jueves, 2 de enero de 2014

mellores momentos do 2013...

Continuamos resumindo o 2013 cos mellores Momentos do Rif-Rock. 

Por cuestións obvias deixamos atrás algún acontecemento after-hour... (estivérades alí!!!) Así que facemos esta escolma de 10 grandes momentos, case todos concertos, claro, entre os que teredes que escoller cal foi para vós o mellor do ano. E por suposto si se vos ocurre algún outro tamén o podedes engadir.


MUERTE POR COWBELL (concerto 16 febreiro 2013)
Tras varios anos de preparativos, idas e voltas, moitos flyers e videos promocionais Muerte por Cowbell nos ofreceron o seu homenaxe a Frank Zappa co que tanto tempo nos levaban ameazando. Foi o primeiro concerto deste ano. Catro valentes que nos ofreceron dous pases breves que por diferentes motivos non defraudaron a ninguén, e nos que repasaron un bo e complexo repertorio da discografia de Zappa post-Mothers: Cosmic Debris, Bobby Brown, Willie the Pimp, What's the Ugliest part of your body?, My guitar wants to kill your mama, Peaches in Regalia, e a máis personal de todas, a adaptación do Muffin Man 'O Home Filloa'!! todo pasado pola trituradora desvergonzada dos Muerte por Cowbell!!




RADIOACTIVE TOY (concerto 8 xuño 2013)
A nova banda de David Falcón debutaba en Cambados no Rif-Rock na mesma semana que botaban a andar en directo, para presentarnos a súa proposta de post-rock de alto voltaxe, ademáis de unhas cantas pezas instrumentais en plan jam session xunto con Alberto Chaves. Entre os seus temas nos deixaron pezas tan elaboradas coma este 'Be Quiet and Swim': 




THE MUDDY BEERS (concerto 14º Aniversario 6 xullo 2013)
Como cada ano comezamos xullo celebrando o aniversario, e o primeiro dos concertos que vos ofrecemos foi un dos máis especiais en moito tempo: Jorge, Martin e Choche volvían ó Rif-Rock co seu novo proxecto The Muddy Beers, logo da desaparición de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre. Un concerto espectacular, para unha noite infernal, en medio da vaga de calor máis forte que recordamos, co local convertido nun auténtico forno, pero The Muddy Beers atacaron sen contemplacións clásicos dos 50s, r'n'b salvaxe, garage e punk rock para unha posta de largo memorable!! e un final así...




LOS DIABLITOS (concerto 14º Aniversario 13 xullo 2013)
Noite ye-yé para despedir o noso aniversario. A banda da casa convertiuse por esta noite en Los Diablitos, cos habituais Isidro 'Incomodo' Dozo, o mestre Karlos Abal e Piti, xunto con Bruno Barreiro como convidado. Un repaso polo spanish ye-yé dos 60s, unha festaza con pezas tan divertidas coma esta:




5ª Festa do Bigote (5 de agosto 2013)
Data obrigada no noso calendario, un día duro e moi longo a golpe de domingo do Albariño, pero que sempre é dos máis divertidos do ano, a Festa do Bigote que organizamos no Rif-Rock xunto con CTK e que este ano chegou á súa 5ª edición oficial, con bos disfraces, persoaxes disparatados e discursos grandilocuentes, grandes premios, berros de tongo e os suculentos sobornos ó xurado. E coma sempre coma nos últimos anos, con Marinocha como mestra de cerimonias.




DAVID R. VALEIRAS (concerto 23 agosto 2013)
Por segunda vez tiñamos no Rif-Rock ó ourensán David R. Valeiras para despedir o verán, novamente da man de Comomepós Produccións. Nesta ocasión contou co gran Mathieu como corista e o acompañamento de Miguel Costas para unhas cantas pezas:



Acústicos no Pombal asdfasdf
En setembro e outubro fixemos un par de entregas dos Acústicos do Pombal, unha nova campaña do Club Xuventude Baloncesto na súa nova andaina na LEB Plata 2013-14 en colaboración co Rif-Rock dunha idea orixinal de Xaco Aragunde, na que participan bandas ou músicos que tiveran formado parte do clube. A nós pareceunos unha xenialidade dende o primeiro momento, e nin o pensamos dúas veces antes e aceptar o encargo. Esperamos que o resultado tamén vos gustara a todos. 
A primeira entrega publicada o 24 de setembro, está protagonizada por unha das nosas banda favoritas do momento, THE MUDDY BEERS, e o tema 'Cambados on my Mind', a súa adaptación do 'California on my mind' de Merle Haggard, e que foi o tema que inspirou esta iniciativa durante un concerto no aniversario do Rif-Rock.
Na segunda entrega foron os ABAL BROTHERS, con Yeyo e Karlos interpretando man a man 'La Canción del Soldado' de Le Punk, todo un sorpresón para moitos, aínda que algún xa o largara antes na prensa...



LA4PARED (concerto 26 outubro 2013)
Igual que no ano anterior, Gus Fernández veu despois do verán para ofrecernos unha nova entrega do formato acústico de La4Pared, en solitario, coa súa guitarra e o seu infinito kit de pedais, loops e demáis efectos, ademáis de presentarnos algúns dos temas da nova maqueta coa banda ó completo, e algunha versión tan curiosa coma esta:




BREAKIN' BONES (concertos 9 marzo e 9 novembro 2013)
O 2013 tamén podería ser recordado coma o ano no que os Brakin' Bones fixeron doblete no Rif-Rock. O 9 de marzo viñeron a presentarnos a súa nova maqueta, o "Breakin' Bones EP" co seu curioso formato de psychobilly acústico. E xa novembro voltaron para comezar a súa nova xira de inverno con novos temas e moitas gañas de repetir no noso local, de novo co seu formato acústico, un show tremendo de psychobilly que moitos non se quixeron perder, precisamente por cousas coma esta:




DAVID FALCÓN (concerto 21 decembro 2013)
A para despedir a música en directo por este ano no Rif-Rock contamos con David Falcón, que nos ofreceu un amplo repertorio dos seus propios temas e moitas versións ben acompañado por amigos: Kike Barreiro, Alberto Chaves, e ademáis para presentarnos o seu último proxecto, The Sharknados, xunto con Manuel Méndez e Andrea Area. A día de hoxe aínda non subimos todo o concerto, pero podedes polo momento teredes que conformarvos con esta versión do Let's Wade in the Water que sona así de ben:




Con esta selección podedes ir repasando todos estes momentos no Rif-Rock durante o 2013, algún seguro que tamén inclúe a super festaza de Fin de Ano con CuatroFotos e Dj Jaleo, pero eso xa é cousa vosa...
Si vos decidides votade, cun comentario nesta entrada, no noso facebook, por mail... como queirades, e xa sabedes que logo hai premio!!

No hay comentarios: