lunes, 30 de agosto de 2010

Munstapha goes to Africa. [descarga sesión]

Aquí tedes unha selección da sesión africana de Munstapha do pasado Venres, todo mesturada nun só corte. A ver que vos parece...
Munstapha goes to Africa


viernes, 27 de agosto de 2010

Hoxe MUNSTAPHA GOES TO AFRICA

Este Venres 27 unha sesión adicada ós sons africanos.
Un Homenaxe a Fela Kuti e ó seu universo sonico, un repaso ó auténtico afrobeat, ós sonidos máis agresivos do funk nixeriano, á elegancia etíope e ó apropiacionismo garabe beat a ritmo de voodoo...
MUNSTAPHA GOES TO AFRICA
Fela Kuti Intermitente Session!!!
Primitive Garage, Nigger Funk, Afrobeat & Voodoo Rhythm.


jueves, 26 de agosto de 2010

Munstapha goes to Africa. Fela Kuti en concerto

E aquí tedes unha hora de Fela Kuti en directo!!!

Munstapha goes to Africa. Fela Kuti

E por suposto FELA KUTI!!!



Munstapha goes to Africa

Munstapha goes to Africa

Munstapha goes to Africa

Imos quentando motores para a sesión de mañan venres, unha sesión intermitente adicada a Fela Kuti e á máis rabiosa música africana...

The Wedding Present "Saturnalia"

O clásico desta semana é unha desas xoias recentes q alumbraron os anos 90s. The Wedding Present é unha desas bandas británicas que nunca serán o suficientemente recoñecidas. Pertence á xeración do C-86 (unha k7 que publicou o NME en 1986 e incluía novas bandas, entre as que se atopaban os nosos protagonistas, The Pastels ou Primal Scream). The Wedding Present sempre foron o equilibrio perfecto entre The Fall e The Smiths (de quen John Peel os proclamou herdeiros directos), e tamén dos seus veciños de Leeds, Gang of Four. O seu primeiro álbum, o aclamado "George Best" (homenaxe ó futbolista norirlandés) plasmaba ese equilibrio que que se facturaba nun son peculiar, do que tóda-las bandas que se din indies 'copiaron' nos anos 90. Entre este momento e o álbum "Saturnalia" pasaron media ducia de álbumes, e decenas de singles e eps, nos que David Gedge continuou a forxar o seu particular son de tormentas de guitarras, con certos arrebatos punk, melodías case perfectas cantadas cunha voz case indescifrable... moitos 'cases' para moitas cancións case perfectas. Durante moitos anos "Saturnalia" foi o seu álbum de despedida. David Gedge aparcou The Wedding Present, para adicarse ós seus delirios orquestais coa súa outra banda, Cinerama, pero xa saberedes que dende 2004 The Wedding Present están de volta e moi en forma. "Saturnalia" é un discazo que mostra tóda-las súas facetas, o pop preciosista, a furia do noise, a agresividade do punk ou o máximo autocontrol. Todo o que podedes atopar nun mesmo tema, como 'Venus', a tremenda 'Real Things' ou '2, 3, Go!'. 
Un discazo q sempre vale a pena recuperar!!!


THE WEDDING PRESENT
"Saturnalia"
(WEA/Cooking Vinyl, 1996)



San Roque Rock en Portonovo.

Festival San Roque Rock
Sábado 28 - 22:00h.
Parque do Espiñeiro - Portonovo
- SNATCH
- VINDALOO ROCKETS
- THE PHANTOM KEYS
- LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE



miércoles, 25 de agosto de 2010

Grinderman "Heathen Child"

Xa está listo o novo traballo de GRINDERMAN, de Nick Cave & cía, "Grinderman 2", e o seu single de presentación, 'Heathen Child'



que todavía sairá á rúa o 6 de setembro, (o álbum será o día 13) xa o podedes descargar na web de Grinderman, con só darvos de alta.

E aquí téde-lo video clip:

martes, 24 de agosto de 2010

Documental sobre Fela Kuti


e aquí o tedes algunha desas partes subtitulados en castelán.

Hoxe en LdN: FELA KUTI

Hoxe en Libro de Notas, unha nova entrega da columna De Ventrilocuos Impostores, neste mes de agosto con un pequeno e cabreado homenaxe a FELA KUTI, a maior figura cultural africana do sécula XX, no 13º aniversario do seu pasamento, e que a día de hoxe, (ó igual que a música africana en xeral) nunca recibe a merecida atención nin o suficiente rigor. Fela Kuti, de Africa, y punto, só é unha mostra de indignación, o próximo mes unha nova entrega sobre Fela Kuti, prometido. 

"Fela Kuti, de Africa, y punto"
Fela Kuti no solo es el mayor genio de la música africana, sino que su figura trasciende lo humano y lo divino. Este mes se cumplían 13 años de su muerte, y su legado sigue creciendo hasta el infinito. Sobrepasa lo artístico, lo social, lo político, y casi lo religioso. Sus teorías sobre el pan-africanismo radical, el combate cuerpo a cuerpo contra el sistema de poder que todavía creía colonialista, contra la corrupción y el militarismo y contra la ingerencia occidental en los asuntos africanos le convirtieron en un icono generacional. [...] Los temas se tocaban una y otra vez en directo, hasta que finalmente eran grabados, luego (salvo contadas excepciones) jamás serían tocadas de nuevo. El universo de Fela Kuti jamás se detenía y siempre había cosas nuevas que contar. Cada concierto era un una ocasión para agitar conciencias, para despertar al pueblo, y con los años casi se convirtieron sencillamente en mítines políticos del autoproclamado presidente negro. [ver artigo completo]
E lembrade visitar a diario Libro de Notas.

lunes, 23 de agosto de 2010

Este Venres: Munstapha goes to Africa!!!

Este Venres 27 unha sesión adicada ós sons africanos.
Un Homenaxe a Fela Kuti e ó seu universo sonico, un repaso ó auténtico afrobeat, ós sonidos máis agresivos do funk nixeriano, á elegancia etíope e ó apropiacionismo garabe beat a ritmo de voodoo...
MUNSTAPHA GOES TO AFRICA
Fela Kuti Intermitente Session!!!
Primitive Garage, Nigger Funk, Afrobeat & Voodoo Rhythm.



The Black Keys

Como me sabotearon a entrada do álbum da semana "Brothers" de The Black Keys da semana pasada, pois alomenos aquí vos deixo os dous videoclips dos singles deste álbum, tremendos!!!:

viernes, 20 de agosto de 2010

The Savory Collection.

Onte no diario El Pais informábannos de que o National Jazz Museum de Harlem (NYC) acababa de adquirir a misteriosa Colección Savory, que por decenas de anos se consideraba unha lenda urbana, de como William Savory, un dos responsables de transforma-los vellos discos de 78rpm nos eternos vinilos de 33rpm, tiña unha xigantesta colección de grabacións en directo dos máis grandes do jazz que nunca viran a luz. Agora sabemos que son 975 grabacións dos máis grandes do jazz, entre eles de Count Basie, Armstrong, Billy Holiday ou da fantástica orquesta de Benny Goodman. Mentres rematan bases de datos e comezan coas edicións, na súa web xa teñen colgados uns cantos samples de medio minuto para ir facéndono-las ganas...


E aqui tedes a nova na web do NY Times:

miércoles, 18 de agosto de 2010

"Have Love Will Travel" Richard Berry Vs. The Sonics

RICHARD BERRY é mundialmente famoso por sé-lo compositor dunha das cancións máis famosas da historia: 'Louie Louie', de 1955, un tema tan fundamental na historia do rock'n'roll que eclipsou a moitos dos seus outros éxitos. Un dos posteriores éxitos do de New Orleans foi 'Have Love with Travel', de 1959, unha xoia de rhythm'n'blues influenciada polo bebop e o calypso, que sonaba así:



Anos despois, Paul Revere & The Raiders a incluíron como carab B do seu single 'Louie, Louie Go Home!' de 1964, pero a versión ofrecía ben pouco que mellorar da orixinal. 
A seguinte gran versión foi realizada pola banda de San Diego, THE IMPERIALITES, no mesmo ano de 1964, xa intuíndo a British Invasion o tema cobra convirtese nun r'n'b 100%, este é o seu 'Have Love Will Travel', presentado como cara B do seu single "Let's Get One":



Pero foi no seguinte ano cando esta canción cambiou para sempre. En 1965 uns mozos de Tacoma, nos arredores de Seattle publicaban o seu primeiro álbum, e case sen sabelo, o garage, o rock e a música nunca volverían sé-las mesmas. Eran THE SONICS e o seu álbum de debut "Here are the Sonics", que incluía aquela salvaxe versión do 'Have Love will Travel':



Dende entón a versión dos Sonics pasou a sé-la canción a superar, ou a homenaxear, en centos e centos de ocasións i en tóda-las partes do mundo. Poucas veces voltou ser tocada nos anos 60. En primeiro lugar porque os Sonics apenas trascenderon do seu estado ata remata-la década, cando xa era unha banda nominal, non os auténticos Sonics, e xq poucas, ou ningunha banda se atrevía a facer un tema do mesmo xeito. Non será ata o boom do revival garageiro xa nos 80 cando infinidade de bandas versionaron o 'Have Love will Travel' vía Sonics. E curiosamente moitas formacións femeninas, que chegan ata os nosos días como as xaponesas The Portugal Japan, ou as finesas The Micragirls, por poñer dous casos recentes, pero sen dúbida as primeiras foron as irmáns bastardas de Billy Childish, THE HEADCOATEES:



Xa na actualidade temos que falar de unha das bandas máis sensacionais e productivas do que vai de século, THE BLACK KEYS, de Ohio, que no seu terceiro álbum "Thickfreakness" de 2003, incluían unha extaña versión do 'Have Love will Travel', coa forza e distorsión dos Sonics, pero devolvéndolle o tempo pausado de Richard Berry, aínda que por suposto en directo a converten en pura enerxía:



A parte de todo isto, chegarían xa nos anos 60 dende sudamérica as versións traducidas ao castelán, moitas delas auténticos despropósitos de ñoñadas, así que por amistade só vos imos recomendar a dos compostelanos LOS CHAVALES (que xa tedes dispoñible no recopilatorio Come On Pelegrin) e q aquí vos vou a colar de unha proba de son. [*Viajaré (para amarte) comeza no minuto 5 do video]:



pero para saber máis tamén podedes consultar máis covers do tema nesta web.

jueves, 12 de agosto de 2010

Dolly Rocker Movement "Our Days mind the Tyme"

A pesar de levar toda a semana sen prestar atención ó blog, non podía faltar o álbum da semana. Desta vez volvemos a Australia con The Dolly Rocker Movement. Hai uns meses xa vos ofrecera o seu segundo álbum neste mesmo blog "A Purple Journey into the Mod", e agora, xa mudados ós USA chegan co seu terceiro largo "Our Days Mind the Tyme" un tanto máis pausado que o anterior, pura psicodelia pop pero moito máis rico en matices, con algún resto de garage pero eminentemente máis folk.
THE DOLLY ROCKER MOVEMENT
"Our Days Mind the Tyme"
(Bad Afro, 2009)

descargádeo en Wateke Salvaje:

viernes, 6 de agosto de 2010

Concerto de Particulas Inestables (pt1)

E aquí tedes o concerto completo de PARTÍCULAS INESTABLES do pasado 24 de Xullo, q pechaba todolas historias do noso XIº Aniversario. Tremendos artistas unha vez máis conseguiron sorprendernos a todos!!! Gracias Isidro, Piti e Alipio!!! fantástico...
Coma sempre esta por partes, pero botádelle un ollo a todo xq foi tremendo!!!
(Tamén o tedes todo nunha única lista de reproducción.)


Concerto de Particulas Inestables (pt2)




Concerto de Particulas Inestables (pt3)



Concerto de Particulas Inestables (pt4 - bonus)



Algunhas fotos do concerto de PARTICULAS INESTABLES


miércoles, 4 de agosto de 2010

martes, 3 de agosto de 2010

Hoxe PLV Havoc e Rubén Arenaz en directo

Hoxe as 22:00h. no xardín do Pazo de Torrado concerto de
P.L.V. HAVOC
e exhibición en directo (escultura en xeo) de 
RUBÉN ARENAZ.

Festa do Bigote 2010

Aquí tedes unhas cantas fotos da Festa do Bigote do pasado domingo. 
Hai máis no álbum de facebook da festa, e seguro que nos vindeiros días iran aparecendo máis...
Mostacho do 2010: H."Bo Diddley" Fariña.
Mención de honra para Alberto Domin, e J.A. Estevez Bigaro polos disfraces!!!
Moitas gracias a todos por vir, e por montar entre todos unha boa festaza... 
o ano q ven máis, e con máis premios!!!

lunes, 2 de agosto de 2010