miércoles, 31 de marzo de 2010

UNDERTOWN. Nova maqueta.

Dende hoxe, ou quizáis dende mañán,
xa tedes á vosa disposición a maqueta de estrea de
UNDERTOWN
a banda de Victor Karallada & cía.
A tedes á venta no Con do Moucho (Illa de Arousa) e no Rif-Rock (Cambados) por só 5€, e se sodes dos que non saen da casa tamén lle-la podedes pedir contra-reembolso no seu facebook por só 6€.

RifRocKerZ.DjSet - venres 2 e sábado 3

e o Venres 2 e o Sábado 3...
RifRocKerZ.DjSet
no seu formato orixinal!!!

O álbum da semana "Be Brave" dos Strange Boys.

Esta mañán xa vos traio algo mellor. O segundo álbum dos Strange Boys, dende Austin e nacidos a rebufo dos Black Lips, con certo espíritu lo-fi, pero con aínda menos complexos, i é que Ryan Sambol (o cabeza pensante desta banda) só ten 23 anos. Garage, pop psychodélico, e moita base 50's no formal. Un dos mellores álbumes do q vai de ano...

THE STRANGE BOYS
"Be Brave"
[In the Red/Rough Trade, 2010]


descargádeo no blog El Rincon de Kik:


The Fevers "Love Always Wins"

Outro facilón para carga-las pilas pouco a pouco, na onda bubblegum pop dos 60, vía revival de finais dos 70 e comezos dos 80 como The Nerves ou Teenage Head...

THE FEVERS
"Love Always Wins"
(Plastic Idol / Get Hip, 2004)


descargádeo no blog Power Pop Overdose:

The Japanese Motors

Neste comenzo de semana santa imos poñernos un poco máis lixeiros.
Discos fáciles para q pouco a pouco nos vaian entrando as ganas de festa a partires de mañan...

Dende california, power pop con pingas de garage e surf...

THE JAPANESE MOTORS
"The Japanese Motors"
(Vince Records, 2008)


descargádo no blog Los Mundos de Fede:

lunes, 29 de marzo de 2010

Los Saicos en directo 45 anos despois!!!

Sí señores, foi o pasado venres 26 de marzo, no Británico de Miraflores, en Lima, nunha xuntanza de veteranos músicas da escena peruana dos 60. Alí estiveron bandas coma We All Together, New Juggler Sound, ou Pico ego Aguirre, pero o colofón da noite foi o regreso 45 anos despois de Los SAICOS. Tedes a crónica no blog Por la Ruta del Beatnik, que ademáis aporta uns cantos videos!!!

Este Xoves 1 abril: "THE GOOD, THE UGLY & THE SOUND"

Este Xoves 1 de abril:
"THE GOOD, THE UGLY & THE SOUND"
na súa xira Holly Random Sellections,
que levan ó dj.set da Sala Krooner (Santiago) nesta semana santa polo Salnés.

Lembrade, o xoves 1 no Rif-Rock (Cambados)
e o Mércores 31 - El Agente Naranja (Portonovo)

viernes, 26 de marzo de 2010

"Can't Seem to Make you Mine" The Seeds Vs. Ramones Vs Peyotes

Esta é a orixinal dos tremendos The Seeds, en medio do seu garaxe hypnótico tamén crearon caramelillos coma este 'Can't Seem to Make you Mine' no "A Full Spoon of Seedy Blues" de 1967:

Tamén a incluíron os Ramones, no "Acid Visions" de 1993:

E por último, Los Peyotes, convertíndoa en 'No Puedo hacerte mía':

O álbum da semana "Introducing... Los Peyotes"

Esta semana traemos a Los Peyotes, que no 2008 compilaron este "introducing..." para entrar no mercado USA da man de Get Hip Records, con moitos algúns temas dos seus anteriores álbumes e eps, só algúns... Pero podemos atopar versións fantásticas dos Seeds ou dos Saicos.
Dende Buenos Aires...

LOS PEYOTES
"Introducing Los Peyotes"
(Dirty Water Recs / Get Hip, 2008)


descargádeo no blog Canco - I Hate Rock'n'Roll:


jueves, 25 de marzo de 2010

O clásico da semana "Young, Loud & Snotty" dos Dead Boys

O clásico desta semana tiña q seguir co tema desta semana.
Cando se separan os Rocket From the Tombs en 1975, Cheetah Chrome uneuse a Stiv Bators para montar os Dead Boys, trasladáronse a NYC, e alí, da man dos Ramones e Johnny Thunders se convertiron en habituais do CBGB, e dende alí a Sire Records... Tan anárquicos e nihilistas como efectivos i efímeros. Unha desas historias xeniais dunha banda que vive moi rápido e desaparece no máis alto, sin deixarse morrer pouco a pouco. O mellor álbum punk made in usa da súa xeración.

THE DEAD BOYS
"Young, Loud & Snotty"
(Sire 1977)


descargádeo no blog Warehouse of Rock:

miércoles, 24 de marzo de 2010

PERE UBU 1998 - 2002 - 2006

Aquí tede-los 3 últimos álbumes de estudio de Pere Ubu.
Podedes descargalos todos no blog Map Ref. 41ºn 93ºw:

PERE UBU
"Pennsylvania"
(Ubu Projex, Cooking Vynil 1998)



PERE UBU
"St Arkansas"
(Ubu Projex, Glitterhouse 2002)



PERE UBU
"Why I Hate Women"
(Ubu Projex, Glitterhouse 2006)


PERE UBU - singles + eps

E seguimos cos delirios de David Thomas:

O blog The P5 [The Post Punk Progressive Pop Party] é no que máis referencias atopei sobre Pere Ubu, ademáis de lps tedes moitos dos seus singles, 7'' e Eps orixinais dende 1975 ata 1982, así que aquí vos deixo a dirección da búsqueda:

En cada entrada vos direcciona ó blog donde ofrecen o enlace de descarga...
- Street Waves (1976)
- Not Happy (1981)




Hoxe PERE UBU en Libro de Notas!!!

Hoxe en Libro de Notas unha nova entrega da columna 'De Ventrílocuos Impostores', que desta vez adicamos ó universo dadaísta do sr David Thomas e ós seus fantásticos PERE UBU, cando por fin se edita "Long Live Pére Ubu" no que 35 anos despois pechan o círculo e homenaxean ó personaxe de Alfred Jarry do que tomaron o seu nome. Non podiamos deixar pasar a oportunidade de repasa-la súa historia, dende os Rocket from the Tombs pasando polos efímeros Dead Boys... a historia da música dos últimos 40 anos entorno a este gordinflón malencarado.
Menudo xenio... outra das miñas debilidades!!!!


De Pere Ubu como Ubu Roi

MON FALCÓN - De ventrílocuos impostores

En 1975 David Thomas forma Pere Ubu para dar rienda suelta a su particular visión del art-rock, destrozar las melodías convencionales, buscar nuevos sonidos y texturas, y trasladar la esquizofrenia a la música para convertirla en arte. Lo mejor de todo es que es uno de los pocos personajes que a día de hoy nunca ha dejado de intentarlo. [...] La producción es incesante desde sus inicios (y en el caso de Pere Ubu no se reduce a canciones y ediciones) y tras varios 7’’, en 1978 publican su primer larga duración, y por partida doble, puesto que Thomas tenía mucho que decir en poco tiempo. A comienzos de año publican “The Modern Dance” (Cooking Vinyl, 1978) que en realidad ya había sido grabado entre 1976 y 1977, y a finales de año publican “Dub Housing” (Ubu Projex / Cooking Vinyl, 1978). Se trata de dos obras maestras que mezclan humor y angustia a partes iguales, y que se complementan a la perfección. Incluyen punk, pop, free jazz y flirteos con lo progresivo que de inmediato fue catalogado como música dadaísta. Por supuesto las referencias a los “ismos” vanguardistas eran continuas, sobre todo a las figuras surrealistas y dadá, al cine expresionista alemán y a las construcciones ultraístas. En lo musical Pere Ubu desprecia la armonía, introduce las arritmias continuas y mezcla constantemente sucias guitarras primitivas con experimentos sonoros realizados con sintetizadores analógicos. Y sin embargo sus temas son deliciosos…[artículo completo]

Visitade a diario os contidos de Libro de Notas.

martes, 23 de marzo de 2010

PERE UBU "Dub Housing"

Seguimos con PERE UBU, si a semana pasada vos ofrecía o seu novo traballo "Long Live Père Ubu" e a súa obra mestra de 1978 "The Modern Dance", hoxe seguimos co seu outro traballo publicado tamén no 78, que complementa á anterior, segundo álbum e segunda obra mestra do xenio gordo...
"Dub Housing", donde o cinema expresionista alemán se convirte nun álbum de punk...

PERE UBU
"Dub Housing"
(Ubu Projex/Cooking Vynil 1978)


descargádeo no blog The Dark Side of Music:

*pena que só atopo estes dous temas para insertar...

David Thomas dos Pere Ubu en acción!!!

Aquí o tedes a David Thomas o ano pasado cos Comando Suicidas facendo 'Non-Alignment Pact' e 'Final Solution':

aquí facendo o himno punk 'Sonic Reducer' nun centro comercial...

e interpretando o surrealismo naturista de 'Birdies Urghhhh!!!':

"Final Solution" (Pere Ubu Vs Peter Murphy Vs Living Colour)

Un enfrontamento triple nesta semana: "Final Solution"

Aquí tedes a orixinal dos Pere Ubu de David Thomas, 1976 (aínda q o tema xa o compuxera el mesmo para Rocket From the Tombs)

Esta é quizáis a versión máis famosa, de 1986 por Peter Murphy (ex-Bauhaus) do seu primeiro álbum en solitario "Should the World Fail to Fall Apart":

E aquí outra tremenda dos Living Colour, de 1990 das sesións en directo do "Time's Up":

lunes, 22 de marzo de 2010

Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, xa casi está aquí...

Xa casi está aquí...
O debut de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre,
editado por Freeky Dicky.
Un incunable de 7'' a 33rpm con 4 temazos.
Directamente dende Chequia!!!

viernes, 19 de marzo de 2010

Vistel Brothers Jazz Five Workshop!!!

Xa estades máis q avisados, pero por si acaso...
Concerto de Paco Charlín no Continental cunha banda de luxo:
VISTEL BROTHERS JAZZ FIVE WORKSHOP
Domingo 21 de Marzo 23:00h.
CAFÉ CONTINENTAL

Jorge Vistel: trompeta
Maikel Vistel: saxo tenor
Virxilio da Silva: guitarra
Paco Charlín: contrabaixo
Juanma Barroso: batería

jueves, 18 de marzo de 2010

O clásico da semana: "The Modern Dance" de Pere Ubu

O clásico desta semana non podía ser outro que o debut de Pere Ubu, seguinte proxecto experimental de David Thomas con varios dos seus compañeiros en Rocket from the Tombs, nun ano, 1978 no que tamén vería a luz "Dub Housing", pero este moito máis conceptual, no q a danza moderna representa a decadencia dunha sociedade cambiante no q ó individuo non pode senón tentar seguir ó ritmo desa danza macabra e artificial...

PERE UBU
"The Modern Dance"
(Fontana/Cooking Vynil 1978)


descargádeo no blog RadFriends:

O álbum da semana "Long Live Père Ubu" dos PERE UBU

Hoxe traiovos o gustazo do novo traballo dunha das miñas bandas favoritas, unha das máis transgresoras e peculiares da historia, e que máis de 30 despois por fin realizan un homenaxe directo á obra de Alfred Jarry da que David Thomas se serviu para dar nome á súa nova banda tras disolver ós seminais Rocket from the Tombs, Pere Ubu, o Pai Ubu, ou Ubu Roi, tomado da obra teatral de Jarry de 1896 "Bring me the Head of Ubu Roi", que era unha sátira do Macbeth de Shakespeare no que o despotismo ilustrado era levado ó delirio das máns da escola da patafísica... Pois agora David Thomas atreveuse por fín a compoñer unha ópera rock sobre o seu álter-ego punk decimonónico, que xa foi representada en teatro e radio no 2008 coa colaboración da compañía de Sarah Jane Morris, e a finais do 2009 editada por fin a producción en audio coa súa metralla adiovisual...

PERE UBU
"Long Live Père Ubu"
(Cookong Vynil 2009 - PIAS 2010)


descargádeo no blog Lo de Pituco:


Un Mar de Pedra

Un Mar de Pedra de Arrediola Films.

Un mar de Pedra - Documental sobre Manolo Paz - Teaser03 from unmardepedra on Vimeo.

miércoles, 17 de marzo de 2010

YLT

Fantástico concerto o de onte de Yo La Tengo, só se lles quedou esta atrás...

martes, 16 de marzo de 2010

Yo La Tengo.

Hoxe resulta inevitable, a ver si esta noite sae tan ben coma promete... ou mellor...

lunes, 15 de marzo de 2010

Augusto Chaves "Anatomia de la Noche"


Novo poemario de
Augusto Chaves: "Anatomia de la Noche"
[autoeditado/Lulu.com, 2010]

*foto de J.L.Oubiña

jueves, 11 de marzo de 2010

O Clásico da semana "I Got a Baaad Feelin' about this" dos Blacktop

Esta semana preséntovos ó clásico máis recente de tódo-los q vos teño traído, pero é q tras varios días q me teñen preguntado por Mick Collins, sempre me decían que os traballos de Blacktop eran dos máis difíciles de atopar... Blacktop e unha desas múltiples bandas peralelas do sr Mick Collins como The Dirtbombs, The Gories, Voltaire Brothers, The Screws, U-Boats, The Floor Tasters, ou Man Ray Man Ray, e as súas numerosas colaboracións con xente coma King Khan, Andre Williams, The King Sound Quartet e por suposto como productor e mecenas de infidade de novos valores... (unha semana destas a adicaremos ó mestre Collins) o auténtico rei do sonido de Detroit... Pois aquí tedes as grabacións completas de Blacktop, a síntese perfecta entre blues cavernícola dos Gories e a evolución rítmica previa a The Dirtbombs. Aquí tedes ese incunable:

BLACKTOP
"I Got a Baaad feeling about this.
The complete Recordings"
(In the Red Records, 2003)


descargádeo no blog PowerPopOverdose: