O clásico desta semana é unha desas xoias recentes q alumbraron os anos 90s. The Wedding Present é unha desas bandas británicas que nunca serán o suficientemente recoñecidas. Pertence á xeración do C-86 (unha k7 que publicou o NME en 1986 e incluía novas bandas, entre as que se atopaban os nosos protagonistas, The Pastels ou Primal Scream). The Wedding Present sempre foron o equilibrio perfecto entre The Fall e The Smiths (de quen John Peel os proclamou herdeiros directos), e tamén dos seus veciños de Leeds, Gang of Four. O seu primeiro álbum, o aclamado "George Best" (homenaxe ó futbolista norirlandés) plasmaba ese equilibrio que que se facturaba nun son peculiar, do que tóda-las bandas que se din indies 'copiaron' nos anos 90. Entre este momento e o álbum "Saturnalia" pasaron media ducia de álbumes, e decenas de singles e eps, nos que David Gedge continuou a forxar o seu particular son de tormentas de guitarras, con certos arrebatos punk, melodías case perfectas cantadas cunha voz case indescifrable... moitos 'cases' para moitas cancións case perfectas. Durante moitos anos "Saturnalia" foi o seu álbum de despedida. David Gedge aparcou The Wedding Present, para adicarse ós seus delirios orquestais coa súa outra banda, Cinerama, pero xa saberedes que dende 2004 The Wedding Present están de volta e moi en forma. "Saturnalia" é un discazo que mostra tóda-las súas facetas, o pop preciosista, a furia do noise, a agresividade do punk ou o máximo autocontrol. Todo o que podedes atopar nun mesmo tema, como 'Venus', a tremenda 'Real Things' ou '2, 3, Go!'.
Un discazo q sempre vale a pena recuperar!!!
THE WEDDING PRESENT
"Saturnalia"
(WEA/Cooking Vinyl, 1996)
No hay comentarios:
Publicar un comentario