jueves, 18 de marzo de 2010

O álbum da semana "Long Live Père Ubu" dos PERE UBU

Hoxe traiovos o gustazo do novo traballo dunha das miñas bandas favoritas, unha das máis transgresoras e peculiares da historia, e que máis de 30 despois por fin realizan un homenaxe directo á obra de Alfred Jarry da que David Thomas se serviu para dar nome á súa nova banda tras disolver ós seminais Rocket from the Tombs, Pere Ubu, o Pai Ubu, ou Ubu Roi, tomado da obra teatral de Jarry de 1896 "Bring me the Head of Ubu Roi", que era unha sátira do Macbeth de Shakespeare no que o despotismo ilustrado era levado ó delirio das máns da escola da patafísica... Pois agora David Thomas atreveuse por fín a compoñer unha ópera rock sobre o seu álter-ego punk decimonónico, que xa foi representada en teatro e radio no 2008 coa colaboración da compañía de Sarah Jane Morris, e a finais do 2009 editada por fin a producción en audio coa súa metralla adiovisual...

PERE UBU
"Long Live Père Ubu"
(Cookong Vynil 2009 - PIAS 2010)


descargádeo no blog Lo de Pituco:


No hay comentarios: