1:00 h / Conciertos 1:30 h.

ENTRADA + consumición 10 euritos.

Desde las 21:00 h pre-fiesta en el Agente Naranja hasta la hora del concierto, con pinchas y coctkails.

Hoy tendremos además el increíble Potenkim Show (Salamanca) y Alex “Big Voxx Man” (A Coruña) a los platos.

miércoles, 10 de junio de 2009

2 sesións máis...

Ben e para que non se me cele nadie ahí van unhas cantas sesións máis, que non engadirei na columna, pero que unha que nos poñemos a recomendar sesións anteriores, ahí van outras dúas:
Unha sesión de Comomepos (do 16 de maio)
'XXXpansive Rock
':
http://www.megaupload.com/?d=8KTMHIM3


E unha das primeira de Marinocha 'Mia Wallas', "Free Rawk'n'Rollin" do 8 de agosto:
http://www.megaupload.com/?d=TVVSB69G

Sesións RifRocKerZ.

Dende esta semana deixo colgadas algunhas sesións dos RifRocKerZ dun xeito máis permanente, así que estarán dispoñibles a primeira vista na columna da esquerda, entre os avances de programación e o indice de arquivo das entradas. De primeiro incluímos a máis recente:
Psychedelic Munstapha Vol. 2,
e as tres anteriores:

unha de
Stoner,

outra de Kurco
SoundSystem (feat. Blacky Santórum) "Hot Come Back"

e
o vol. 15 das Series do Sheriff Lorre.

Polo momento ahí estarán estas catro, pero a idea é que alomenos sempre
estean na cabeceira as dúas últimas en cada momento...

O album da semana "Further Complications" de JARVIS COCKER.

Jarvis Cocker era o lider, cabeza pensante e case todo da eterna banda PULP, que nunca me gustaron demasiado, senón todas aquelas pezas extrañas que case non lles gustaban ós seguidores de Pulp, a veces pasa... Pero dende que se separaron Jarvis Cocker non deixa de sorprenderme, ben sobre todo no anterior disco, pero desta vez volveuno facer, "Further Complications" é un discazo de pop en tódo-los paus, melódico, ruidoso, divertido...
JARVIS COCKER
"Further Complications"
[Rough Trade, 2009]


Descargádeo no blog
All You Need is Me(usic) mentres lle botades un ollo: http://www.mediafire.com/?yiwme4mgmx2


Aqui tedes o clip do single "Angela" e os dous temas que máis me gustan do álbum ("Further Complications" e " "Homewrecker") tocados en medio da rúa en Paris...



martes, 9 de junio de 2009

"Ramones" de Dick Porter.

Xa hai varios meses que comprei este libro. Xa o coñecía de antes, posto que en moitas publicacións o reseñaban esta obra de Dick Porter como a historia definitiva, máis completa i exhaustiva dos Ramones, publicado no 2004... no momento adiqueime unha tempada a buscalo, por suposto non se distribuía en España, así que a esperar... e hai uns meses atopeime coa primeira edición en español, de agora, do 2009, ¿canto tempo se pode tardar en traducir un libro coma este???? Ben pois despois de estar collendo polvo na estantería hai unhas semana que me puxen con el... Imprescindible, agora a ver si consigo a obra do mesmo autor sobre The Cramps... Fantástico, recomendación feita para seguidores, fanáticos i enemigos (que tamén os haberá) dos Ramones, na semana que sempre se lles lembrará...
buscádeo:
Ramones
(de Dick Porter)
(edición en español de Robinbook edics. 2009 - colección MaNonTroppo).




máis entradas sobre os RAMONES:

http://rifrockerz.blogspot.com/2008/06/gabba-gabba-hey.html

e aquí os tedes facendo a versión dos Chamber Brothers:


pois iso...
Time has come today!!!

ou como diría un que eu me sei...
"os tempos son chegados!!!".


PACO CHARLIN en ArteriaJazz.

Hoxe martes 9 de xuño, Paco Charlín en concerto, en
Arteria Noroeste (sede dos innombrables en Santiago de Compostela) no ciclo ArteriaJazz.
O concerto comeza as 21:00h. e a entrada son 5€
formación:
Marcos Pin - guitarra
PACO CHARLÍN - contrabaixo
Max Gómez - batería



Si andades por Santiago, non vo-lo perdades!!!

lunes, 8 de junio de 2009

Psychedelic Munstapha Vol. 2

E aquí tedes unha sesión para descargar:
PSYCHEDELIC MUNSTAPHA Vol. 2
74 minutos de psychodelia, garage, freakbeat e moito ácido



aquí tedes o enlace:
http://www.megaupload.com/?d=XV24EH5K

viernes, 5 de junio de 2009

Sábado 6: Psychedelic Munstapha.

E mañán, sábado 6, esta vez sí! prometido,
unha nova entrega de

PSYCHEDELIC MUNSTAPHA
con todo o que xa está máis que anunciado
ácido, ácido e máis ácido!!!

La Bruta Fest.

Dende onte xa está en marcha en Coruña unha nova edición de LA BRUTA FEST, organizada pola discográfica EL BEASTO.
Para hoxe tedes a The Morlocks con The Staggers, mañan en sesión de tarde os tremendos Os Haxixins (ademáis este concerto é de gratixxx total) e máis tarde outro plato forte con Jack Meatbeat e con The Lords of Altamont.



tedes toda a info, horarios e demáis en
http://www.labrutafest.com/

jueves, 4 de junio de 2009

O album da semana "Preliminaires" de IGGY POP.

Esta é a nova entrega do mestre Iggy Pop, que tan acostumado nos ten a facer auténticas xoias como a parir a cagadas máis grandes da historia. Esta non é ningunha das dúas cousas, é un cambio de rumbo ou unha paréntese ou algo así, e non está nada mal. Convertido nunha especie de Tom Waits, que se inspira no escritor Michel Houllebecq, e se fai acompañar por bandas de jazz (o tema "King of the Dogs" é o mellor do álbum de largo). Que cante en francés non é tan sorprendente, pero o que non se pode negar, é que nun largo coma este, tan variado e raro, consegue dar equilibrio á toda-las pezas, mellores ou peores (por separado hai algunha moi mediocre) pero que en conxunto mantexen unha coherencia pouco habitual. Aquí o tedes:
IGGY POP
Preliminaires

(2009)



descargádeo no blog de Comemopos:
Overfunk
http://overfunk.blogspot.com/2009/05/iggy-pop-preliminaires2009.html


martes, 2 de junio de 2009

Makin' Of de Psychedelic Munstapha Vol. 2

Ben, esta entrada é para explicarlle a dous elementos como está feito o cartel da última entrega de Psychedelic Munstapha, xa que se ve que non teñen capacidade algunha de abstracción. E de paso xa vos aviso, que como o sábado pasado ó final non houbo sesión, pois farémola este próximo sábado 6 de Xuño, pero iso xa vo-lo repetirei dentro de un par de días.
Pois ben, collemos a imaxen de fondo e se vectoriza para comvertila nun gráfico de vectores, quedando así:



Unha vez vectorizado, desagrupamos o gráfico, para poder manexar tódo-los obxetos que quiramos como queiramos, pero neste caso solo imos a darlle color, seleccionando elementos ó azar e dándolle calquiera color que non desentone moito co que ten ó lado, e queda así:



A continuación so hai que insertarlle algunha imaxen e moitos graficos a modo de collage ata que queden ó gusto, partes de portadas de discos, algunha foto de porcalladas, un par de iconos sesenteiros, logo do local, e listo:



e por último poñerlle título e data, así que lembrade que a faremos o sábado 6 de xuño:



Asi de facil, a que non era tan raro como eu vo-lo explicaba???
ai!!! menudos lumbreras!!!


lunes, 1 de junio de 2009

Hoxe WILCO: "Spiders (Kindsmoke)"

E hoxe nos vamos a ver a WILCO:

Oscar CTK

No semanario Aturuxo desta semana temos unha entrevista con Oscar.Tk, señor de Cambados.Tk, a conto do cuarto aniversario da web, pincha aquí para ver a entrevista.
Ademáis pa publicidade que nos fixo na foto, devorando o último Despregable.



Noraboa outra vez!!!
e a ver que nos mandas dende Copenhagen!!!