E hoxe imos deixar un par de apuntes da carreira en solitario de Mark Lanegan.
O primeiro destes traballos chegou moi cedo, xa en en 1990, publicou un álbum de blues escuro, entre os que destacaba a versión do seminal Leadbelly 'Where did you sleep last night' (de 1944) e coa que se producirá unha desas constantes da súa carreira, que él faga o traballo, e outros se leven os $$$. Canta xente a día de hoxe coñece só esa versión por Nirvana?, ou peor, cantos fanáticos de pacotilla nin tan sequera se molestan en saber que ese tema ten máis de 60 anos???? terrible... O single de presentación daquel álbum foi 'Ugly Sunday' un tema fantástico, pero Seattle en 1990 non era nin o momento nin o lugar para triunfar cun álbum así...
MARK LANEGAN
"The Winding Sheet"
(Sub Pop, 1990)
*na mesma entrada atoparedes tódo-los álbumes en solitario de Lanegan, e tamén os traballos con Isobel Campbell e Soulsavers.