RICHARD BERRY é mundialmente famoso por sé-lo compositor dunha das cancións máis famosas da historia: 'Louie Louie', de 1955, un tema tan fundamental na historia do rock'n'roll que eclipsou a moitos dos seus outros éxitos. Un dos posteriores éxitos do de New Orleans foi 'Have Love with Travel', de 1959, unha xoia de rhythm'n'blues influenciada polo bebop e o calypso, que sonaba así:
Anos despois, Paul Revere & The Raiders a incluíron como carab B do seu single 'Louie, Louie Go Home!' de 1964, pero a versión ofrecía ben pouco que mellorar da orixinal.
A seguinte gran versión foi realizada pola banda de San Diego, THE IMPERIALITES, no mesmo ano de 1964, xa intuíndo a British Invasion o tema cobra convirtese nun r'n'b 100%, este é o seu 'Have Love Will Travel', presentado como cara B do seu single "Let's Get One":
Pero foi no seguinte ano cando esta canción cambiou para sempre. En 1965 uns mozos de Tacoma, nos arredores de Seattle publicaban o seu primeiro álbum, e case sen sabelo, o garage, o rock e a música nunca volverían sé-las mesmas. Eran THE SONICS e o seu álbum de debut "Here are the Sonics", que incluía aquela salvaxe versión do 'Have Love will Travel':
Dende entón a versión dos Sonics pasou a sé-la canción a superar, ou a homenaxear, en centos e centos de ocasións i en tóda-las partes do mundo. Poucas veces voltou ser tocada nos anos 60. En primeiro lugar porque os Sonics apenas trascenderon do seu estado ata remata-la década, cando xa era unha banda nominal, non os auténticos Sonics, e xq poucas, ou ningunha banda se atrevía a facer un tema do mesmo xeito. Non será ata o boom do revival garageiro xa nos 80 cando infinidade de bandas versionaron o 'Have Love will Travel' vía Sonics. E curiosamente moitas formacións femeninas, que chegan ata os nosos días como as xaponesas The Portugal Japan, ou as finesas The Micragirls, por poñer dous casos recentes, pero sen dúbida as primeiras foron as irmáns bastardas de Billy Childish, THE HEADCOATEES:
Xa na actualidade temos que falar de unha das bandas máis sensacionais e productivas do que vai de século, THE BLACK KEYS, de Ohio, que no seu terceiro álbum "Thickfreakness" de 2003, incluían unha extaña versión do 'Have Love will Travel', coa forza e distorsión dos Sonics, pero devolvéndolle o tempo pausado de Richard Berry, aínda que por suposto en directo a converten en pura enerxía:
A parte de todo isto, chegarían xa nos anos 60 dende sudamérica as versións traducidas ao castelán, moitas delas auténticos despropósitos de ñoñadas, así que por amistade só vos imos recomendar a dos compostelanos LOS CHAVALES (que xa tedes dispoñible no recopilatorio Come On Pelegrin) e q aquí vos vou a colar de unha proba de son. [*Viajaré (para amarte) comeza no minuto 5 do video]:
pero para saber máis tamén podedes consultar máis covers do tema nesta web.
1 comentario:
Excelente...
:D
Publicar un comentario