martes, 20 de diciembre de 2011

'Bienvenido a mi zombie fiesta', expo de Nuria Díaz

Dende onte xa podedes visita-la exposición da ilustradora Nuria Díaz Bienvenido a mi Zombie Fiesta no Gato Cósmico de Compostela (Rúa Concepción Arenal nº1 local 4). Así no-la presentan na súa web:

“Bienvenido a mi fiesta” é unha exposición de ilustración cun gran carácter narrativo, próxima ó libro infantil ou ó cómic, e que trata dunha festa de aniversario na que todo o mundo o está a pasar ben, até que… chegan uns nenos zombis desexosos de comida fresca! As imaxes son directas e pouco recargadas, xogando cunha paleta de cores cálidos e, a pesares da temática, nada gore. Están realizadas con lápis, acrílicos e collage. Cun estilo entre naif e pop, tódalas ilustracións crean un conxunto e, á súa vez, cada unha garda un senso propio por separado. 

para máis info visitade a web de Nuria Díaz: Krabismos.

No hay comentarios: