E por último imos ó 2004, cando Mick Collins xa tiña asentada a The Dirtbombs como banda principal (o cal nunca entrara nos seus plans) e máis dunha ducia de proxectos paralelos. Neste ano, publica o último single pertencen ó álbum do 2003 "Magical Dangerous Noise", 'King's Lead Hat' de Brian Eno, e para elo o fixeron en forma de split compartido con... THE GORIES!!!! no q estes facían a grandiosa versión do 'There but for the Grace of God go I" (versión de Machine) que xa aparecera no álbum "Outta Here" de 1992. Evidentemente este split ten a importancia de ser a peza q nos puxo na pista do retorno dos Gories, e así foi un par de anos despois.
THE GORIES + THE DIRTBOMBS
"Split 7'' "
(Fortune Teller Records, 2004)
Aquí tedes o video orixinal do tema dos Gories:
e aquí o audio da cover dos Dirtbombs de Brian Eno 'King's Lead Hat':
No hay comentarios:
Publicar un comentario