miércoles, 5 de septiembre de 2012

The 13th Floor Elevators "Easter Everywhere"

O outro día caín na conta de que moita xente pensa que The 13th Floor Elevators só publicaron un disco, ou que foron unha desas bandas efímeras de un éxito e nada máis. Dende logo toda esa xente pensa no descomunal álbum de debut "The Psychedelic Sounds of The 13th Floor Elevators" (1966), pero é que Roky Erikson non é historia viva da música por un só álbum.
"Easter Everywhere" de 1967 foi o segundo traballo en longo da banda de Texas, e se ben non ten ningún tema super-éxito coma no anterior, é moito máis equilibrado, e incluso máis fondo, e se nos poñemos máis serios, co paso do tempo considerase incluso superior. É moito máis sicodélico, de feito sempre se conta que na grabación deste álbum seguramente se batiron records de consumo de LSD.  Cecais o tema que máis sonou vía recopilatorios foi a versión ácida que inclúen do 'Baby Blue' de Bob Dylan, pero temazos coma 'Levitation', 'Dust', 'She Lives (in a time of her own)', pero sobre todo a peza que abre o álbum, os oito minutos de 'Slip inside this house' que é unha peza mestra de rock psicodélico que ó longo dos anos nunca recibiu a atención merecida. Logo está a historia das edicións en mono e as stereo, pero eso mellor o buscades na wikipedia ou así, para saber por qué as edicións en stereo non sirven, e por iso aquí vos deixo o enlace para a edición en mono. 
Así que por todo iso é o merecido clásico desta semana, outro día seguiremos con máis historias de Roky Erickson e compañía, que deu para moito, pero hoxe aquí tedes unha desas xoias que foron deixando polo camiño.

THE 13th FLOOR ELEVATORS "Easter Everywhere"
(International Artists, 1967)


faite con Easter Everywhere en Psychedelic Obscurities.


No hay comentarios: