miércoles, 26 de mayo de 2010

O álbum da semana "Love & Desperation" de Sweet Apple.

Por moito que leades deste álbum neste mes ou no seguinte, non volo creades todo. O atractivo de ter J.Mascis como membro é un seguro para a promoción do proxecto, pero limitado á batería e a uns cantos coros e liñas de guitarra na grabación. Quen manda no proxecto son realmente John Petkovic e Tim Parnin (membros de Cobra Verde). Imos deixalo claro. Se desfrutas de Dinosaur Jr, este álbum pretende seguir a mesma onda, pero sen a factura de aqueles, pero pode servirte como bó entretemento. Boas melodías en case tódo-los temas e saturación de guitarras marca da casa. O resto das marabillas que leades non teñen criterio algún, ou son deliberadamente falsas. A portada por suposto, homenaxe a Roxy Music (que realmente esta dando que falar máis que a propia música).
O dito, para estar entretido unha hora e pouco máis...

SWEET APPLE
"Love & Desperation"
(Tee Pee Records, 2010)


descargádeo no blog 77 Motherfucker Club:

1 comentario:

Gall D'indie dijo...

pues vaya cagarruta de portada